Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Actividades da Asociación A Estrada micolóxica- Outono 2012


Empezan as actividades de outono nas Asociacións Micolóxicas.

Os da Estrada Micolóxica son os que máis cedo empezan este ano, e hai algunha actividade á que xa chegamos tarde.

Non teñen desperdicio, ata hai un curso de cestería, para que fagamos o noso propio cesto!!


Deixamos os enlaces:

http://estradamicoloxica.wordpress.com/2012/08/29/actividades-do-outono-2012/


http://www.facebook.com/home.php#!/pages/ESTRADA-MICOLOXICA/210425249024590



E aquí vai un pequeno resume:

Actividades do Outono 2012 - ESTRADA MICOLÓXICA


"O venres 7 de Setembro comezan as actividades de outono deste ano. E comezarán cunha charla de iniciación á micoloxía, que será impartida por Mercedes Nodar (presidenta da Estrada Micolóxica) Esta e tódalas demáis charlas, xunto cos talleres temáticos, impartiranse no Auditorio de NovaGalicia Banco da Estrada.

Seguirán outras charlas temáticas durante outros catro venres alternos. Estas charlas temáticas comezarán ás 20:00h e son as seguintes:

21 de Setembro. José Luís Tomé ? Cantarelus
■5 de Outubro. Antonio Rodríguez Fernández ? Toxicoloxía
■19 de Outubro. Ricardo Torrijos ? Cogomelos nos fogóns
■17 de Novembro. Puri Lorenzo ? Tricolomas


Durante os domingos das semanas que hai charlas temáticas, faranse saidas ao monte para a identificación e recolección de cogomelos.

Este ano convócase o I Concurso de Fotografía Micolóxica e continúase co II Concurso Escolar de Debuxo Micolóxico, que vai pola segunda edición.

Durante a clausura destas actividades de outono, que vai dende o 14 ao 17 de Novembro, faranse varios talleres temáticos dende as 19:00h até as 21:00h, aproximadamente:

14 de Novembro. Cestería.

15 de Novembro. Taxonomía de cogomelos.

16 de Novembro. Microscopía.


E para rematar estas actividades con bo sabor de boca farase unha degustación de cogomelos logo da charla de clausura."
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 20-09-2012 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0