Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

I Certame Letras Galegas 'As Boliqueiras'


Bases do concurso As Boliqueiras


A Mesa pola Normalización Lingüística das Pontes convoca o 1º Concurso de ensaio 'As Boliqueiras':

- Poderán concorrer a este premio rapaces e rapazas de idades comprendidas entre seis e dezaoito anos, residentes nas Pontes que presenten os seus orixinais en lingua galega. Os textos presentados han ser inéditos e totalmente orixinais.

- De cada orixinal presentaranse dúas copias. A extensión máxima será de tres folios mecanografados a dobre espazo en letra Arial tamaño 12 polas dúas caras antes do día 30 de Abril no apartado de correos nº 163 ou na Biblioteca Municipal (Avda. Castelao s/nº).

- Co orixinal, que deberá presentarse baixo o lema, adxuntarase en sobre pechado, o nome, enderezo e teléfono do autor/a indicando no sobre: para Concurso As Boliqueiras, o lema e a categoría.

- Establécense dúas categorías:
A - Rapaces/as de idades comprendidas entre 6 e 12 anos.
B - Rapaces/as de idades comprendidas entre 13 e 18 anos.

- Temas:
* Categoría A: POR QUE NON FALAMOS GALEGO? CAL É O PROBLEMA? COMO SOLUCIONALO?
* Categoría B: POR QUE AS NOVAS XERACIÓNS NON FALAN GALEGO COMO OS SEUS PAIS E OS SEUS AVÓS? PROPOSTAS PARA RECUPERALO.

- O xurado estará composto por equipas de normalización lingüística das escolas das Pontes, un representante do Concello e un da Mesa. Correspóndelle ao xurado a interpretación destas bases. O seu fallo será inapelable. O premio poderá quedar deserto.

- O xurado emitirá o seu fallo o día 16 de maio no curso dun acto que se celebrará no Cine Alovi.

- A participación nesta convocatoria supón a total aceptación das presentes bases.
I Certame Letras Galegas As Boliqueiras
Comentários (0) - Secçom: Língua - Publicado o 19-04-2008 13:39
# Ligaçom permanente a este artigo
Os juízes e o nacionalismo
Umha imagem vale mais que 1000 palavras...

Comentários (0) - Secçom: Denúncia - Publicado o 18-04-2008 17:40
# Ligaçom permanente a este artigo
Psicofonias en Xermade
Ao parecer non só os vivos están descontentos coa política que está a levar a cabo o concello de Xermade no tema das estradas.

O cutre-asfaltado caciquil veñen-as-eleccións yo-te-asfalto-tu-me-votas durou apenas unha semaniña ben escasa antes de derreter pola calor e formar baches e poceiras.

A estrada caciquil meto-unha-curviña-por-eiqui-que-non-se-nota e dou polo cú aos que non queren que a estrada lles pase ao lado da casa e mais quito clientes aos bares de Villarriba tampouco levanta paixóns que digamos... mais tendo en conta o trazado orixinal de tal estrada, pois o aquí escribinte ten na súa casiña ben gardadiños os planos pre-cacicada e non ha dubidar en baterlle con eles nos fociños aos que boten a língua a pacer con dimes e diretes.

Pois ben, o señor alcalde ben pode coller todo ese chapapote mal botado e levalo ondo si é preciso, e non o digo eu que o din voces do alén... e xa se sabe que os mortos e os borrachos non menten; palabrita del niño Jesús.

Psicofonias en Xermade; Cuarto Milenio
Comentários (2) - Secçom: Denúncia - Publicado o 17-04-2008 21:21
# Ligaçom permanente a este artigo
A democracia no rural
Posiblemente foi que aló polos albores da democracia, un pedáneo calquera dunha parroquia calquera do rural pensou na construcción dun palco da música permanente (permanente o palco, non a música). É mais que probable que quixera facerse de notar perante o resto dos parroquiais e asemade agradecerlle así o seu apoio electoral masivo. Se cadra os veciños preguntáronlle canto lle ía custar a eles, e como o pedáneo lles confirmou que todo a conta do alcalde, pois todos a unha dixeron: ?Pois logo adiante co palco?.

Ó día seguinte o noso anónimo pedáneo, que por suposto tiña cédula de manexo da diabólica máquina MAP75, contoulle a idea ó alcalde e a este chispeáronlle os ollos de contento porque levaba xa un tempo cavilando en como pagar como era debido os votos do rural e non daba coa moeda. Xa lles puxera farolas nas casas patruciais, algunhas incluso con bombillas, e estráralle de croio moído as congostras principais. Pero eran investimentos de pouca dura e menos lustre, xa que á volta dun ano, as choivas e maila lama soterraban o firme, e das bombillas quedaba o recordo. Sen embargo, un palco da música de ladrillo, cemento e caleado de branco impoluto eran palabras maiores. Ademais, como non respondía a unha necesidade sentida e reclamada, ninguén lle ía poñer pegas. En resumen, aparente e prescindible: o súmmum do investimento político.

?Hoxe é un día grande para Pedroso (por exemplo). Hoxe deixades de seren cidadáns de segunda, porque xa contades cun palco da música coma os que hai nas vilas e nas cidades?, díxolles o alcalde o día da inauguración. E non lles mentía: era polo San Xoán e os días eran certamente longos, e tamén era certo que as vilas e cidades contaban con palcos da música. Mais como político de éxito non lles contaba toda a verdade: os días eran grandes independentemente da vontade do alcalde e o palco inaugurado nada ou pouco tiña que ver cos que campaban nas vilas e nas cidades. Os destas últimas case todos eran de cantería traballada, con varandas de ferro forxado e con teitos cheos de arabescos e filigranas; e non había un igual a outro, xa que os promotores ?Sociedades Benéficas, Amigos da Música, Indianos, Círculos das Artes, ou tres ou catro ricos constituídos en Asociación Cultural- eran xente do lugar e querían que o seu fose o palco mellor e máis garrido. Nada, pero nada que ver, co palco novo de Pedroso, de estructura rectangular (os das vilas tiñan forma circular) e feito a golpe de ladrillo, area e cemento.

