Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Por un Estatuto de Nación

Vídeo documental do BNG que contén un repaso histórico dos distintos estatutos até chegar ao Estatuto de Nación que promove o BNG
Comentários (0) - Secçom: Política - Publicado o 26-11-2006 17:18
# Ligaçom permanente a este artigo
Muiñeira do Afiador
Afiador faenando na rúaBrúa na serra un corisco de morte,
andan os mircos a oubear co frío,
xíase a oreta na xerfa do río
i o arreador sigue sempre o seu Norte.

Pica o Lourén máis que unha caimana
o suor decorre i empapa a guinea
i o arreador sin un folgo canea
bule que bule tras da tarazana.

Canta no chifre unha muiñeira,
arrinca faíscas a faiña que amola
e cando remata vaise cara a tola
para arromanar coa linda toleira.

Non hai para iste home camiños estranos,
maquina d?arreo todalas guchías
i as súas andolias ao longo dos días
avantan bariles polos meridianos.

Dalle así co a roda cen voltas ao mundo,
cambuza a diario tolas e meixúas
e despois de andare por todalas rúas
fundese co a terra baixo un ceo de chumbo.


Vocabulario de barallete:
mircos = lobos
oreta = auga
Lourén = Sol
caimana = cebola
guinea = cabeza
canea = anda
tarazana = roda
faiña = navalla
tola = taberna
arromanar = falar
toleira = taberneira
maquinar = andar ca tarazana
guchía = porta
andolias = pernas
bariles = bo
cambuzar = mudar
meixua = pousada
Comentários (0) - Secçom: Cultura - Publicado o 26-11-2006 17:08
# Ligaçom permanente a este artigo
Nazón, malia a quen lle pese
O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Ramón Barreiro, reiterou que para el Galiza é unha nazón «aínda que diga o contrario o señor Rajoy», o presidente nacional do PP, quen anunciou que recorrerá o Estatuto galego se inclúe este termo.

«Dígase o que se diga e salga o que salga -da reforma estatutaria- nós seguimos pensando que Galiza é unha nación, xa o dixen moitas veces», aseverou Barreiro.

O responsable da RAG pronunciouse así sobre o debate ao redor da definición de Galiza no novo Estatuto de Autonomía despois do acordo alcanzado entre o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o do PPDG, Alberto Núñez Feijoo, que establece que Galiza «non perderá na súa caracterización identitaria nin posición nin status en relación coas nacionalidades históricas».

Barreiro realizou estas declaracións uns intres antes de participar na inaugurazón na Fundación Caixa Galicia na Coruña da exposición «Galiza, a forza da palabra» có gallo do centenario da Real Academia Galega (RAG).
Comentários (0) - Secçom: Política - Publicado o 26-11-2006 17:05
# Ligaçom permanente a este artigo
Paco, o caimán e Perón
Francisco Fernández FilgueirasTrinta anos logo da súa temperá morte, CC.OO. recupera a figura do mugardés Francisco F. Filgueiras, o líder político indiscutíbel na loita clandestina contra a ditadura. Pertenceu á xeración que en 1936 era aínda moi nova, malia que foi mobilizado no 39 polos alzados e enviado á fronte de Levante. Antes, con 16 anos, fixéronlle tragar aceite de ricino polo seu pasado libertario.

É imposíbel achar un testemuño sobre Filgueiras que non sexa eloxioso porque reunía o ser unha persoa moi popular, antigo futbolista, tenor en varias corais, e á vez era o home que, cando pensaban todos que estaba de vacacións en casa de familiares nunha aldea próxima, atopábase en París analizando a situación política coa dirección do PCE. Máximo Gómez, un compañeiro seu tamén mugardés e xa finado, sempre lembraba aquelas corais improvisadas que montaba na lancha da ría, na ruta até Ferrol para ir a Bazán. En 1947, Paco fíxolle esta canción a Franco: No Ferrol naceu o caimán/¡é digno de admiración!/ Non nos dá aceite nin pan/ e é amigo de Perón. Como bo ditador, ao xeralísimo non lle gustaban as bromas. Foi sometido a consello de guerra e encarcerado na prisión da Graña.

Nas reunións clandestinas a súa palabra era lei. Suso Díaz, ex secretario xeral de CC.OO. de Galiza, lémbrao nos veráns: levaba aos mozos á praia e, baixo a aparencia dunha tarde de sol, formábaos politicamente. Tiña gran condescendencia sobre eles.

Bernardo Bastida, patrón maior da Confraría de Ferrol, pertencía a un grupo xuvenil de Bazán que chegou a exporse tomar as armas contra a ditadura nos primeiros 70. Filgueiras presentouse nunha asemblea clandestina do colectivo e dialecticamente desmontoulles a súa estratexia. Outros grupos políticos da época, con todo, deslizábanse pola pendente terrorista. Paco Filgueiras morreu o 2 de setembro de 1976 aos 56 anos cando regresaba a Ferrol no tren que o traía do exilio de Francia onde fuxira tras o 10 de Marzo do 1972. Sufría un tumor cerebral e quixo chegar a ver a liberdade do seu país. O seu soterramento foi o máis multitudinario que se lembra en Mugardos.
Comentários (0) - Secçom: Cultura - Publicado o 26-11-2006 17:02
# Ligaçom permanente a este artigo
Memoria da noite


Memoria da noite - Luar na Lubre

Madrugada, o porto adormeceu, amor,
a lúa abanea sobre as ondas
piso espellos antes de que saia o sol
na noite gardei a túa memoria.

Perderei outra vez a vida
cando rompa a luz nos cons,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar.

Veu o loito antes de vir o rumor,
levouno a marea baixo a sombra.
Barcos negros sulcan a mañá sen voz,
as redes baleiras, sen gaivotas.

E dirán, contarán mentiras
para ofrecerllas ao Patrón:
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar,
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar.

Madrugada, o porto despertou, amor,
o reloxo do bar quedou varado
na costeira muda da desolación.
Non imos esquecer, nin perdoalo.

Volverei, volverei á vida
cando rompa a luz nos cons
porque nós arrancamos todo o orguio do mar,
non nos afundiremos nunca máis
que na túa memoria xa non hai volta atrás:
non nos humillaredes NUNCA MÁIS.
Comentários (1) - Secçom: Música - Publicado o 26-11-2006 16:55
# Ligaçom permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0