Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

A Telegaita
Este texto que vou a poñer a continuación publiqueino hai tempo no meu outro blog (http://galegoman.spaces.live.com/) e trouxo discusión longa. Aprobeito agora que a TVG cambiou de logo (por fin) e que semella que veñen novos tempos para republicalo. Mesmo se linkeou no Chuza! e houbo bastantes críticas. De xeito que, antes de botarvos a ler, aviso pra navegantes: Se non tendes senso do humor, non o leades.

A TVG ou Telegaita é unha compañía de televisión de gran prestixio e con programas de indubidábel calidade. A súa fundación foi aló polo ano 1670 a.C., alguns séculos antes da aparición dos televisores. Mentres tanto, adicábanse a prepará-los guións que conformarían as 235 tempadas de Pratos Combinados. É unha canle que se pode sintonizar en Galiza, España, Portugal, Arxentina e Tuvalu Ulterior.

Programas estrela

- Luar: Programa destinado á xuventude que se emite tódalas noites dos venres ininterrompidamente dende 1939, cando Franco chegou ó poder. Entre os seus contidos atópanse: baile de vellos, gaita tocada por vellos, vellos que cantan, tres vellos contando chistes e chamadas a casas de vellos.

- Pratos Combinados: Serie pioneira do humor intelixente. Os seus protagonistas son Miro Pereira, un Homer Simpson de Galiza e o seu cuñado Morris, un anano con gafas. O argumento é o seguinte: Miro e Morris teñen un plan pra estafar aos seus amigos, sorprendentemente vailles ben, alguén ó final descúbreos e rematan fregando os pratos mentres os seus amigos comen empanada e rín. Esta fórmula funciona dende fai 10
anos
.

- O Show dos Tonechos: Trátase dun programa cultural que reflexa a sociedade galega dende una perspectiva intelectual. Os seus presentadores son Tonecho e Tucho, dous expertos da socioloxía galega. De cando en vez alguén remata cunha tarta na cara.

- Xabarín Club: O programa infantil, o mellor da cadea. Foi famoso por Bola de Dragón (cuias traduccións nas cantigas eran do máis fieis á orixinal), Doraemon (ten un peto máxico) e Arale (famoso o seu episodio da Bosta de vaca, Merda de can e Merdiña de paxaro). Tamén se lle atribúe como o impulsor do Rock Bravú nos 90, é dicir, unha especie de Bola de Cristal pero version "cajonaconaquetepariu", desgraciadamente, ó Porco Bravo só o viamos os nenos, e cantigas como Carmiña Vacaloura, Churras, Churras, Churras pero que ghalo é ou Ahí ven Tristón o Mangallón non transcenderon máis aló dos recreos.

- Supermartes: Foi un programa innovador onde os haxa. Antes de que existise Boris, na Telegaita xa tiñamos un presentador con máis pluma que a Galiña Caponata, o inefable SuperPiñeiro un mutante un pouco máis alto que Torrebruno e que tamén amenizaba as tardes aos galegos dende a Radio Galega. A pesar do seu nome non sempre se emitíu os martes. Récord absoluto de tempadas en antena das canles de Televisión en España. Comezou a emitirse fai dous séculos e tiveron que vir os sociatas pra cancelá-la súa emisión.

- En Xogo: é o clásico deportivo por excelencia. O seu parcialismo é obxeto de estudo na Universidade de Harvard. En Coruña cren que apoia aos de Vigo, en Vigo cren que apoia aos de Coruña e o certo é que son máis merengues que Deus. Cabe dicir que o comentarista dos partidos do Celta foi violado de pequeno por un cachalote e por iso fala cun ton de voz moi extrano.

- Zapping Comando: Programa orixinal onde os haxa, onde tódolos actores secundarios das series da TVG fan parodias doutras cadeas, inclusive a súa, inda que pareza que o teñas visto nalgún programa (ex: Homo Zapping) son totalmente innovadores polo que calquera comparación sería unha burda imitacion.

