Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Outono micolóxico de Sendeiriña
Ainda non temos os carteis oficiais, que están a puntiño de saír da imprenta pero imosvos dando un adianto da programación que a Asociación Micolóxica Sendeiriña ten preparada para este outono.

Luns micolóxicos:

Tódolos luns dos meses de outubro, novembro e decembro. Local Social de Sendeiriña, no Instituto Vello de Negreira de 20:00 a 21:00 h.

Venres 22 de outubro:
Exposición no IES Xulián Magariños de Negreira. Coa colaboración de Amador Troncoso e a axuda dos alumnos do centro.


Sábado 30 de outubro:


Saída micolóxica con Alexis Pena. Ás 9:30 diante do Centro Médico, xantar campestre e regreso ás 18:00 horas.


Domingo 31 de outubro:


Exposición micolóxica. Casetas do Pazo do Cotón. 11:00 a 14:00 h.

Mércores 17 de novembro:

Conferencia: ?Principais especies comestibles no Val de Barcala? impartida por Alexis Pena. Casa da Cultura. 20:30 h.


Xoves 18 de novembro:


Conferencia: ?Os boletais? a cargo de Puri Lorenzo. Casa da Cultura 20:30 h.


Venres 19 de novembro:


Conferencia: ?O xénero Amanita? por J.M. Castro Marcote. Casa da Cultura 21:00 h.

Sábado 20 de novembro:

Saída micolóxica. Ás 9:30 diante do Centro Médico, xantar degustación ó regreso.

A máis do que ven no cartel, comentarvos que o mercores día 20 faremos unha saída para atopar especies para a exposición no Instituto (a saída será ás 4:30 de diante do Centro Médico) e o xoves 21 faremos a preparación e colocación coa axuda de Amador Troncoso.

Máis nada. Unicamente deixarvos unha foto deste peculiar cogomelo que esta temporada é o gran protagonista xa que o atopamos en tódalas saídas que levamos feito ata agora e nalgúns sitios con moitos exemplares.
Trátase dun Clathrus archeri, unha especie fácil de recoñecer pola súa forma que semella unha estrela de mar ou un pulpo e que parece ser que chegou a Europa durante a segunda guerra mundial, porque as súas esporas viñan na lá das ovellas que nese período se trouxeron dende Australia.

É un gusto atopala polo seu bonito colorido pero o seu cheiro é moi pestilente.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 19-10-2010 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0