Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

O mellor gaitero
Entre os miles de vídeos de gaiteiros que hai pendurados no YouTube topeime con moitos curiosos, e decidín facé-lo "Top 3" dos mellores, os que suben ó podio e levan as medallas.

O terceiro é coñecido por todos... non pola súa música, senón por ser actor nunha das máis coñecidas series de TV de tódolos tempos.

- Medalla de bronce, ó "Gaiteiro Afinador":




Ó segundo coñéceno na casa e mais supoño que nalgún grupo de xogadores de Rol ou algunha cousa desas nerd; e seguramente no pub da esquina onde xogan ó binge & purge con pintas de Guinness.

- Medalla de prata, ó "Gaiteiro Friki":




E a gañadora é unha muller. Que non sei se a coñecen na súa casa ou non, pero dende logo eu estaría encantado de coñecela. Cunha vestimenta impecábel e un estilo... digámoslle propio.

- Medalla de ouro, á "Gaiteira Sexi":



P.D.- Coido que a música folk gañaría en adeptos se as mulleres no canto de ir tan tapadas con esas saias longas levasen este "uniforme".

P.D.2- O Vaticano debe de considerar pecado ter ese cú, porque algo tan sublime ten que ser cousa do demo...
Comentários (3) - Secçom: Humor - Publicado o 10-06-2007 14:40
# Ligaçom permanente a este artigo
As linguas do Estado

Velaquí un mapa coas linguas do Estado e os territorios nos que son faladas. As oficiais son galego, castelán, basco e catalán; o castelán é imposto en todo o territorio.

- A lingua galega dentro do Estado comprende o territorio da Galiza, o que é a comunidade autónoma galega e as provincias Eo-Navia (da comunidade autónoma de Asturias), Bierzo occidental (da comunidade autónoma de Castela e León) e As Portelas (en Zamora).

- O bable é falado en todo Asturies (agás Eo-Navia), e Lliön (pertencente a Castela).

- A Fala das Ellas é falada no Val do Ella estremeño.

- O castelán é a lingua que se impón en todo o Estado, mais a súa orixe está en Castela. Na actualidade é falado nas comunidades autónomas de: Castela a Mancha, Castela e León, A Rioxa, Cantabria, Navarra, Madrid, Murcia, Estremadura, Andalucía, Ceuta, Melilla e as Illas Canarias.

- O basco é falado en Euskal Herria. Dentro do Estado fálase na comunidade autónoma do País Basco e no norte da comunidade autónoma de Navarra.

- O catalán é falado nos Païssos Cataláns. Dentro do Estado fálase no norte de Aragón, no Val d'Arán, en Catalunya, a comunidade autónoma de Valencia e as Illas Baleares.

Agás o euskara, tódalas línguas son variacións do latín, e todas son igual de válidas, útiles e dignas de seren conservadas e empregadas acotío. Negar isto é negá-la realidade; se alguén quere pechá-los ollos e mirar cara outro lado... alá el! Pero que non queira convencernos con calquera falsa teoría ou negá-lo evidente. É moi respectábel a opción de querer ser un iñorante, do mesmo xeito que é moi respectábel querer vé-la realidade que nos tentan agochar. O que é totalmente reprochábel é que os que queren ser parvos queiran que tódolos demais sexan parvos coma eles... iso si que non!!

O galego exténdese alén Miño, cruza a raia e frorece no norte de Portugal; o euskara cruza os Pirineos para ser falado no Iparralde, e o català cruza a mesma fronteira natural do euskara e esténdese por Perpignan, tamén é falado en Andorra e mesmo nunha zonda de Cerdeña.

