Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

"Galiza forma a moitos mozos para a exportación"
Mariño, un dos once españois invitados a dar unha conferencia no Congreso Internacional de Matemáticos, foi rexeitado como profesor de Física en Santiago

Vaqueiros, camisola e zapatillas. Así se enfrontou onte Marcos Mariño ó numeroso público que acudíu a escoitá-la súa disertación no marco do Congreso Internacional de Matemáticos.

Experto na abstrusa Teoría de Cordas, nacionalista e de esquerdas, exerce de galego, como amosa o texto da súa camisola (I love polvo, faga o favor de pasarme o sal), pero non foi profeta na súa terra.

Tras doutorarse en Santiago, completou a súa formación en Yale, Rutgers e Harvard, e actualmente traballa no departamento de Física do CERN de Xenebra e no de Matemáticas do Instituto Superior Técnico de Lisboa.

É un dos once españois que teñen o privilexio de pronunciar unha conferencia no congreso.

- Chama a atención que alguén cun currículo como o seu non teña cabida en Santiago
- Irse fóra de España para facer investigación é moi bó, o problema é voltar. Fálase da fuga de cerebros porque os tentan noutros lugares, pero ás veces é o contrario, a xente quere voltar ó seu país e non lle deixan. Eu presenteime a unha plaza de mestre titular de Física en Santiago no 1999 e non ma deron. No 2003 pensei en repetilo, pero non o fixen, porque me chegaron sinais de que non ma ían dar.

- ¿Cales son os motivos?
- Hai persoas no departamento de Santiago que pensan que a liña de investigación na que eu traballo, a teoría de cordas, non é interesante e non a queren fomentar. Non se atende aos méritos dos candidatos, as plazas están dadas de antemán e consideran un desafío se te presentas sen que te tivesen chamado. Por iso me puxeron na lista negra.

- Pero debe ser importante cando a vostede o convidaron a dar a súa conferencia. ¿En qué consiste a Teoría de Cordas?
- É a única teoría que fai compatíbeis a forza da gravidade que describíu Einstein coa física cuántica. Normalmente os científicos ven as partículas como puntos que non teñen dimensións, pero a Teoría de Cordas véas como círculos pechados, como cordas. Isto fai que, milagreiramente a teoría da gravidade e as leis da física cuántica casen. O problema é que aínda non se verificou experimentalmente dun xeito claro.

- É dicir, que o que a comunidade científica considera moi relevante desprézase en Santiago
- Non é moi corrente que alguén doctorado alí, ao que se lle ofreceu un postdoutorado en Harvard e estudou en Yale e Rutgers, que son a élite nos EE.UU., non acade un posto de traballo en Santiago, que sexa máis doado logralo en Harvard que nunha universidade española.

- ¿Desperdicia Galiza aos seus talentos científicos?
- Galiza fixo un enorme esforzo por formar xente que non atopa traballo alí. Pasamos do nivel de subdesenvolvemento 1 ó nivel de subdesenvolvemento 2: Galiza forma moitos mozos para a exportación. Hai un fluxo de xente, deceas de miles de mozos, que non atopan traballo en Galiza. Producíuse unha perversión que consiste en educar a moita xente sen ter un tecido productivo, económico e cultural que se integre.
Comentários (0) - Secçom: Cultura - Publicado o 19-09-2006 16:10
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0