Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Galiza Olímpica

Galiza terá oco nos Xogos para nazóns sen Estado

De Alaska a Zanzíbar, pasando por Cymru (País de Gales) ou o Quebec. Galiza poderá competir con estes ou outros países nuns Xogos para os que Catalunya prepara a primeira edizón en 2010.

O Comité Olímpico Internacional amosou esta semana o seu interese polo proxecto promovido dende a Generalitat. A organización duns Xogos onde compitan selecións de nazóns sen Estado non será obstaculizada polo COI. Máis aínda, no documento que o vicepresidente da Generalitat, Josep Lluís Carod-Rovira, lle entregou en Lausana ao presidente da institución, Jacques Rogge, o goberno catalá proponlle ao COI que asuma o liderado desta competición, convite ao que aínda non respondeu formalmente o Comité.

No dossier entregado por Carod a Rogge faise mención ao exemplo de países que poderían participar nesta competición, unha lista de máis de medio cento que a nivel estatal só inclúe a Catalunya e Euscal Herria. Dende a vicepresidencia do goberno catalá non ven ningún impedimento para que Galiza poida participar no seu intre nestes Xogos, ben a través do propio convite que a Generalitat poida facer ou a través dunha solicitude da administración galega.

Dende a Generalitat explican que o documento se baseou na lista de "países deportivos" que teñen federacións á súa vez integradas directamente na federación internacional da especialidade correspondente. A listaxe inclúe tres federacións catalás e unha basca. Con todo, a propia Catalunya conta xa con máis especialidades deportivas onde a súa selección é recoñecida internacionalmente. A Viquipèdia catalá menciona por exemplo o fútbol sala, o fútbol australiano, o raquetbol, o corfebol ou o Pitch and Putt.

Galiza "País Deportivo"
Oficialmente, a Generalitat non usa o concepto de "nazón sen Estado" na promoción desta iniciativa, senón o de "país deportivo", co cal o nome da competición sería o de "Xogos de Países Deportivos".

A idea de "país deportivo" foi definida no 2003 nunha xuntanza internacional organizada polo goberno catalán en Barcelona. Segundo consensuaron os 23 países aló representados:

"País deportivo é calquera territorio xeográfica ou historicamente delimitado con homoxeneidade social e cultural, coas súas propias institucións políticas, independentemente de calquera recoñecemento político internacional. Tal territorio ten o seu propio sistema deportivo coas súas organizacións deportivas promovéndoo, xestionándoo e regulamentando, e agrupando democraticamente a maioría de federacións, clubes, asociacións e deportistas dentro do seu territorio"
Comentários (3) - Secçom: Desportes - Publicado o 17-03-2007 00:14
# Ligaçom permanente a este artigo
España, Estado plurilingüe
Galiza, Euskal Herria e Catalunya acordan normalizá-lo plurilingüismo

Os gobernos galego, basco e catalán pediron este venres ao español que "asuma o carácter plurilingüe do Estado" e utilice estes idiomas nas Institucións e empresas públicas.

Os Executivos de Galiza, Euskal Herria e Catalunya asinaron este venres en Bilbo un protocolo de colaboración en materia de políticas lingüísticas a prol da normalización, "que permita a creación dun marco estábel e permanente", para intercambiaren experiencias neste eido.

O acordo, cunha duración de tres anos, foi rubricado en Bilbo pola secretaria xeral de Política Lingüística da Xunta, Marisol López, polo viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno Basco, Patxi Baztarrika, e polo secretario de Política Lingüística da Generalitat, Miguel Pueyo. Os tres salientaron o cariz "histórico" do acto, dado que se trata da primeira vez que os tres gobernos asinan un acordo conxunto nesta materia.

Realidades diferentes
Baztarrika sinalou que, malia teren Galiza, Euskal Herria e Catalunya "realidades sociolingüísticas diferentes", todos eles están "fortemente comprometidos" coa normalización, e salientou "o valor que supón a colaboración entre os tres poderes públicos".

"Malia estarmos nunha sociedade plurilingüe", o Estado segue sendo monolingüe, "xa que estas linguas oficiais non se utilizan nas administracións periféricas do Estado".

Ademais, explicou que, ó traveso deste convenio impulsarase tamén o uso do euskara, catalá e galego en institucións lexislativas, na Xustiza, nas empresas públicas (como Renfe e Correos), nos medios de comunicación públicos e no sistema educativo. Neste senso, resaltou que non piden máis que "o que está marcado pola Carta Europea das linguas rexionais e minoritarias".

