Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

I need festa
Andaba eu pola rede na procura de musikeo cuando me topei con este vídeo do gran mestre da trikitixa no concerto do ano pasado no mundo celta de Ortigueira, o ano pasado.



Por aí polo medio andaba eu perdido, hehehe. O caso é que coa calor destes dias, o rematar as clases e esas cousas teño no corpo unhas ghanas de festa que non son normais... así que a ver se o señor Pita le isto, ou se non terei que pegarlle unha telefonada, e se presenta con un calendário de festivais, hehe.

Porque, como todo o mundo sabe, se non queres perder nen unha festa do verao, consulta ao Pita e nun instante te di cando cuadran os festivais todos e se fai falla preséntase à porta da tua casa no coche coa maleta chea de Estrellas frescas... chegar e encher!! Isto si que é unha familia macanuda, e o mais caralladas! :)
Comentários (3) - Secçom: Festas - Publicado o 27-06-2008 13:52
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comenta-se que...
1 Hola Susiño, qué tal che vai? Pois hoxe recentemente entrados no mes de Xullo, comezan as festas folk tan tradicionais na nosa terra. O máis fácil era chamarte pero vou poñer aquí as primeiras para que tódolos que non coñecen a zona Terra Chá e Ferrolterra poidan saber datas por se queren asistir. A primeira de todos modos é este sábado no que fago 24 anos, día 5 de Xullo, conto contigo para a festa en As Pontes xunto con Álvaro que tras o loito pola súa nai volve a coller grandes cheas, Iván recen chegado hoxe de Madrid, Carlos, etc.....

Días 10, 11, 12 e 13 de Xullo, Festival de Ortigueira, quizás principal referenta da Galiza en canto a festas de acampada, birra, motxo e concertos folk, aínda que ano tras ano algo enturbiada pola masiva afluencia de xente doutros estilos e culturas non do meu gusto. Aínda así, para quen sabe disfrutar promete este ano con bos grupos galegos e algún irlandes que na miña opinión son boisimos, algúns exemplos son: Malvela (Galiza, día 10), Sondeseu (Galiza, 11), Fía na Roca (Galiza, 12), Moving Hearts (Irlanda, 12; estes incribles duelling chanters e bailes espectaculares), o día 13 son todos bos grupos, pero non sobresaintes, na miña humilde opinión claro está.

---------------------------------------

O seguinte findesemana recomendo visitar As Pontes e mailas súas festas do Carme, bos concertos de música m#blgtk08#oderna, pero por riba de tódalas cousas a posibilidade de coñecer a Suso e máis a min en plena ronda de cubalibres sen descanso.
---------------------------------------

Días 23,24 e 25(DÍA DE GALIZA), a millor festa que polo momento vivín na miña vida, e foron moitas, A FESTA DA FRAGA 2008 en As Pontes, incombustibles amigos de festa e litros e máis litros de alcohol por riba e por dentro. O día 23 denomínase Nabiza Rock, boas actuacións de grupos sobre todo nacionais. O 24 adícase a música folk, con 6 concertos de primeiro nivel.
O 25 merece una liña nova porque é a sesión vermouth máis grande de Europa con máis de 12000 persoas no ano 2007, e despois todo dios ó río eume.
---------------------------------------
Os días 2 e 3 de Agosto, Festival de Pardiñas, o cal é un dos meus favoritos porque sempre ligo, se algunha se anima pode vir falar conmigo, jeje. Un sábado e máis un domingo inesquecibles tirados nunha leira agardando a que as estrelas nos traian os concertos de música folk. Ten o pequeno defecto de que non son venres e sábado pero hai que facer un esforzo para ir de renganche ó choio ó día seguinte.
---------------------------------------
As festas de agosto xa as poño noutro mensaxe segundo se acerque a temporada.

Agardo a túa chamada para o de este sábado e xa falamos.
Un saúdo a todo o mundo.
Dito por PITA (01-07-2008 16:42)
2 Pois vaia familia, que ben me iba levar eu con vostedes. Ti falas e teu primo como un campeón xa contesta. Estouno #blgtk08#imaxinando nunha tenda de campaña con unha nevera de acampada e con cincuenta cerveixas ó seu carón. Que boa xente.
Dito por josé (03-07-2008 16:05)
3 Hola josé, acercaste bastante a miña definición nunha festa, so che faltou mencionar o meu coche, os amigos, o likor do ne#blgtk08#gro café, e máis que non son 50 cerveixas, senón máis ben 150, que as festas non duran un día e non só de pan vive o home.
Dito por pita (04-07-2008 13:06)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0