Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

O desprezo á memoria
Placa do cemiterio de Serantes
A ÉTICA PERIODÍSTICA DE LA VOZ DE GALICIA
(Feitos acontecidos a un veciño de As Pontes de García Rodríguez)

Recentemente, o pasado sábado 16, cumpríronse 70 anos da morte do meu bisavó. O meu pai, residente no extranxeiro, quixo honrar a memoria do avó Tomás publicando una esquela de cabodano no periodico La Voz de Galicia (edición de Ferrol) e con tal intención redactouna, enviouna a redacción e pagou relixiosamente o precio da súa publicación para o dia 16. Todo isto non tería maior trascendencia de non ser porque o meu bisavó morreu asasinado por un pelotón franquista xunto con 16 persóas mais contra un muro do cemiterio de Serantes un 16 de Setembro de 1936. Alí repousan os seus restos nunha foxa común con moitos, moitísimos mais que foron aniquilados do mesmo xeito bárbaro e cobarde. Por iso o feito da publicación desta esquela tiña un valor moi especial, porque nunca antes tal cousa se fixo, nunca antes ninguen lembrou o que alí aconteceu, nunca antes até agora. Pois ben, pasou o dia e a esquela non foi publicada,... ¿por qué?... dende a redacción de La Voz de Galicia explicaron, a requerimento do meu pai, que o periódico negouse a publicar a esquela "por motivos de ética periodistica"...

A esquela rezaba así...

70º CABODANO DO SEÑOR

Don Tomás Miján Expósito

Músico militar retirado.

Ilegalmente feito preso e asasinado sen xuizo por militares fascistas o 16 de setembro de 1936 aos 56 anos, deixou muller, seis fillos e centos de amigos.

Descansa anónimamente no cemitério de Serantes-Ferrolterra, xuntamente con outros amigos e compañeiros, mártires da loita pola liberdade e vítimas dunha barbarie impune que non admite esquecemento nin reescrituras.
O teu amor pola Xustiza Social, a Música e a Cultura Galegas e os teus esforzos a prol da Liberdade, sempre serán lembrados.
Os teus netos e bisnetos non te esquecen.

Ferrol, 16 de setembro do 2006


Ética periodística???... Pode falar de ética periodística un periódico que se nega a publicar unha esquela como ésta, que honra a memoria das vítimas dunha masacre inxusta e esquecida??, hai algunha "ética" en negarse a publicar sen previo aviso unha esquela que lembraba a tráxica morte dun familiar cuia publicación, ademais, estaba xa pagada?... haina en negarse a publicar a verdade??

O meu bisavó non era ningún criminal, non cometeu ningún acto ilegal... el, como todos os que morreron ó seu lado, foi a vítima da ilegalidade e da barbarie dos criminais fascistas que levaron a este país a unha guerra fraticida na que só houbo perdedores. Os que se negan a ver isto e a recoñecelo escudandose na "ética periodistica" son simplemente uns hipócritas desmemoriados que ainda teñen vergonza de denunciar a cruel e bárbara realidade da que foi vítima todo un pobo fai 70 anos... e que ainda agora é vítima do esquecemento.

A pesar deles, hoxe hai unha placa no muro do cemiterio, unha placa que loita contra ese esquecemento. Tal vez os señores de La Voz De Galicia deberían darse un paseo por Serantes para saber o que realmente é a Ética e para darse de conta de que negarse a lembrar só prolonga a dor e a vergonza polo acontecido.