- O Doutor Who (ler O Doutor Ju): serie mítica dos comezos da Telegaita na que un fulano británico de rizos (pode que un parente de Bisbal), con abrigo e bufanda se adicaba ás viaxes entre dimensións utilizando unha cabina de teléfonos. Nesas dimensións atopábase a monstrosos mutantes con cabezas de spaghetti que cuspían blandiblú por tódolos seus poros.

- Perdelo Todo: Programa novo pertencente á "limpeza" que está a facé-lo PSOE en Galiza pra borrar todo o que cheiraba a gañán. Neste programa, sabendo que só van a concursos da TVG rapaces de entre 19 e 28 anos ou de entre 50 e 75 años, todos pertencentes a zonas rurais, ou, no seu defecto, rururbanas (cidades pero en mini, en plan Xinzo de Limia), pois este concurso trata de fallá-las preguntas, polo que estos ghañáns só teñen que respostar ben ó seu xeito. É destacábel o presentador, un saltimbanqui que se cré simpático que naceu en Vigo ou na Coruña, debido ó seu acento pouco arraigado.

- Cifras e Letras: Programa aparecido coa chegada ó poder da coalición de nacionalistas e socialistas (nacionalsocialistas, ergo, nazis) no que o 99,9% dos participantes son estudantes da Universidade de Santiago de Compostela. O outro 0,1 son xubilados. Este concurso serve para meter sutilmente as novas palabras do galego normativizado grazas a dous "mestres": unha con apariencia de fráxil señorita na que se agocha unha verdadeira ninfómana e un señor un pouco modosiño que intenta por tódolos seus medios cepillarse á súa compañeira, algo que nunca logrará, e menos cós seus chistes coa gracia no cú. Destacábel que o presentador viñera representar en Libro de Familia o papel de camareiro-salseiro-rumbeiro-emigrante retornado.

Outros datos

No logo da TVG, podemos apreciá-la presenza do PP... Na cor azul e a silueta da gaivota... ¿non?

Momentos clásicos. Dialogos memorábeis nas películas:

- "¿Cómo?¿Fodiches nela?": Dille o coleguiña a Michael Douglas en Instinto Básico.

- "Bueno, non empecemos a chuparnos as pirolas": Harvey Keitel aos matóns de Pulp Fiction.

- "A rañala, raparigo": O mítico "Sayonara Baby" de Terminator, versión "Jalisia profunda".

- "Para vencer a Austin Powers témoslle que lle roubar o seu... mollo": O Doutor Maligno, xunto có seu Minieu, pra roubarlle o "mojo" a Austin Powers.

- "¿Gustaríache comerme a perrecha?": Juliette Lewis a Tarantino nunha inolvidábel escea de Aberto até o amencer, en coxunto, unha das mellores adaptacións de guión ó galego de tódolos tempos.

- "És un pimpín Son Goku": O super guerreiro Vexeta ao seu super enemigo Son Goku.

- Dí a lenda urbana que en Pulp Fiction existe a frase "Coidado con esa rapariga que estudiou no Peleteiro" (Pele pra os amigos; non confirmado).

Otros momentos memorábeis

- "Papá macho paso de todo tiu": Esta frase, pertencente a Tucho do Show dos Tonechos, foi o vocablo máis repetido por toda a xuventude das areas rurais no 2005, e probábelmente até o 2050. Cabe destacar que ademáis de repetí-lo vocablo esfózanse por poñé-la voz do actor, e no 80% dos casos consígueno.

- "Me cagho na cona que te pariu Ghayoso, hai xente que ten que traballar mañá, carallo" Paisano tras recibir unha chamada do Gayoso de Luar ás 12 da noite.

- "Detesto a miña pixa" Un paciente da serie Nip/tuck (traducida intelixentemente ó galego como Quita e Pon) quéixase do tamaño do seu pene.

- Os comentaristas dos partidos de fútbol da TVG son unha fonte inagotábel de grandes frases: "Vaia ano o de Baiano".

"Palabros" inventados pola TVG e que ninguén máis utiliza

- Padiolas: díse das camillas utilizadas no fútbol.

- Parabéns: díse da felicitación polas razóns que sexa.

- Sobranceiros: díse dos antepasados de alguén.

- Alacante: díse da cidade da Comunidade Valenciana.

- Cecais: din os comentaristas deportivos no canto de quizáis.

- Grazas: expresión de agradecemento en Xunteiro (lingua oficial da Xunta e a TVG), de recente creación; en portugués dise "obrigado", e en galego, castrapo, castelán, chapurrado, curuñés e vighés dise "gracias".

- Calquera nome estranxeiro, como "Kloifer" (Kluivert), "Kokí" (Cocu- leer "co cú"), "Flavio Conseisón" (Flavio Conseição), "Luisón" (Luizão), "Cuman/Coeman/Coiman" (Koeman), "Seidorf/Sedorf/Seadorf/Sidorf" (Seedorf) , "Fan Jal"(Van Gaal) ou "Fran de Bur"(Frank de Boer).
Comentários (10) - Secçom: Humor - Publicado o 21-09-2006 15:39
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comenta-se que...
1 ¿¿¿sobranceiros: díse dos #blgtk08#antepasados de alguén.????
Dito por popipopi (21-09-2006 15:58)
2 A xerga dos xornalistas deportivos é moi curiosa pero non é #blgtk08#exclusiva da TVG. Nas outras canles tamén se poñen as botas.
Dito por A Randeeira (21-09-2006 16:08)
3 No galego normativo os "palabros" existen. Agás "cecáis" (que os cabróns eses pegáronmo de vé-#blgtk08#los partidos XDD) e "Sobranceiros" que sería "Devanceiros", e creo que tamén se dí "Anceios".
Dito por Suso (21-09-2006 17:35)
4 este texto, aparece na INCICLOPEDIA. esta é a direccción http://incicl#blgtk08#opedia.wikia.com/wiki/TVG e por certo, o orixinal está en castelán...
Dito por poisiso (22-09-2006 00:51)
5 Home... pois xa non se pode negar que fago u#blgtk08#n bó traballo de difusión da nosa lingua! :)
Dito por Suso (22-09-2006 01:10)
6 Sen dúbida, porque para traducir todo ese tochazo.#blgtk08#.. seguro que levaches o teu traballo... noraboa!!
Dito por poisiso (23-09-2006 02:29)
7 E mira que eu pensava que tinha sentidinho do humor.... se é teu o texto, que tenho lido na inciclopedia nom o vou maldizer porque nom som quem, a certo que há muitas cousas nas que tes toda a razom, mas há outras nas que o texto tem certo cheiro rancio. Nom me malinterpretes, som dos que penso que o primeiro que temos que fazer é rir-nos de nós mesmos, mas umha cousa é rir-se e outra resgatar esse espiritu "xandasbolista" do que tanto gostam na Espanha quando querem amosar ao mundo enteiro o animais que somos os galegos... que comemos as minchas cruas e matamos o pol#blgtk08#vo a paus.

Publicar esto em blogs galegos tem a sua conha... precissamos de espiritu critico para melhorar o nosso futuro pero publica-lo na inciclopedia.... ainda estou aguardando que alguem faga o proprio com as cousas de seu... se os galegos fossemos tam adiantados para outras cousas como o somos para ponher-nos em evidencia melhor nos iria.

Parabens polo blog (sinto-o som dos que usa esse "palabro" porque forma parte da minha linguagem habitual) e obrigado por permitir que o critiquemos (ves? "grazas" é um "palabro" que nom utilizo).
Dito por gustavo harvey (26-10-2006 06:19)
8 Dende logo que se fosemos tan adiantados pra outras cousas mellor nos iría. Mais eu, persoalmente, penso que a autocrítica é un método excelente pra corrixí-los nosos erros.

Non sei#blgtk08# se coñeces o programa "Somos unha potenzia", de Carlos Blanco. Pois ben, para min os seus monólogos xa son unha referencia a ter en conta. Como el dí: Temos que eliminá-los nosos valados mentáis.
Dito por Suso (29-10-2006 13:29)
9 que o show dos tonechos ec#blgtk08#he o mellor shou do mundo
Dito por borja (03-01-2007 20:04)
10 teño dez anos e sempre o vexo co me#blgtk08#u pai no sofa e sempre rimonos moito
Dito por borja (03-01-2007 20:06)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0