Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Galegos na corte do Rei Carolo
Ó resto de España caémoslle ben, ou cando menos non lle caemos mal. Incluso toleran que sexamos unha miguiña nacionalistas. E todo porque somos pobres. E a pobreza, a non ser que sexa estrema, tende a facerse invisible. Pobres fómolo sempre e, do que é mal, seguirémolo sendo a non ser que atopemos unha bolsa de petróleo nunha desas escavacións do AVE. E, ben mirado, tampouco estaría nada mal dar con algo máis ca castros, mámoas e trisqueles cada vez que furamos a terra nai.

Somos pobres, digo. O noso PIB non chega ó 5% da cifra estatal, e por aí anda tamén a porcentaxe que representa a nosa poboación. A data de hoxe, a nosa renda per cápita só supera á dos andaluces, estremeños e casteláns-manchegos; pero eles levan trinta anos cos accesos rematados e, no caso andaluz, con AVE incluído. Somos pobres, e por riba poucos. Se foramos moitos, aínda sendo mais pobres, teriamos máis peso político xa que as papeletas democráticas pesan igual sexa cal sexa o peto do que as depositou.

Somos pobres, insisto. E sen embargo, temos tres ministros no novo goberno estatal ?o que representa unha cota do 18% do Consello de Ministros-, temos a José Blanco ?creador e señor de todas as cousas socialistas, entre elas o presidente Zapatero-, temos a Rajoy Brey ?xefe da outra metade de España-, temos a monseñor Rouco Varela ?xefe de todos os católicos españois, é dicir, de case todos nós- e, ¡recoiro! aínda temos a don Manuel aboiado polo Senado, que por certo preside tamén unha galega. Mirado así, ¿a que non parece que sexamos tan pobres e tan poucos?

Porén sómolo e seguirémolo sendo. Porque unha cousa é ser dun sitio e outra moi distinta exercer de tal. Unha cousa é ser cristián porque alguén che meteu de pequecho a cabeza na pía sacra, e outra moi distinta ir á misa e gardar os preceptos. José Blanco, Isabel Espinosa, Cesar Molina, Elena Salgado, Rajoy Brey, Rouco Varela, Manuel Fraga, Abel Caballero, Carmela Silva, incluso o futuro Papa, son galegos ?¡que duda cabe!?, que diría o mítico Arsenio de Arteixo. Pero só porque o azar quixo que viran as primeiras luces do mundo nalgún recuncho de Galicia. Pero punto, aí para de contar. Porque Galicia non representa unha prioridade nas súas vidas mais aló dun sitio onde pasar unha tempada de sol, marisco e lecer, un lugar tranquilo onde sobrelevar os achaques da xubilación ou, ó fin, o nicho familiar onde ser soterrado despois dunha vida ó servicio do basto imperio.

É por eso que cando a nova Presidenta do Senado confesa que o seu nomeamento ?é bo para Vigo e para Galicia?, un pregúntase: ¿e por que diaños ten que ser bo? ¿Porque vostede o di, así sen mais? ¡Canta fachenda e afouteza!, señora Carmela Silva. Primeiro demóstreo, e logo falamos. Porque tamén o comandante Cerillita era galego e non fixo nada por Galicia en corenta anos. E no só eso, que tivemos que mercarlle o Pazo de Meirás porque senón nin nos viña ver, o moi trangallas.


Um artigo de José Luís Sucasas.
Comentários (2) - Secçom: África - Publicado o 08-05-2008 17:01
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comenta-se que...
1 Potted vegetation would definitely be a all natural weather more eff#blgtk08#ective and would greatly reduce the popular gym floor odour.
Dito por chanel replica (11-07-2014 08:51)
2 Most of the men desire to buy branded watches in order to enhance their looks and #blgtk08#personality. Different types of brands are available who sell luxury timepieces.
Dito por replica hublot (09-12-2014 07:07)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0