É hora de coñecer a verdade para que non se repita nunca.
Comentários (1) - Secçom: Cultura - Publicado o 29-10-2006 16:05
# Ligaçom permanente a este artigo
Os celtas que colonizaron Gran Bretaña procedían de Galiza
A ciencia xenética veu a verificar a lenda de Ith. Que o fillo de Breogán entreviu Irlanda dende a torre de Hércules e deu lugar ao seu posterior colonización podería ser algo máis que un mito, segundo os resultados dun estudo que analizou o ADN de 10.000 británicos e que apunta a que os celtas que se converteron na tribo dominante nas illas procedían da península Ibérica. Bryan Sykes, profesor de xenética humana na Universidade de Oxford, dirixiu o estudo e publica esta semana as súas conclusións no libro Blood of the isles. A súa teoría é que fai 6.000 anos estes habitantes da península desenvolveron embarcacións capaces de cruzar o océano e chegaron ás illas británicas. O territorio xa estaba habitado, pero estas persoas foron asimiladas nunha tribo celta maior.

Sykes explicou onte a este diario que os celtas chegados dende as costas peninsulares provirían do noroeste e o norte, «moito máis probable que do Mediterráneo». A pegada xenética máis común nos británicos leva a marca daqueles migradores; a continuación, as máis estendidas son as de tribos escandinavas. Isto significa que, ao contrario do que se pensaba, a orixe dos celtas británicos non se acha en Europa central, senón no noroeste da península Ibérica.

Sorpresa

As investigacións de Sykes apuntan, ademais, a que os ingleses comparten a pegada celta na mesma medida que irlandeses e escoceses, algo que seguramente sorprenderá en Inglaterra, que sempre se viu como un pobo saxón. Sykes é consciente de que agora existe un rexurdir do celta como «oposto a inglés», pero tamén advirte de que «Irlanda e Escocia non poden exercer o monopolio sobre esta cuestión». Os datos obtidos polo estudo constatan a presenza da pegada celta «en toda Gran Bretaña».


«As lendas de tradición celta teñen as súas raíces na realidade»

Bryan Sykes, coñecido por investigacións anteriores como As sete fillas de Eva , retratou grazas á xenética a orixe dos celtas británicos, que sitúa nas costas norteñas da península Ibérica. Aínda que a súa investigación ten unha base científica, o profesor oxoniense tamén coñece as lendas que vinculan Galiza coas illas británicas: «Países como Irlanda contan cunha sólida tradición celta con vínculos a España, como a historia de Mil Espane, e que seguramente ten as súas raíces na realidade».

- De feito, Mil Espane viaxou a Irlanda para vingarse da morte de Ith, quen avistou Irlanda dende A Coruña.
- Si, coñezo esa historia e que dende a torre de Hércules era posible divisar Irlanda nunha clara tarde de inverno. Obviamente, é imposible que desde España se vexa Irlanda, pero os feitos de fai moitos anos, como as migracións, fóronse transformando pola tradición popular até orixinar mitos e lendas.

- ¿Por que os ingleses como pobo non se recoñecían nunha orixe celta?
- Os ingleses tamén comparten un importante compoñente celta, a pesar de que se sostivo a súa orixe saxoa con raíces xermánicas, que os diferenzaba de escoceses e irlandeses. Isto débese a un mito do século XIX que se pode rastrexar até Idade Media cando había un interese, xerado por Enrique VIII, de afastar a Inglaterra do catolicismo. Antes diso sempre se creu que os habitantes das illas eran «vellos británicos», é dicir, os que xa se atopaban aquí antes da chegada dos romanos.

- ¿Por qué non se investiguo até agora?
- Realizamo-la primeira proba exhaustiva de ADN, que antes non sería posible por falla de medios, que nos indica que a pegada xenética dos celtas británicos é moito máis similar á das xentes do norte da Península Ibérica do que se pensaba, e non tanto á de Europa central.

- ¿Coñece Galiza?
- Si, visitei Compostela, aínda que non A Coruña. Tamén percorrín a costa norte dende Bilbao a Santander e recordo que ao ver a todas esas persoas louras e de ollos azuis pensaba que ben podería ter estado en Dublín.

- Tampouco existen moitas diferenzas xeográficas entre ámbolos lugares.
- Son paisaxes moi similares. Estou seguro de que se sentiron moi cómodos cando chegaron ás illas británicas.
Comentários (0) - Secçom: Cultura - Publicado o 29-10-2006 15:47
# Ligaçom permanente a este artigo
Desculpas
Ola xente! Tendes que me desculpá-la ausencia das miñas... penso que xa van tres semanas ou algo así que fai que non escribo.

