Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Venezuela 3-4 Euskal Herria
Como habitualmente ocorre neste tipo de partidos amigábeis, o de menos é o resultado. O de máis foi a actitude dos xogadores da selección de Euskal Herria, que antes de iniciar o encontro posaron con dúas pancartas, unha en euskara e outra en castelán, co lema Somos unha nazón. Oficialidade!

Os de Euskal Herria conseguiron a vitoria por 3 goles a 4 ante Venezuela, nun choque disputado na madrugada da cuarta feira ao xoves no país sudamericano. Este foi o primeiro partido amigábel xogado por este combinado nacional basco fóra do Estado español en 69 anos.

Polo de agora, na Galiza témonos que conformar con ver aos nosos de ano en ano polo Nadal, contra o día dos Inocentes. E, quen sabe, portarán algunha pancarta reclamando o mesmo os xogadores galegos nun vindeiro encontro?

Máis informazón no diario Gara.
Comentários (1) - Secçom: Euskal Herria - Publicado o 21-06-2007 17:42
# Ligaçom permanente a este artigo
Galiza, onde comeza o mundo
Europa é un auténtico crisol de culturas, razas e linguas. Existen poderes moi fortes neste mundo que nos queren ocultar realidades, que nos queren impor falsas verdades, que queren dividirnos segundo a eles lles convén... eu sempre apelo ó poder da realidade fronte ó da mentira; porque a un paxaro pódeslle cortar as ás para impedirlle voar, mais iso no fará que deixe de ser un paxaro e que o seu máximo anceio sexa o de sulcá-los ceos e sentí-lo ar da liberdade no seu peteiro.

Europa... vése lonxe dende a fin do mundo. Semella estar alá, afastada... e nembargantes nós sómo-lo seu bico, o seu peteiro... somos esos beizos que bican o océano infinito, sómo-la terra que habita o mar saudoso que nos leva ás américas... porque Galiza non é a fin do mundo, é o comezo do mundo. Galiza é a terra a onde os máis arriscados aventureiros da historia chegaron na procura da fin do mundo, pretendendo ver onde era que se agochaba o sol cada noite, pretendendo descobri-lo lugar no que o astro ó que lle debémo-la nosa existenza durmía, querendo descobrí-la terra máxica e agarimosa que o deus Sol creu a máis mol, a máis digna merecedora do seu descanso tras un arduo dia de proporcionar vida, para veneralo e agradecerlle o seu alento de vida. E así foi que xurdiu o Ara Solis, que representaba un anceio que ficou nas almas dos galegos por sempre, que aínda fica hoxe oculto trá-la cristianización no escudo do noso país, sendo a hostia sobre o cáliz o símil do Sol penetrando nas augas do océano infinito.

É na nosa Terra onde os castrexos quixeron asentarse para vivir, para descobrir dende ela novos mundos... para viaxar dende ela ó Éire, para sulcá-lo seu océano de vida. O que diferenza aos galegos doutros pobos viaxeiros é que nós sempre partimos coa espranza de voltar máis cedo ou máis tarde, porque as raíces dos galegos son flexíbeis, e poden alongarse tanto coma cada un desexe... e así, por afastado que se estea da Terra Nai, nunca se deixa de ter contacto con ela.

Porque a Galiza representa a continuidade, é a esenza pura do occidente; do mesmo xeito que o Xapón representa a tradizón, a esenza pura do oriente. Nembargantes Galiza e Xapón teñen moitas similitudes... para ollos pouco entrenados, para mentes pouco abertas, son civilizazóns totalmente alleas... nada máis lonxe da realidade, pois a Terra na que nace o Sol está conectada pola ponte do astro de vida coa Terra onde este morre. Son a galega e a xaponesa as únicas civilizazóns do mundo nas que o viño se toma en cuncas, e estas cuncas son collidas coas dúas mans para beber delas; son a galega e a xaponesa as únicas civilizazóns do mundo nas que se come polbo dende sempre; son a galega e a xaponesa civilizazóns mariñeiras mais apegadas á Terra... a lista continúa... e así é como descobrimos, unha vez máis, que os extremos se tocan sempre... Hoxe en día os xaponeses están á vangarda dos avances científicos, e os galegos miramos por recuperarmos tradizóns en perigo de esmorecer.

Haberá quen pense agora que estou falando fóra da realidade... que me esquecín de que América foi descuberta (nunca me gustou este concepto... acaso os americanos non sabían que eles existían??) e, por certo, arrasada. Non, non me esquecín dela... e por iso digo que Galiza non é a fin do mundo, senón o comezo del; porque o galego é o pobo que albisca as américas dende as súas costas... e grazas ós avances nos transportes o eterno soño viaxeiro da Galiza fíxose posíbel de novo... e os mesmos impulsos que trouxeron aos nosos devanceiros á fin do mundo foron os que que levaron aos galegos que se decidiron a emigrar e descobrí-los novos mundos. Porque quen realmente conquistou as américas foron os galegos que foron traballar, e non os conquistadores españois que as foron someter.

Porque os galegos botamos raíces que se espallan por tódolos continentes dende aquí, a Galiza... onde comeza o mundo.
Comentários (1) - Secçom: Reflexions - Publicado o 20-06-2007 18:30
# Ligaçom permanente a este artigo
Tan Gallego como el Argentino
Desde la Argentina queremos apoyar a los gallegos que luchan por poder hablar gallego... nos enteramos por medio de unos gallegos de que a los gallegos no les dejan hablar gallego. Como aquí también hablamos la lengua gallega estamos dispuestos a apollar la lucha de los gallegos... al fin y al cabo... qué sería de nosotros los argentinos sin poder hacer chistes de gallegos en gallego?!
Comentários (0) - Secçom: Humor - Publicado o 20-06-2007 17:59
# Ligaçom permanente a este artigo
Os xudeus reorganízanse na Galiza
O primeiro de maio do 1492, os Reis Católicos promulgaban o edito de expulsión dos xudeus dos reinos que gobernaban. Tiveron que pasar máis de 500 anos -até o 15 de Sivan do 5767, segundo o calendario hebreo, o que equivale ao pasado 1 de xuño- para que unha comunidade xudía voltase a formarse na Galiza de xeito oficial. Tratase da Javurá Ner Tamid, situada na Coruña.

?Javurá significa grupo de amigos, unha fraternidade. Alá onde a comunidade non era o suficientemente numerosa para conformar unha sinagoga, comezaron a reunirse estes grupos, máis informais. O que non quita que nun futuro pretendamos crear unha sinagoga, para o que precisaremos de apoio das autoridades locais?, explica Adiel Cangado, oficiante da javurá coruñesa. Definido polos seus máis achegados como o que será o ?primeiro rabino galego?, Adiel, natural de Lalín, polo de agora é Shaliaj Tzibur, experto na Torá, e encarregado de dirixí-las distintas cerimonias.

?Non tiñamos onde ir -lembra Luisa Conde, vicepresidenta da comunidade-. As celebracións tiñan lugar na familia, en segredo. Non podiamos casar nen recebir sepultura segundo os nosos ritos, xa que a sinagoga de máis preto está en Oviedo. É marabilloso poder escoitar shalom, despois de tanto tempo.? De feito, até fai ben pouco non existía contacto entre os xudeus da Galiza. Internet permitiu que dende fai dous anos se celebren reunións na Coruña, onde son unhas 50 familias as que participan, en maior ou menos medida, e calculan que na Galiza pode haber 300 xudeus.

Segundo explica Ramón de Oliveira, presidente da comunidade, o obxectivo desta é dobre: ?Queremos que sirva aos xudeus galegos, pero tamén ó resto da comunidade. Que sexa un referente a nivel social e cultural. Hai que manté-las portas abertas; o descoñecemento crea pantasmas e prexuizos?. Mesmo se atreve a vaticinar un aumento do turismo: ?Un xudeu informase antes de visitar unha cidade de se esta ten sinagoga?.

