Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

En BCN fálase catalán
Está claro que o galego ten un problema en Galiza, porque hai galegos que no fondo non cren o contido desa frase maxistral do popular Xesús Palmou, segundo a cal non se pode amar a Galiza sen amar ao galego. O fácil nestes casos é deixarse levar, secundar o que din os catro de Galicia Bilingüe e que ao galego o parta un raio.

É iso o que debe facer tamén o futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo? Máis aló do seu pensamento individual, suponse que se exerce como presidente de todos non levará á práctica o que di para contentar aos máis radicais do seu partido. De ir por esa vía, estaría facendo historia cunha política curtopracista impropia de alguén que tamén dirixe un partido que se define como galeguista.

Os paradoxos do tempo quixeron que mentres Catalunya mesmo aposta estes días pola exhibición de películas en versión orixinal e pola paridade de copias, en catalán e castelán, das dobradas, en Galiza esteamos a ningunear a nosa propia lingua no seu conxunto, coma se un tesouro así nos parecese un trasto.

O autoodio dalgúns galegos existe, do mesmo xeito que existen galegofalantes que desprezan o idioma no que se comunican, ou galegos que só queren falar castelán, aos que o galego lles parece unha lingua de aldeáns incultos. Pero o feito de que existan e convivan con todos os demais non quere dicir que debamos rirlles enriba a graza. Menos aínda, que fagamos do galego unha fronte de guerra. En realidade, aos catro que se queren cargar o galego facéndose os finos, é moi fácil replicarlles: a xente guapa de Barcelona ?fina onde a haxa? fala catalán, cuxa presenza é, por outra banda, cada día máis notoria nas artes e nos medios de comunicación.

Nun país que ten o galego como lingua propia e no que, segundo o Estatuto, galego e castelán se equiparan en dereitos e deberes, parece surrealista o que estamos vendo, non xa a favor do castelán, que é unha lingua extraordinaria, senón en contra do galego.

Máis de dúas décadas de inmersión lingüística e case un cen por cento de coñecemento da lingua propia de Galiza non poden tirarse pola borda porque o digan catro señoritos de Vigo e Coruña.
A final de contas, a evolución da política lingüística deslizouse desde a inicial normalización de 1983 á maior proactividade do decreto do Goberno bipartito, que se Feijóo o leva por diante dará pé ao primeiro paso atrás da democracia na defensa do galego.

Coa normalización do galego, non se trata, en contra do que dixeron sectores do PP e Galicia Bilingüe, de aplicar unha política paternalista ou de impor a lingua na que temos que estudar ou falar. Trátase, con todos os respectos e toda a contundencia democrática, de ofrecer aos cidadáns e á propia lingua galega unha oportunidade que é súa. De todos. Porque, como xa dixo Castelao, podemos ser competentes en castelán e considerar o galego a lingua propia de Galiza.


Um artigo de José Luis Gómez.
Comentários (0) - Secçom: Língua - Publicado o 07-03-2009 15:22
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0