O caso é que este ano non teño internet no meu piso en Santiago porque os meus compañeiros non o quixeron e tampouco son fillo de ministro como pra pagalo eu só, de xeito que só poderei publicar artigos, novas e reflexións as fins de semana que veña pola casa.

Agardo que me desculpedes por teren isto un pouco abandoado. E veña... agora voume estrugá-los miolos e a ver se poño por aquí algo interesante ;)
Comentários (0) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 29-10-2006 13:04
# Ligaçom permanente a este artigo
Ardores guerreiros
Galiza é un lugar apacíbel que non merece reeditar os tempos do Exército Guerrilheiro.

O máis semellante a Franco trinta anos despois da súa morte non son as parellas da Garda Civil, senón aqueles que tratan de imporse aos máis coa violencia ou fan apoloxía dela. ETA, por suposto. Franquistas non son só os nostálxicos dun rexíme moi lonxano, senón tamén os que defenden dictadores como Castro. Tódolos que amedoñentan aos máis para dobregalos teñen algo de franquistas, aínda que se fagan chamar independentistas, libertadores ou revolucionarios. Ademáis tamén Franco se presentou como un redentor con mostacho, capa e lapelas de pel de armiño.

O gran tema de conversa sobre a democracia con Franco moribundo era: ¿Poderían votar os militares? A conclusión á que chegaba a meirande parte da xente era que non. Porque viñan de medrar nun réxime no que o exército -sinónimo históricamente de forza e violencia- era o Estado. E o Estado non se vota a sí mesmo. Matar, por suposto, poñer unha mochila bomba ou, sinxelamente, intimidar aos que non pensan igual son tres camiños franquistas, porque tamén usan o recurso da forza e a violencia.

Galiza é trinta anos despois de Franco un lugar apacíbel. Unha sociedade tolerante e madura, que fixo unha mostra exemplar de cómo se asume unha transición política democrática, na que se foi Fraga e entrou Touriño. Un lugar no que caben todos, e que non merece reeditá-la ameaza dos tempos do Exército Guerrilheiro con grupos de mozos independentistas que flirtean coa violencia ou a practican con cócteles molotov, reventando caixeiros ou boicoteando a aquelas persoas que, previamente, converteron en símbolos da suposta represión que padece este apacíbel país. Actos de intimidación que, no seu argot, denominan co eufemismo de axitación social.

O arseal dos independentistas atopado en Portugal é unha mostra do que non queremos. Non queremos que a nosa independenza sexa adquirida por mor de sangue de persoas inocentes. O feito de que se atopen arseais en Portugal pódese comparar cós que se atopan en Franza que son da ETA. Coñezo xente que estivo no Exército Guerrilheiro, non hei dicir quen en internet; e sempre din que tiveron a sorte de saír dese mundo e atopar outras afeccións, xa que de non ser así agora sería probábel que estivesen no cárcere.

Galiza non precisa un foco de ardor guerreiro entre as forzas da orde e as organizacións independentistas. Éstas aliméntanse do victimismo para xustificá-la axitación social ou as bombas. O importante do asunto non parece que sexa apuntarse tantos con detencións, senón aplicar con xustiza o Código Penal a tódolos que usen a forza para impoñer as súas ideas aos máis.
Comentários (5) - Secçom: Reflexions - Publicado o 22-09-2006 13:13
# Ligaçom permanente a este artigo
Galiza Celta, a ciencia confírmao
Os celtas que colonizaron Gran Bretaña procedían de Galiza


A ciencia xenética veu a verificar a lenda de Ith. Que o fillo de Breogán entreviu Irlanda dende a torre de Hércules e deu lugar á súa posterior colonización podería ser algo máis que un mito, segundo os resultados dun estudo que analizou o ADN de 10.000 británicos e que apunta a que os celtas que se converteron na tribo dominante nas illas procedían da península Ibérica. Bryan Sykes, profesor de xenética humana na Universidade de Oxford, dirixiu o estudo e publica esta semana as súas conclusións no libro Blood of the isles. A súa teoría é que fai 6.000 anos estes habitantes da península desenvolveron embarcacións capaces de cruzar o océano e chegaron ás illas británicas. O territorio xa estaba habitado, pero estas persoas foron asimiladas nunha tribo celta maior.