Fonte de riqueza
O viceconselleiro do Goberno basco, resaltou que "non se debe malinterpretar" esta iniciativa, posto que "o plurilingüismo é unha fonte de riqueza". "Este proceso non vai en contra de ninguén, nin contra nada, e tampouco é unha loita contra o castelán, nin moito menos," dixo.

No protocolo, os tres Executivos sinalan que o 40% da poboación do Estado vive en comunidades cunha lingua distinta do castelán. No marco deste acordo, crearase unha comisión de seguimento formada polos responsábeis en materia de política lingüística.

Ademais, vaise promové-lo ensino da historia e o carácter tradicional de galego, euskara e catalá no Estado, así como tamén o ensino destas linguas nas universidades.
Comentários (0) - Secçom: Notícias - Publicado o 17-03-2007 00:00
# Ligaçom permanente a este artigo
Mellor en Flamengo!!
Bandeira de FlandresFlandres insiste en que o neerlandés debe seguir sendo a lingua principal nas escolas

"O primeiro é que os alumnos coñezan perfectamente a súa lingua materna", indicou o presidente do goberno flamengo, ao rexeitar a creación de escolas bilingües.


A lingua flamenga seguirá sendo a principal nas escolas de Vlaandérén (Flandres) se non hai cambios na correlación actual de forzas en Bélxica. A maioría de formacións políticas de Vlaandérén rexeitaron a proposta do Partido Socialista, maioritario en Walonéve (Valonia), para que se promovesen escolas bilingües, con igual peso para o francés e o neerlandés. A iniciativa propón que as primeiras escolas dese tipo se estabelecesen ao longo da fronteira lingüística entre as dúas áreas do Estado belga e que inclúan alumnos e profesorado a partes iguais de cada unha das comunidades.

Dende o proceso de federalización iniciado na década dos 80, as dúas comunidades lingüísticas belgas, a flamenga e a francófona, administran cada un pola súa conta o ensino. No total, os flamengos son maioritarios, o 60% da poboación. Os socialistas, maioritarios en Walonéve, consideran a súa proposta unha "prioridade" do programa que presentarán ás eleccións do próximo mes de xuño.

A iniciativa foi recibida moi criticamente en Vlaandérén, onde subliñan ademais os argumentos pedagóxicos como aval da educación principal en neerlandés. Tanto o presidente flamengo, Ives Laterne, coma o seu ministro de Educación, Frank Vandenbroucke, insistiron en que os rapaces deben estudar na lingua propia de Vlaandérén. "Se os francófonos queren coñecer mellor o neerlandés que fagan esforzos no seu propio sistema educativo", dixo Laterne. "Hai que privilexiar unha lingua, porque senón, no canto de multilingüismo remátasen en cerolingüismo", afirmou Vandenbroucke.
Comentários (2) - Secçom: Vlaandérén - Publicado o 13-03-2007 18:20
# Ligaçom permanente a este artigo
Éire Ceibe!!
Agora que volve a saír nas televisións o conflito do Ulster decidín que tamén hei facer unha sección sobre a República do Éire.

Estiven un mes vivindo neste gran país e convivindo coas súas xentes (que por certo, moita fama de bebedores pero non me gañou nin o primeiro! hehe) e fiquei cunha grata lembranza.

Coma sempre dixen, estou a prol da liberazón dos pobos oprimidos e reivindico a súa Autodeterminazón.

Free Éire!!
Comentários (1) - Secçom: Éire - Publicado o 11-03-2007 05:36
# Ligaçom permanente a este artigo
Morrer en galego
Hoxe estiven nun camposanto e boteille unha ollada curiosa ás inscripcións dos nichos. Estaba nunha aldea da provincia de Lugo onde o 100% da poboación fala galego, mais... sorpresa!! Tódalas lápidas están en castelán!

Semella que, malia que haxa lugares nos que se poida vivir en galego sen que ninguén te xuzgue coma independentista radical, en ningures se pode morrer en galego. Será que os Reis Católicos e Paquito Franco foron quen de impoñé-los seus ideáis no alén?

Vives en galego, morres en castelán
Comentários (0) - Secçom: Denúncia - Publicado o 11-03-2007 04:16
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0