Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

No Paraguai, en Guaraní!!
Zona guaraní-falanteAs organizacións rurais demandan ás persoas candidatas á presidencia nas eleccións do 2008 a plena e íntegra oficialidade da lingua maioritaria do país, o guaraní.

Nas áreas rurais do Paraguai vive case a metade da poboación, e delas é orixinaria tamén boa parte da poboación das cidades. Agora, 2.234.761 de persoas diríxense ás persoas que se presentan ás eleccións presidenciais para o ano, esixindo xustiza. ?Unha xustiza de séculos que abarca todo: acceso á terra, á saúde, ás infraestruturas, á educación, á auga, ao prezo dos nosos produtos, ao traballo, ao guaraní?. Denuncian a corrupción dun Estado que as ten marxinado, reprimido, empobrecido e analfabetizado: 3.946.904 de persoas, dun total de 5.163.198 habitantes do país, na altura do 2002, falaban o guaraní (o 76 % da poboación). O 30% da poboación falaba exclusivamente guaraní, o 60% dos fogares era de lingua guaraní con diferenzas na área rural e urbana: 82,5% no primeiro caso e 42,6% no segundo.

Dende a colonización española, o guaraní, como moitas outras linguas precolombianas, ten experimentado un proceso de marxinación e represión. Entre 1811 e 2007, o Paraguai viviu nun réxime de apartheid lingüístico que marxinou á poboación falante de guaraní (rural e labrega, maioritariamente). As organizacións asinantes demandan como entre as clases dirixentes do país non hai unha soa persoa que fale guaraní, malia ser a primeira lingua do Paraguai. Imponse o castelán ou ?karai ñe?ẽ?, a ?lingua do señor?, e mantéñense tradicións do tempo da escravitude. O pacto ?hispanoguaraní? marxina e empobrece aos falantes desta lingua. ?Por que unha persoa que só sabe falar castelán pode traballar no funcionariado público, se ten que atender a unha poboación de lingua maioritariamente guaraní??

Non existe unha alfabetización en guaraní, pero tampouco a poboación recibiu unha eficiente alfabetización en castelán, e menos a que traballa no agro. Isto non só marxinou á lingua, senón á comunidade de falantes, excluíndoos da vida social, cultural, económica e intelectual da nación. ?Temos sido marxinados de xeito consciente polas clases dirixentes?. Pola contra, na época electoral, as persoas que optan á presidencia empregan o guaraní para as súas arengas, cando realmente non é a súa lingua de uso, nin a que transmiten aos seus fillos e fillas, que reciben unha educación bilingüe en castelán e inglés. O guaraní é unha lingua que marca e marxina. Dende as organizacións asinantes defenden a educación en castelán, mais reivindican o respecto á súa identidade lingüística. Recentemente, apareceu un anteproxecto de Lei de Linguas do Paraguai, e dende as comunidades rurais esixen que esta lei contemple a alfabetización en guaraní, en castelán e nunha terceira lingua. Logo do fracaso dunha Reforma Educativa, esixen agora un programa para a lingua guaraní.


Asinan a carta:

MCNOC ? Mesa Coordinadora Nacional de Organizacións Campesiñas, Luis Aguayo
OÑP ? Okaraygua Ñemongu?e Paraguáipe (MCP Movemento Campesiño Paraguaio, Fermín Bobadilla)
OLT ? Organización de Loita pola Terra, Narciso Ruiz Díaz
ONAI ? Organización Nacional de Aborixes Independentes, Mario Rivarola
UCN ? Unión Campesiña Nacional, Daniel Duarte
CNSL ? Coordinadora Nacional Sebastián Larrosa, Mercedes Fleitas
OCN ? Organización Campesiña do Norte, Asunción Duarte
OCM ? Organización Campesiña de Misiones, Mario Talavera
OCP ? Organización Campesiña de Paraguarí, Sergio Orsuza
ACMD ? Itapúa
CONAMURI ? Coordinadora Nacional de Organizacións de Mulleres Traballadoras Rurais e Indíxenas, Julia Franco
FNC ? Federación Nacional Campesiña, Odilón Espínola
ONAC ? Organización Nacional Campesiña, Angel Giménez
CNUCIP ? Coordinadora Nacional de Unidade Campesiña, Indíxena e Popular, Tomás Zayas
OCRC ? Organización Campesiña Rexional de Concepción, Edilberto Saucedo
ACADEI- San Pedro
MAP ? Movimiento Agrario Popular, Jorge Galeano

Manifesto en Guaraní
Manifesto en Galego
Comentários (3) - Secçom: América Latina - Publicado o 26-03-2007 18:32
# Ligaçom permanente a este artigo
Quén queimou o Windsor?
Agora que a VA-CA (Vía Anti-Colonial Activa) finou a súa actividade, e tendo en conta que a CA-CA (Conspiradora Anti-Colonial Armada) non ten actividade coñecida, coido que xa é hora de aclarar quén provocou o lume que arrasou con este emblemático edificio da capital de España.

Os membros da VA-CA emitiron hai tempo un comunicado no que reivindicaban o traslado dos restos de Andrés do Barro ó Panteón de Galegos Ilustres, posto que na actualidade repousan no cemiterio de La Almudena, na metrópole Pequeno-Imperial.

Mentres "honraban" á bandeira do Pequeno-Império nun lugar segredo escapáronselles unhas faíscas... ou estaba todo preparado? Iso, nunca o saberemos.

Comunicado da VA-CA
Comentários (1) - Secçom: Humor - Publicado o 25-03-2007 18:53
# Ligaçom permanente a este artigo
A tope sen drogas!!
Porque non só ó señor Tojeiro lle botaron drogha no Cola-Cao...

Este raparigo bailón fixo alardes das súas habilidades durante a proba de son dun concerto n'O Grove.

Cativo bailón
Comentários (2) - Secçom: Festas - Publicado o 24-03-2007 21:53
# Ligaçom permanente a este artigo
Qué acontece en Palestina?
Qué sucede cando invades un país, criminalizas ás súas xentes e és apoiado militarmente por gobernos con intereses na zona? Que xurde resistenza. E qué xustificación atopan os invasores pra masacrá-la poboación dese país? Terrorismo.

O terrorismo, nos guste ou non, xurdiu coma un sistema de guerra dos pobres, un xeito de facer o meirande dano posíbel cos mínimos gastos. Cómo se defende un pobo sen exército se non? Ou é mellor deixarse pisar?

Palestina
Comentários (0) - Secçom: Palestina - Publicado o 24-03-2007 20:20
# Ligaçom permanente a este artigo
Secuestros en Iraq
As cousas en Iraq cada día están peor... mirade senón o último intento de secuestro por parte da insurxencia Iraquiana...

Terroristas Islamistas
Comentários (0) - Secçom: Humor - Publicado o 24-03-2007 16:18
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0