Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Na prensa de onte
Na Voz de onte aparece unha referencia á exposición micolóxica desta semana. Finalmente non puxeron foto, pero poñemos esta que nos achegou unha socia con todalas fases dunha saída: recolección, clasificación, gastronomía,...

Preséntase no Val de Barcala a asociación micolóxica Sendeiriña cunha exposición en Negreira

A asociación micolóxica Sendeiriña Nicraria Tamara fará a súa posta de longo cara ao público cunha exposición micolóxica en Negreira este venres 23 e domingo 25, contando coa colaboración do Concello e mailos alumnos do instituto Xulián Magariños. Este novo colectivo xurde trala realización dun curso sobre micoloxía o pasado ano no Val de Barcala.
Co obxectivo de achegar o mundo micolóxico a todas as persoas interesadas, o venres informan que poderase visitar na entrada do instituto Xulián Magariños, pola mañá en horario lectivo e pola tarde de 17 a 19.30 horas, a exposición que serve de presentación ao público deste colectivo que agrupa aos numerosos afeccionados á micoloxía. Xa o domingo 25 pola mañá, a mostra trasladarase á Carreira de San Mauro, onde no exterior das casetas do Pazo do Cotón poderá visitarse a partir das 11 horas e ata o remate da feira dominical. Todas as persoas que queiran colaborar poden facelo achegándose o xoves ao instituto a partir 17.00 horas.

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/10/20/0003_8048486.htm
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2009 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0