Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Galiza Políglota

Nunha urbanización de chalés adosados situada nos arredores da cidade da Coruña vive un home a quen os seus veciños chaman El Gallego, alcume de razoábel fundamento. A clave da enxeñosa denominación reside nun feito que singulariza ao devandito cidadán: fala sempre en galego. O inusual comportamento de El Gallego, quen emprega o idioma propio de Galiza mesmo para relacionarse cos seus fillos cativos, provoca o sorriso garimoso dos habitantes da urbanización. A eles non lles molesta que o simpático galego falante faga uso do seu dereito a comunicarse através dunha fala tan doce, meiga e musical, tan acaída para a escrita poética e a difusión televisiva através da canle autonómica. De vez en cando e para mostrarse amábeis con El Gallego pronuncian diante del algunhas palabras melodiosas como ?cachelo?, ?toxo? ou ?graciñas?.

O que acontece, porén, é que se sabe de outros casos de individuos normais, habitantes de residencias unifamiliares de certo nivel, que falan galego. En Galiza viven máis galegos do que se pensaba. Estánse a infiltrar nas comunidades de veciños. E iso xa comeza a resultar preocupante. Por iso, en defensa do español, para prever desde agora mesmo a posíbel perda desa lingua milenaria, unha ducia de residentes urbanos e periurbanos galegos coma ti veñen de organizarse en asociación reivindicativa. Chámase Galicia Bilingüe e defende o uso libre das dúas linguas coexistentes na comunidade autónoma: o castelán e o español.


Comentários (7) - Secçom: Denúncia - Publicado o 06-04-2008 13:52
# Ligaçom permanente a este artigo
Independência por bulerías
O discurso independentista a ritmo de rock bravú com gaitas de fundo já é velho... há que renovar o independentismo galeguista para o levar a umha nova era... independência a ritmo de rumba!!!




Nom estades acaso já cansos de ler esses versos de Rosalía de Castro tam tristeiros e melancólicos?? Há que dar-lhe vidilla a isto, caralho!!




E quem dizia que só o rock (e o bravú em particular) servia para denunciar e reivindicar?? Nom à especulaçom imobiliária!! Si à rumba galega!!

Comentários (0) - Secçom: Humor - Publicado o 05-04-2008 16:56
# Ligaçom permanente a este artigo
Unha nación no mundo
Para alén das circunstancias e motivacións específicas de cada tempo e de cada país, as aspiracións de autogoverno das nacións sen Estado pertencen ao proceso, non pretedeterminado, de configuración dos Estados. Unha parte deles constituiu o resultado da independencia de nacións antes integradas en monarquías ou imperios alleos, como Irlanda ou Finlandia. Outros déronlle continuidade a antigas monarquías uninacionais, como Dinamarca ou Portugal. Con un territorio movedizo, como en muitos outros paises, Alemaña é a consecuencia da unificación de paises de cultura e historia común. O Estado español ou a República francesa formáronse no territorio patrimonial restante ou en crecimento de monarquías patrimoniais a través dun proceso de centralización e uniformación baixo un carácter nacional dominante e negando os demais.

Tendo unha tradición institucional e cultural e unha natureza material, económica, xeográfica ou social semellante, as aspiracións de nacións europeas como Escocia, Gales, Flandes, Cataluña, Euskadi ou Galiza pertencen ao mesmo decurso histórico. Ainda que en circunstancias diferentes, encóntranse agora nunha situación comparábel á que tiñan Noruega ou Eslovenia antes de conseguir unha institución estatal propria.

O problema colocado polas nacións sen Estado non ten nada a ver coa ideoloxía mistificadora dominante nos Estados estabelecidos, que pretenden constituirse como representación da racionalidade e identifican as aspiracións das nacións coa irracionalidade e o extravío histórico. As aspiracións das nacións sen Estado responden a algo tan razoábel como a necesidade de contar cos elementos institucionais e políticos decisivos e tidos como necesarios para afirmaren a súa identidade e para pensaren, programaren e responsabilizárense do seu porvir, elementos dos que dispoñen e gozan os Estados e lle son negados as nacións sen Estado convertindo en problemáticas a expresión da súa vontade politica, a permanencia do seu carácter lingüístico e cultural e a capacidade para promover libremente o seu progreso económico e social.

