Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

I Certame Letras Galegas 'As Boliqueiras'


Bases do concurso As Boliqueiras


A Mesa pola Normalización Lingüística das Pontes convoca o 1º Concurso de ensaio 'As Boliqueiras':

- Poderán concorrer a este premio rapaces e rapazas de idades comprendidas entre seis e dezaoito anos, residentes nas Pontes que presenten os seus orixinais en lingua galega. Os textos presentados han ser inéditos e totalmente orixinais.

- De cada orixinal presentaranse dúas copias. A extensión máxima será de tres folios mecanografados a dobre espazo en letra Arial tamaño 12 polas dúas caras antes do día 30 de Abril no apartado de correos nº 163 ou na Biblioteca Municipal (Avda. Castelao s/nº).

- Co orixinal, que deberá presentarse baixo o lema, adxuntarase en sobre pechado, o nome, enderezo e teléfono do autor/a indicando no sobre: para Concurso As Boliqueiras, o lema e a categoría.

- