Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

O Godello conquista os EEUU
GodelloMontenovo. Ficade con este nome. Trátase dun viño xa famoso nos EE.UU. A prestixiosa revista especializada norteamericana Wine & Spirits concedeulle o Excepcional Value -Valor Excepcional- pola súa relación calidade-prezo. Este caldo valdeorrés, elaborado exclusivamente coa variedade de uva autóctona Godello, recibíu 91 puntos e foi o viño mellor valorado nunha cata a cegas na que participaban 587 caldos de todo o mundo. Deles, 170 foron recomendados, e só unha dúcia recibiron a mención de Valor Excepcional. O Montenovo foi o único español que mereceu tal distinción. E é que en Galiza hai viticultura máis aló dos albariños e ribeiros. O Montenovo só é un exemplo do éxito que está a acadá-lo viño valdeorrés nos Estados Unidos, especialmente os brancos de variedade Godello. O potencial desta uva autóctona, ligado ó especial clima de transición da comarca e os seus solos de pizarra, dota dun carácter único ós viños desta zona.

A presenza dos viños de Valdeorras nos Estados Unidos é xa unha realidade. A adega ValdeSil, elaboradora do Montenovo, produce 200.000 litros ó ano e a metade van destinados ó mercado norteamericano. O pasado mes de abril Guillermo Prada, xerente de ValdeSil, viaxou a Nova York, Chicago e Boston, onde presentóu os seus viños a sumilleres e xornalistas especializados. Pero ValdeSil non é a única, unha decea de adegas da comarca teñen conquistado o mercado norteamericano e iso é bó para todo o sector porque, como explica Prada, "Valdeorras converteuse na zona de moda en branco nos Estados Unidos". O segredo do éxito de ValdeSil reside non só na elaboración dos viños, senón tamén nun novo xeito de xestioná-las empresas familiares buscando a súa profesionalización. "Temos o mellor dos dous modelos", explica o seu xerente. Guillermo Prada ten só 35 anos e rodeouse dun equipo novo e emprendedor. El formouse específicamente a pesares de seren o heredeiro dunha inmensa tradición iniciada polos seus bisavós a finais do século XIX. De feito, a xoia da coroa de ValdeSil son uns viñedos plantados no ano 1885, cando aínda ninguén confiaba no potecial da variedade godello. Das súas vetustas vides obtense o viño Pezas da Portela.
Comentários (3) - Secçom: Gastronomía - Publicado o 21-09-2006 15:18
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comenta-se que...
1 Unha vez máis o galego trunfa, os nosos productos reciben loubanzas do estranxeiro. Mais aquí seguen vendéndo esa imaxe triste de Galiza, esa imaxe que orixina o clásico comentar#blgtk08#io do galego tontiño que non sabe nin por onde anda:

Galego_tontiño:
"Os independentistas están tolos, onde imos ir nós sen España, que aquí non hai nada"
Dito por popipopi (21-09-2006 15:48)
2 De eses galegos sobraban uns cantos.

Monten#blgtk08#ovo, non o coñecía pero xa me farei cun par de botelliñas.
Dito por A Randeeira (21-09-2006 16:11)
3 Thanks for the#blgtk08# information
Dito por Eivinddiana (04-09-2008 13:21)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0