Sendo isto así, nas súas aspiracións ao autogoverno o movimento nacional galego ten que asumir retos decisivos. Nacido no século XIX, cando se independizaban a maioría dos actuais Estados europeus, hoxe como sempre ten que fortalecer a vontade nacional contra o poder e a dominancia material do Estado. Vese obrigado a fundamentar o carácter institucional e político do pasado diferenciado de Galiza -sen o cal non se pode explicar a historia dos reinos peninsulares-, pondo en causa unha lectura histórica estatal que apresenta ao Estado como unha nación única, identificándoa con España e negando ás demais. Frente á insidia da propaganda estatal debe defender a capacidade económica como país para sustentar unha institución de autogoverno ou un Estado proprio. Ten que salientar o carácter nacional e universal da lingua propria contra a identificación como língua minoritaria e subordinada. Neste tempo, frente á vontade centralizadora e uniformizadora do Estado, necesita pór de manifesto o significado da pertenza á Unión Europea sen fronteiras e o efecto desta realidade nas aspiracións nacionais, na cultura e na economía galegas e en particular na relación entre Galiza e Portugal.

As circunstancias deste tempo e o estado da sociedade oferecen unha mellor ocasión para Galiza empreender a senda que conduce a súa plena constitución como nación política, superando a condición de ser apenas unha provincia española en forma de Comunidade Autónoma. Non é esta unha decisión que se refira, unicamente a aspectos simbólicos ou institucionais. Ser provincia supón subordinar a propria personalidade á estatal dominante, estar presente no mundo só a través do Estado español do seu poder e a súa cultura, aceitar unha historia oficial que nega a propria, dar por boa a consideración ideolóxica de o galego ser unha língua minoritaria, procurar o respeito e a axuda desde a capital estatal, Madrid, como a vía de solución aos problemas, adoptar como propria a idea extraña de Galiza estar situada no cú do mundo. Ser nación é xustamente o contrario, contando con un autogoverno resultado da autodeterminación, por muito que isto sexa o produto dun pacto histórico que teña en conta a realidade plurinacional da convivencia na Península e en Europa. Ser nación é pensar o mundo, ser do mundo, solidariamente e contra o militarismo, desde a propria terra e en dialéctica coas circunstancias de cada tempo.

Sendo isto así, non parece que o movimento nacional galego organizado políticamente avance hoxe na boa direción. A corrente dominante abandonou de facto unha perspectiva hexemónica como camiño da construción nacional e a transformación social, tendendo a reducir a súa función en Galiza e no Estado a unha influencia condicionante dun poder de Madrid que basicamente non é posto en causa. Agora non é mesmo quén de recoller a pluralidade de manifestacións sociais, culturais e económicas que situándose na perspectiva de Galiza como nación inzan a sociedade galega. Estancouse nunha posición política subordinada cando, paradoxalmente, a sociedade galega está mais preparada que nunca para avanzar na construción nacional.


Um artigo de Camilo Nogueira.
Comentários (1) - Secçom: África - Publicado o 04-04-2008 18:46
# Ligaçom permanente a este artigo
Internacionaliza o teu galego!!!
Aprende a ler em português em 25 segundos
Comentários (0) - Secçom: Língua - Publicado o 04-04-2008 18:14
# Ligaçom permanente a este artigo
Ya no sé qué hacer conmigo
Tenho que confessar que estou enganchado a esta cançom... genial música e genial vídeo! :)

El Cuarteto de Nos - Ya no sé qué hacer conmigo
Comentários (0) - Secçom: Música - Publicado o 04-04-2008 17:59
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0