Despois do de Pedroso viñeron todos os demais, un tras outro. Seguramente polo principio de imitación -¿por que nós non facemos coma os de Pedroso?-, se cadra por trasfego de información nas sesións da Fegamp ??Non sei que carallo facer nas aldeas...non piden nada...?, confesaría un dos munícipes. ?Ai pois eu fíxenlle palcos da música en todas as parroquias. Sonche bos de facer, non moi caros e vense ben ó lonxe?, fachendearía algún outro. ?Pero hai parroquias nas que xa non fan festa...?, insistía o primeiro. ?Ah! ¿e quen che di a ti que non volven a facer festa ó ver o palco novo??. ?Home, mirado así...?.- Fose como fose e polo que fose, o caso é que en poucos anos o rural galego encheuse de palcos da música de idéntica feitura e democrática beleza.

A día de hoxe, moitos daqueles palcos están abandonados, e algúns non chegaron a escoitar outras notas musicais cas dos paxaros na primavera. E nas parroquias que si os utilizan atópanse co problema de que as orquestras de certo renome viaxan con palco propio, polo que o palco de cemento queda para rifar o lacón, a xovenca ou unha reproducción do santo patrón­. Se o inmenso Otero Pedraio compilara hoxe a súa Historia de Galicia, tería que incluír os palcos da música entre as construccións típicas do noso rural, canda outras de igual factura e parecido éxito como os Locais Sociais e os mini-parques infantís.


Um artigo de José Luís Sucasas.




Dedicado ao monarca de Xermade
Buskalte Askatu!!
Comentários (0) - Secçom: Denúncia - Publicado o 17-04-2008 16:09
# Ligaçom permanente a este artigo
Vamos a sério

Minha mai Mari Carmen Campos e minha tia sempre se perguntam porque escrevo tão esquisito, quando poderia ser como o resto, aprender, ser boinho e sobretudo escrever bem. Têm razão, as mais sempre querem o bem para os seus filhos, e eu como muitos amigos, amigas, colegas e subcolegas poderia escribir ben sen problema, seguir os ditados do correcto, dicir os reintegracionistas nas cafetarias universitarias que estou dacordo con eles, que si home si, que tender pontes culturais co Brasil sería unha boa oportunidade para a lingua e por tanto para os galegos, pero que queres che diga, temos unha norma, hai que ser disciplinados, a lingua está mal mas debemos facer país, falar galego para facer idem e xogar a ser xenerais Custer, morrendo cos socos postos.

No entanto, agora que delegacións galegas reintegratas son recibidas sen problemas no parlamento portugués para o acordo ortográfico, cando existen organizacións portuguesas como Audiência Zero que se encargan de potenciar as relacións galego-portuguesas musicais, artísticas a ambos os lados da raia, cando a NASA segue a traer grupos portugueses fantásticos, ou cando o Portal Galego da Língua é referencia, non sei sinceramente se cambiar, e facerlle as beiras ás beirarrúas.

Porque tamén o conservatorio folque traía músicos brasileiros que falaban en portugués connosco sen problema ningún e nós con eles en galego, ou ese encontro mítico do Porriño de software libre galego-brasileiro con ponencias en ambas as variantes do mesmo idioma, falando todos ao final a mesma terminoloxía computador-licenzas-xanela-disco ríxido, vendo que o noso idioma é útil, repito, é noso e é útil. Somos privilegiados, aprendimos ao nacer neste lugar do mundo tres idiomas e un deles, o portugués, sen nós sabelo.

Cando vexo isto mamá, non me creo nada do que nos contaron, do que nos contan. Non sei se vexo cousas estrañas, non debería seguir a escrever assim, pésie a que uma língua que chama minhoca às minhocas não pode ser outra língua, como diz meu caro amigo Suso Sanmartim ao estar pola primeira vez no Brasil. Vou tentar escribir normal, mellor non saír do armario.

Ao mellor é iso, que imaxino o que non é, e que é certo que portugueses e brasileiros nunca están nin estarán interesados en nós, que déixate de lerias, o galego é para a casa, a casa de catro provincias, ti escribe poemas meu rei, chegarás a publicar na editora que nunca paga, porque o mercado é pequeno, xa se sabe, o mercado ese culpado.

De todos modos, habitantes desta terra, elites culturais, elites económicas, elites todas, desta vez non nos parades. O galego é unha lingua extensa, intensa e útil. Tamén dominamos o español e cunha aprendizaxe forte en inglés, seremos unha potencia lingüística. Por todo isto, porque queremos unha vida plena na nosa lingua, alguns continuaremos com o relacionamento sem trégua com Portugal e o Brasil, seguiremos com esta nossa casca ortográfica que nos ajuda a comunicar-nos textualmente com eles e eles connosco, extraterrestres portugueses e brasileiros, e isto gerará mais bem-estar para todos os galegos/as, mais oportunidades de trabalho, e outros reptos e dificuldades também. Somos pacientes, mas desta volta, Vamos a Sério. E que lhe vamos fazer, se nós não nascemos no Mediterrâneo.


Um artigo de José Ramom Pichel.
Comentários (0) - Secçom: Língua - Publicado o 13-04-2008 12:20
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0