É imperialista dicir que estas línguas teñen que ser protexidas e empregadas nos seus territorios de seu cando que os Estados son os que realmente funcionan coma Imperios que aldraxan os dereitos individuais e colectivos nestes territorios??
Mapa con tódalas variedades
Comentários (7) - Secçom: Denúncia - Publicado o 10-06-2007 00:36
# Ligaçom permanente a este artigo
Coitado Manolo Rivas...
Nunca tivese imaxinado que eu puidese ter tal influenza nos mass-media... en diversos e variados ámbitos teño influenza en maior ou menor medida, pero de aí a que un comentario meu fixese chegar isto a El País... XD

Non vos podedes imaxinar como estiven a rir ás gargalladas por mor disto! XD

Resulta que o escritor Manolo Rivas, para facer un artigo de opinión neste xornal, Galicia Houdini, Galicia You Tube, mergullouse polo YouTube... que quen di mergullarse di meté-la cabeza baixo a agua... E nas súas procuras topouse con este vídeo que fixen eu:

Ámbito Kinitoh - Galiza Calidade


Logo, á hora de escribí-lo seu artigo, debía de ter présa ou algo e nin lle preguntou a ninguén se sabían dun grupo chamado Dios Ke Te Crew. E así foi como xurdiu isto:

"Un pouco do estilo de Edilberto, mais con vontade rapeira e supoño que máis irónica, é a visitada peza Galiza calidade de Ámbito Kinitoh. Hai unha gravación moi interesante, mais con pésimo son, de Dios Ke Te Krew. Entran e saen dun cuarto, mentres cantaruxan como netos de Foucellas o seu hip hop. Haiche xeito, hai rebeldía. Paga a pena que se escoite mundo adiante"

Resulta que nun dos comentarios do meu vídeo escribo mal o nome do grupo... e no canto de Dios Ke Te Crew escribo Dios Ke te Krew. O probe do Manolo topouse cun vídeo que eu nin sabía que existía! XD
Mirade o que se atopou:

"Dios ke te krew"


E por iso fala dos DKTC así: "Entran e saen dun cuarto, mentres cantaruxan como netos de Foucellas o seu hip hop. Haiche xeito, hai rebeldía" XD

De tódolos xeitos xa lle pedín desculas nos comentarios do vídeo! hahaha XD
Comentários (3) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 09-06-2007 22:39
# Ligaçom permanente a este artigo
Censura


COIDADO, O ESCRITOR DESTA BITÁCORA É UN PERIGOSO CENSOR!!


Ou iso... ou que está até os collóns de que os pais deixen que os seus fillos adolescentes campen ás súas anchas pola rede pra tocar os collóns á xente...
NON, NON SON UN DEMÓCRATA!!

E non estou disposto a aturar a este tipo de xente (comentarios)!!
Comentários (3) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 09-06-2007 02:14
# Ligaçom permanente a este artigo
Quen pode salvar Galiza?
Xa voltei do mitin e xa sei que os socialistas teñen preocupación de resolver os problemas desta terra de latifundios, rexida por un bárbaro sistema feudal. Os oradores falaron ao corazón dos ?castúos? e déronlle a espranza dunha vida mellor. Tamén falaron ao meu corazón de home. Pero saín do mitin a cavilar na desventura dos labregos de Galiza, que non son obreiros nin patróns, que non poden avencellar os seu problemas vitaes á preocupación dos grandes partidos de clase, e que, polo tanto, verán as súas reivindicacións ao marxe do balbordo revolucionario que inza esta Hespaña anacrónica, detida no réxime patrimonial que tivo por orixe a usurpación e conquista. ¿Pode acaso o Estado centralista, fillo destes páramos calcinados, preocuparse doutra cousa que non sexa o de transformar a estrutura dos seus latifundios, sacándolle a terra a quen non a traballa, para construír, por fin, a clase agrícola que necesita? Non; o Estado actual non ten lecer para ocuparse do problema minifundista de Galiza, anque este apareza tinguido de terribles inxustizas e o seu desarranxo teña doada solución con sóio aceptar a necesidade dunha reforma múltiple. Pero como Galiza non é unha estepa e os seus problemas son minoritarios, quedará sempre excluída do ?intrés nacional? en canto a Lei sexa única.

¿Quen pode pois salvar a Galiza? Galiza mesma. ¿Como? Cun gran partido político nidiamente galego. ¿E para que? Para que a nosa Terra conquira o dereito a lexislar para si mesma. ¿E cando contaremos con ese gran partido? Cando os nosos labregos abran os ollos e deixen de votar a quen non comprende a nosa diferenciación.


Castelao. Sempre en Galiza. Adro, IV (páxs. 19-20)
Comentários (0) - Secçom: Sempre en Galiza - Publicado o 09-06-2007 02:14
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0