Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concursos fotográficos 2012 (2)


Tamén a xente da Estrada organiza este ano un concurso fotográfico, neste caso é a primeria edición.

Deixámosvos as bases, por se alguén se quere animar e envíar algunha foto.



Bases do Concurso Fotográfico da Estrada Micolóxica




Obxectivo.
O obxectivo de este concurso é incentivar a participación no mundo da micoloxía, e a fotografía como medio de difusión e coñecemento dos fungos.

As fotografías presentadas no concurso de esta edición terán como temática: ?Os fungos e o entorno que os rodea?

Premio.
Existirá un único premio para a mellor fotografía, que consistirá nun fin de semana para dúas persoas nunha casa de turismo rural de A Estrada.

Condicións.
1- Poderán participar todas as persoas físicas sen discriminación de ningún tipo.

2- Cada concursante so poderá presentar unha única fotografía.

3- A fotografía terá un tamaño de 15×20 e presentarase montada nunha cartolina, cun tamaño comprendido entre o dobre e o triplo do tamaño da fotografía.

4- A fotografía deberá levar un título e o pseudónimo do autor por detrás da cartolina. Ademais entregarase nun sobre pechado, no que figure pola parte exterior do sobre o título da fotografía e o pseudónimo do autor, a seguinte información: nome e apelidos, enderezo electrónico e teléfono de contacto.

5- A fotografía e o sobre presentado non poderán levar ningún distintivo ou sinatura que poida identificar a súa autoría.

6- As fotografías presentadas serán orixinais e inéditas e non se admitirá ningunha fotografía con retoques dixitais.

7- As fotografías entregadas pasaran a formar parte do arquivo fotográfico da Asociación A Estrada Micolóxica, cedendo os seus dereitos para ser expostas e facer uso delas en publicacións da Asociación A Estrada Micolóxica.

Prazos.
Os traballos poderán presentarse no IES Antón Losada Diéguez, Rúa da Cultura nº2, A Estrada, Pontevedra, 36680; ata o 31 de Outubro, inclusive.

A resolución do concurso farase durante a clausura das actividades de outono da Estrada Micolóxica. A persoa gañadora será comunicada por vía telefónica.

A Asociación porase en contacto coa persoa gañadora para facerlle entrega do premio.

Xurado.

O xurado estará composto por representantes da Asociación A Estrada Micolóxica e unha persoa profesional da fotografía de A Estrada.

A participación neste concurso implica a total aceptación das bases.


Para máis información podedes consultar este enlace.
http://estradamicoloxica.wordpress.com/
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-09-2012 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0