Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

A cervexa galega controlada cun microchip
Parecía ciencia-ficción pero xa está nos bares de Galiza. Os revolucionarios e polémicos microchips RFID entraron no país a través das billas de Estrella Galicia. A empresa cervexeira instalou milleiros destes diminutos trebellos para controlar o rendemento dos seus tiradores. A compañía pode saber así, por exemplo, canto tempo tarda un instalador en colocar unha nova billa. Esta eficaz tecnoloxía é tamén centro dunha gran polémica internacional. E é que o seu mal uso abre as portas para controlar os movementos das persoas e de todo o que mercamos.

Os chips de radiofrecuencia poden verse como unha mestura de código de barras e teléfono móbil. O trebello emite unha sinal radioeléctrica que, cun lector, permite identificar a distancia cada un dos obxectos.

Control do tempo no que se fai cada reparación
Así, os instaladores de Estrella Galicia poden, a través dun sistema de telecomunicacións, enviar á central a "identidade" da billa que están reparar. A empresa tamén pode medir ao segundo canto tempo adica o asalariado a esta labor.

Un dos problemas do RFID é que calquera pode ler a distancia a "identidade" do produto. De triunfar esta tecnoloxía como substituto dos códigos de barras, moitos bens á venda contarán cun chip emisor. Daquela, calquera podería saber, por exemplo, que libros temos na casa e cando e onde os compramos. Abondaría con que apuntase un aparato receptor ás paredes dos nosos fogares.

Patente para seguir as persoas
Este pesimista escenario é tecnicamente posible de seguir evolucionando os chips RFID, que por agora teñen un alcance limitado. Pero IBM xa patentou nos Estados Unidos unha aplicación para a "Identificación e seguimento de persoas usando ítems con RFID". Mesmo se especulou que o Porto de Bilbao os quere implantar para controlar os movementos dos seus operarios. Londres acolle este mes unha conferencia na que xigantes da distribución como Tesco ou Wall-mart presentarán os últimos avances.

Tamén na moda galega
En Galiza, a Asociación Téxtil de Galiza lanzou proxecto de máis dun millón de euros para aplicalos chips na roupa. Sen embargo, a iniciativa está, polo de agora, en fase "redifinición". A falta dun marco legal claro é unha das barreiras cos que se atopou a ATEXGA.

Dende Estrella Galicia argumentan que o seu sistema RFID non prexudica a privacidade dos donos dos bares, malia que non os informa do seu uso. A empresa defende que o que consegue actualmente lendo RFID é o mesmo que lograría anotando os números de rexistro das billas, pero dun xeito máis eficaz e rápido. Por iso planea estender "a curto ou medio prazo" o uso dos chips aos seus barrís de cervexa.
Comentários (0) - Secçom: Gastronomía - Publicado o 23-01-2007 18:53
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0