Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

500 metros XA!
Tódolos galegos equivalemos á poboación de Madrí. Pesamos pouco e témo-la menor taxa de natalidade de Europa, ainda que imos mellorando grazas ós emigrantes.

Hoxe contamos con multinacionais Made in Galiza -polo menos mentres non as vendan todas-, pero non somos un coloso industrial. Económicamente estamos catalogados como renqueantes, segundo proba o que nos manteñen os fondos europeos mesmo trá-la entrada dos modestos países do Este.

Nembargantes, ninguén dubida de que Galiza é un lugar especial, un país que paga a pena. ¿Por qué? Porque ten unha cultura de seu longa e valiosa (cuio mellor rasgo, nunca ben valorado, cecáis sexa un senso do humor espelido e intranferíbel). Porque Galiza ten auga, un ben que cada vez cotiza máis alto. Porque é a reserva verde e forestal da Península. E sobre todo, porque ten un litoral único, pola súa paisaxe e pola súa riqueza.

O modelo Sanxenxo é doado de repetir. En catro anos de ledicias poderiamos sanxenxizar sen problemas Porto do Son, Laxe, Barreiros, Carnota, Fisterra,... Os constructores serán felices. As inmobiliarias de Madrí atoparán leiras virxes pra o seu negocio tras levantar un muro que corre de Tarragona a Málaga. Os veciños aplaudirán, pois a meirande parte considerarán un exitazo empetar cartiños por unhas leiras que tiñan paradas. Os alcaldes gañarán as elecións, pois deixar facer o que lle pete a cada quén, fumarse as leis impopulares que esixen rigor urbanístico e duplicá-lo tamaño do teu pobo aínda da votos. Ademáis, entre promoción e promoción, algo cae no peto dos edís picaróns.

Se gaña todo o mundo, ¿quén perde? Galiza, que tapona o seu mellor valor por un calentón especulativo. Pódese construír con orde, gañando cartos e sen liquidar unha costa única. ¿Marbella ou Menorca? Toca elixir.
Comentários (3) - Secçom: Denúncia - Publicado o 26-11-2006 18:18
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comenta-se que...
1 Aínda que estou de acordo no prinicpal, discrepo no da posibilidade de sanxenxi#blgtk08#zar Barreiros... é imposíbel aquí xa lles adiantamos a hora de invadir a costa.
Dito por A Randeeira (26-11-2006 18:37)
2 Manda carallo! É que o que está a acontecer na Mariña Lucense non ten nome! Eu hai anos que non me achego a esa zona, e claro, aínda a teño en mente unha costa pre-especulación.

#blgtk08#/> Coñezo a unha rapaza de Foz que me contou que ían os de Madrí a mercar edificios enteiros sen preguntá-lo prezo, e agora a xente da vila ten que marchar polo prezo inacadábel que teñen.
Dito por Suso (26-11-2006 18:53)
3 Un dato. Eu levo case toda a miña vida vivindo en Barreiros a máis de 500 metros da costa e vía perfectamente o mar. Agora teño que conformarme con ulilo.
Otro curiosidade, unha das urbanizacións#blgtk08# que se están a facer fixo unha festa de presentación, na que colaborou a Deputación de Lugo, e costou 60.000 euros (trouxeron polo visto xente importante do mundo da música, de OT, un tal Civera, ...)
Dito por A Randeeira (27-11-2006 18:38)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0