Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

E que son os Luns Micolóxicos?

Dende que saíron os carteis á rúa, son moitos os que nos preguntan: e eso dos luns micolóxicos que ven sendo?
Pois os luns micolóxicos pretenden ser un punto de encontro de afeccionados a micoloxía, para xuntarnos e comentar cousas interesantes que imos encontrando nas fins de semana. Son tamén un espazo aberto ó público en xeral, para a determinación de especies, e para todo aquel que queira iniciarse neste mundillo teña un punto de referencia ó que acudir para empezar e resolver dúbidas.

O horario é de 20:00 a 21:00 no Instituto Vello, na Rúa Castelao, durante os luns dos meses de outubro, novembro e decembro, agás os festivos, e sempre que o tempo o permita. Se se suspendera algún dos días comunicaríamolo no blog.

Dende Sendeiriña convidámosvos a todos, socios e non socios a que vos animedes a participar nesta hora de quedada semanal, porque moitas veces a mellor maneira de aprender é comunicándonos con outras persoas que teñen as mesmas inquietudes que nós.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-10-2010 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0