Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

O reflexo da lembranza
Conta a lenda que cando Deus mandou creá-los ríos mandou nacer a tres xuntos na Serra do Xistral. Malia que as fontes manan do mesmo lugar foron amocadas para distintas ladeiras e recibiron a promesa de que cada ano tería un home aquel que chegase primeiro ao mar.

Deulles categorías diviñas, e chamounos con resonancias gregas: Eume o da rampa do poñente, que debía fertilizá-las terras de As Pontes; Landro o da vertente norte, que habería de fecundar carballeiras e facerlles producir landras; e Masma, o da ladeira de raiante, que crearía coa súa chegada ao mar as masmas.

Recén nados acordaron descansar un pouco no camiño... pacto que só cumpríu o Eume. Ó se espertar e decatarse da traizón dos seus compañeiros de viaxe, enfurecido e rebotado, acelerou a súa marcha pola Capela e Caaveiro... deste xeito labrou os fermosos canóns das Fragas do Eume e conseguíu chegá-lo primeiro. Por iso din que tódolos anos se afoga unha persoa nas súas augas.


Esta é a lenda do río Eume que da nome á comarca. Unha lenda que por desgraza ten moito de realidade... ao seu paso por As Pontes xa ten levado consigo moitas vidas, algunhas en estranas circunstancias. E é esta lenda na que se basea o director pontés Roberto Rego para facé-la curtametraxe O reflexo da lembranza, rodada en As Pontes e San Sadurniño.

Sinopse
Laura é unha cativa obsesionada co río por mor dunha lenda que sempre lle contaba o seu avó, morto fai tempo en estranas circunstancias. Laura indagará no pasado e descubrirá un segredo que ninguen debeu acochar, os seus ollos mostraranos a cara oculta que se atopa nos nosos reflexos.

O reflexo da lembranza [Tráiler]
Comentários (2) - Secçom: Cultura - Publicado o 27-01-2007 01:26
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comenta-se que...
1 Non coñecía esa lenda e iso q#blgtk08#ue convivo a diario co Masma.
Dito por a randeeira (27-01-2007 07:15)
2 É que ás veces o que temos máis preto é o que máis descoñecemos...

Eu lembro cando ía eu á escola que nos cartexabamos os da nosa clase cuns alumnos dunha escola de Lesneven, na Bretaña, porque As#blgtk08# Pontes está irmandada con esta vila (ademáis doutra escocesa e unha cubanta). O caso é que nunha das súas cartas nos preguntaron se era certo o da lenda, e precisamente esa fin de semana afogaran dúas mulleres.
Dito por Suso (27-01-2007 14:06)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0