Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Unha polo pai
Estaba eu navegando polo Youtube cando me topei con esta curtametraxe.

Nunca está de máis espallá-la cultura patria.

Unha polo pai
Comentários (0) - Secçom: Cultura - Publicado o 30-03-2007 21:00
# Ligaçom permanente a este artigo
Sobre actitudes e machismo
Nunca me gustou a actitude dalgunhas rapazas que "insinúan" (e non falo de ir en minisaia nin de levar escote) dun xeito abertamente exhibicionista certas cousas e en chegados a un punto pretenden recuar. Non son todas, nin moito menos... en realidade son unha minoría, mais habelas hainas e, malia ser minoría, fan moito "ruido".

A denominación que se lles da a estas rapazas a pé de rúa é bastante explícita: "calientapoyas" (si, aínda non escoitei a ninguén dicindo "quecepirolas", hehe).

A moitas rapazas lles molesta que se use este termo aínda que non vaia dirixido a elas (de ser caso contrario comprendería a molestia) e, malia iso, téñolles escoitado centos de veces a rapazas dicir: "esa é unha calientapoyas".

Se ben o termo pode soar despectivo (de feito considero que é despectivo) ás veces é descriptivo... é entón cando o despectivo é a actitude e non a denominación que se lle dea a quen a realiza. E claro... nesta sociedade tan políticamente correcta és un machista se dis que unha é unha "calientapoyas" aínda que se pasase tres pobos da liña que separa o "só xogamos" do "quero botar un polvo".

Algúns rapaces merecerían ser beatificados por aturar certas cousas...

"Cerdo machista"
Comentários (0) - Secçom: Reflexions - Publicado o 30-03-2007 20:11
# Ligaçom permanente a este artigo
Cómo apostatar
No ano 361, o emperador romano Flavio Claudio Xuliano, coñecido como Xuliano o Apóstata, converteuse na primeira personaxe célebre que renegou do bautismo. Morreu dous anos despois, nunha batalla contra os sarracenos, e contase que antes de finar cuspiu ó ceo mentres berraba: ?Venciches, Galileo, ó fin venciches?.

A día de hoxe tódolos gobernos democráticos recoñecen o dereito a apostatar. A Lei de Liberdade Relixiosa de 1980 deixa ben claro que: ?A liberdade de culto garantida pola Constitución comprende o dereito de toda persoa a profesá-las crenzas relixiosas que desexe ou a non profesar ningunha, cambiar de confesión ou abandoá-la que tiña?.

Dúas cartas abondan para crebá-los nosos lazos burocráticos coa Igrexa:
- Escribir dúas epístolas: unha á parroquia onde se celebrou o bautizo, e outra ó Arcebispado.
- Hai que deixar ben claro nas cartas que o desexo de apostatar é froito dunha decisión ceibe e moi meditada.
- Se ó cabo dun mes non se recibiu resposta á solicitude, hai que pedir cita no Arcebispado, para reclamar que se acelere o tema.
Non poden esixirnos que presentemos a solicitude por medio dun notario. Non é legal. O Arcebispado está obrigado a aceptá-la carta de renuncia. A efectos teóricos, xa se logrou apostatar. A efectos prácticos, iso plasmarase nunha anotación ó lado do noso nome no libro bautismal, que indicará que renunciamos ó sacramento.
- Mais se o que desexas é que tamén se borren os datos do libro bautismal, hai que presentar unha denuncia ante a Axencia Estatal de Protección de Datos.
- Malia iso, é probábel que a Igrexa se negue a eliminar ditos datos alegando que o libro bautismal non é un arquivo de datos. Se se quere seguir até o final, hai que ir aos tribunais. Mais ningunha das partes ten garantido o fallo ó seu favor. Só fica depositar na Xustiza a confianza que non temos en Deus.
Comentários (3) - Secçom: Cultura - Publicado o 29-03-2007 18:28
# Ligaçom permanente a este artigo
Ja en tenim prou
Nos Païssos Catalans tamén están até os collóns dos desmáns do PP na provincia de València, de xeito que están a facer unha campaña ó xeito da feita na Galiza: Hai que botalos.

Ja en tenim prou é un proxecto colectivo, unha plataforma que se formou co obxectivo de producir curtas audiovisuais e un filme pra espallá-la opinión e a crítica e promocionar -dende a independenza de tódolos partidos políticos- o voto progresista para desaloxá-lo PP das institucións o vindeiro 27 de maio.

Ja en tenim prou
Comentários (2) - Secçom: Païssos Catalans - Publicado o 28-03-2007 19:18
# Ligaçom permanente a este artigo
$GA?
- Susiño... e ti que queres ser de grande?
- Eu quero vivir dos cartos dos máis!
- Rei?
- Non oh... funcionario da SGAE!

$GA?
Comentários (4) - Secçom: Denúncia - Publicado o 26-03-2007 18:50
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0