Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Euromillón micolóxico
Ter a oportunidade de coñecer un micólogo que lle poña o nome a unha nova especie é algo que non pasa tódolos días.

Ter a oportunidade de escoitar unha conferencia del sobre o xénero do que é especialista é unha auténtica sorte.

Encontrar a seta que leva o seu nome é unha fortuna, sobre todo tendo en conta que a seta aparece tan só uns días ó ano e despois desaparece e non hai posibilidade de vela noutras épocas.

Pero ir ó monte, co micologo en cuestión e encontrar a seta en cuestión é algo así como que che toque o euromillón micolóxicamente falando.

Pois esto é o que vedes na foto. Jaime Blanco Dios, sostén na súa mán un Leucocoprinus castroi Blanco Dios, especie descrita por el por primeira vez e á que lle puxo ese nome en homenaxe á Marisa Castro.

Se queredes coñecer máis desta especie póñovos este enlace da Universidade de Vigo:
http://webs.uvigo.es/micoloxia/leucocoprinus-castroi.htm

Pois o dito, que esto micolóxicamente falando debe ser o máis parecido a que che toque o euromillón... que sorte tivemos!!
Comentarios (0) - Categoría: Curiosidades micolóxicas - Publicado o 15-10-2009 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0