Sykes explicou onte a este diario que os celtas chegados dende as costas peninsulares provirían do noroeste e o norte, «moito máis probable que do Mediterráneo». A pegada xenética máis común nos británicos leva a marca daqueles migradores; a continuación, as máis estendidas son as de tribos escandinavas. Isto significa que, ao contrario do que se pensaba, a orixe dos celtas británicos non se acha en Europa central, senón no noroeste da península Ibérica.

Sorpresa

As investigacións de Sykes apuntan, ademais, a que os ingleses comparten a pegada celta na mesma medida que irlandeses e escoceses, algo que seguramente sorprenderá en Inglaterra, que sempre se viu como un pobo saxón. Sykes é consciente de que agora existe un rexurdir do celta como «oposto a inglés», pero tamén advirte de que «Irlanda e Escocia non poden exercer o monopolio sobre esta cuestión». Os datos obtidos polo estudo constatan a presenza da pegada celta «en toda Gran Bretaña».


«As lendas de tradición celta teñen as súas raíces na realidade»


Bryan Sykes, coñecido por investigacións anteriores como As sete fillas de Eva , retratou grazas á xenética a orixe dos celtas británicos, que sitúa nas costas norteñas da península Ibérica. Aínda que a súa investigación ten unha base científica, o profesor oxoniense tamén coñece as lendas que vinculan Galiza coas illas británicas: «Países como Irlanda contan cunha sólida tradición celta con vínculos a España, como a historia de Mil Espane, e que seguramente ten as súas raíces na realidade».

- De feito, Mil Espane viaxou a Irlanda para vingarse da morte de Ith, quen avistou Irlanda dende A Coruña.
- Si, coñezo esa historia e que dende a torre de Hércules era posible divisar Irlanda nunha clara tarde de inverno. Obviamente, é imposible que desde España se vexa Irlanda, pero os feitos de fai moitos anos, como as migracións, fóronse transformando pola tradición popular até orixinar mitos e lendas.

- ¿Por que os ingleses como pobo non se recoñecían nunha orixe celta?
- Os ingleses tamén comparten un importante compoñente celta, a pesar de que se sostivo a súa orixe saxoa con raíces xermánicas, que os diferenzaba de escoceses e irlandeses. Isto débese a un mito do século XIX que se pode rastrexar até Idade Media cando había un interese, xerado por Enrique VIII, de afastar a Inglaterra do catolicismo. Antes diso sempre se creu que os habitantes das illas eran «vellos británicos», é dicir, os que xa se atopaban aquí antes da chegada dos romanos.

- ¿Por qué non se investiguo até agora?
- Realizamo-la primeira proba exhaustiva de ADN, que antes non sería posible por falla de medios, que nos indica que a pegada xenética dos celtas británicos é moito máis similar á das xentes do norte da Península Ibérica do que se pensaba, e non tanto á de Europa central.

- ¿Coñece Galiza?
- Si, visitei Compostela, aínda que non A Coruña. Tamén percorrín a costa norte dende Bilbao a Santander e recordo que ao ver a todas esas persoas louras e de ollos azuis pensaba que ben podería ter estado en Dublín.

- Tampouco existen moitas diferenzas xeográficas entre ámbolos lugares.
- Son paisaxes moi similares. Estou seguro de que se sentiron moi cómodos cando chegaron ás illas británicas.
Comentários (14) - Secçom: Cultura - Publicado o 22-09-2006 12:43
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0