?Nunca nos fomos. Aquí sempre houbo unha arraigada tradizón xudea?, asegura Ramón Oliveira. Esta afirmación ven avalada por documentos como a Biblia Kennicott, o manuscrito relixioso medieval máis relevante da Galiza, tamén coñecido como a Biblia da Coruña e cuio orixinal se atopa en Oxford; ou os asentamentos de Ourense, Ribadavia ou Tui.
Comentários (1) - Secçom: Notícias - Publicado o 20-06-2007 17:50
# Ligaçom permanente a este artigo
Estatuto de Nazón

Afirmando a nosa existencia como nazón, explicitada nun feito histórico, lingüístico, cultural, socioeconómico e político de ampla raigame e singularidade, conscentes de que foi ao longo da Idade Media cando eses trazos se foron definido até agromaren na Nazón Galega.

A chegada dos suevos consolidou o marco político dun Reino de Galiza que, mediado o século VI, xa se aprezaba constituído. Nos séculos XII e XIII os avatares políticos dividiron este espazo galaico xurdindo Portugal. Na Galiza mantivéronse uns trazos específicos que permiten xa dende a baixa Idade Media identificar a Nazón Galega actual enfrontando os intentos centralistas de Castela nos séculos XIV e XV. O papel reivindicativo dos ilustrados precedeu aos grandes movementos de defensa do país: o provincialismo, o galeguismo e, na atualidade, o nazonalismo.

Afirmando o dereito ao noso autogoberno, a dotármonos dunha estrutura política propia e a definir a súa articulazón instituzonal e administrativa acorde coa nosa condición nazonal, así como a configurazón do nivel de independenza ou dependenza a respecto doutras instanzas, afirmando o noso compromiso esencial e irrenunciábel coa democracia e co dereito de todas as persoas e pobos a vivir en liberdade, Nós, o Pobo Galego, dámonos e aceptamos o presente Estatuto, que constitúe a norma fundamental e primaria da nazón galega, e base para a relación co Estado español, coa Unión Europea e coas restantes nazóns e pobos do mundo.

Convencidos de que o dereito ao autogoberno é de natureza fundamental, que non pode ser outorgado nin limitado, os galegos e as galegas declaramos a nosa ceibe e lexítima vontade de integrármonos na estrutura plurinacional do Estado español, aceptando un acordo constitucional de interpretazón dinámica, evolutiva e aberta que debe conducirnos á construción dun Estado que avogue por unha Europa dos Pobos, na que queremos ser recoñecidos en total igualdade con todos os demais países e cidadáns da Unión Europea.

Convencidos de que esa unión somente pode ser froito da libre vontade dos pobos, os galegos e galegas proclamamos conxuntamente a nosa identidade política, cultural e lingüística, o dereito a decidir sobre nós mesmos, e a nosa inequívoca vontade de colaborar na instaurazón dunha comunidade internazonal que asuma o principio pleno da democracia universal.

Asumindo plenamente os dereitos e garantías recoñecidos na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos, no Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais e nos demais instrumentos internazonais en materia de dereitos humanos.

Comprometido co seu progreso e avanzo, o Estatuto de Galiza garante o estabelecemento dunha sociedade democrática avanzada asente nos valores superiores da dignidade humana, da liberdade, da xustiza, da igualdade, do benestar e do pluralismo político no marco dunha orde social xusta e dun desenvolvimento económico sustentábel.

Xa que logo, en uso da súa soberanía de decisión, o pobo galego ratifica o seguinte Estatuto de Galiza.


NÓS QUEREMOS ESTE!!!! E NON OUTRO!!!!



Breve Historia do Estatuto Galego
Comentários (1) - Secçom: Denúncia - Publicado o 20-06-2007 17:43
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0