Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os cogomelos non son "rex nulis"
E non o dicimos nós, dío o conselleiro de Medio Rural Samuel Juárez.

Por este motivo non se pode poñer ningún cobro pola súa recolleita, nin establecer ningún tipo de regulación.

Así o ven de dicir con motivo da preparación do borrador da nova Lei de Montes, que pronto verá a luz.

Deixamos a nota de prensa para que lle botedes un ollo:

Medio Rural non vai cobrar por recoller cogomelos nin establecerá carnets de seteiros
A Xunta lembra que a inmensa maioría dos montes en Galicia son de propiedade privada

Santiago, 1 de marzo de 2010.- A Consellería do Medio Rural non vai cobrar por recoller cogomelos nos montes, nin ten previsto establecer algún tipo de identificación ou carnet para os afeccionados á micoloxía que recollan estes fungos. Tampouco está prevista no borrador da nova Lei de Montes que prepara este Departamento referencia concreta algunha ao respecto.

Medio Rural quere aclarar estes extremos sobre a base de que a inmensa maior parte dos montes galegos son de propiedade particular e, xa que logo, a Xunta no pode aplicar cobro ningún en terreos que son privados.

A Consellería que dirixe Samuel Juárez quere insistir no feito de que os cogomelos dun determinado terreo forestal son propiedade do dono do monte. O seu carácter non pode equipararse ás pezas de caza ou pesca, que teñen a condición xurídica de res nulis, é dicir, non son, en puridade, propiedade de ningúen ata que son cobradas polos cazadores ou pescadores. Nese caso a Administración regula ambas actividades por razóns, basicamente, de sustentabilidade dos recursos. No que atinxe ás setas, estas son propiedade do dono do monte desde que xurden sobre o terreo, e polo tanto non ten sentido falar de cobrar ou aplicar unha regulación expresa.

En todo caso, o borrador de Lei de Montes que prepara a Xunta terá en conta que os cogomelos son un recurso forestal de certa importancia en determinadas zonas de Galicia, e como tal merecerá a debida atención no texto legal, en relación co aproveitamento xeral do monte, pero sempre partindo desa condición de propiedade privada do mesmo.

Diferente a outras comunidades
Por último, a Consellería do Medio Rural advirte que a situación da propiedade do monte en Galicia é sensiblemente diferente a doutras comunidades autónomas de España, nas que o carácter público abarca áreas moito máis amplas do terreo forestal, fronte a un predominio case total (por riba do 90%) da propiedade privada, no caso de Galicia.

http://www.xunta.es/actualidade?content=/Portal-Web/Contidos/Novas/nova_estandar2536.html
Comentarios (0) - Categoría: Normativa - Publicado o 26-03-2010 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0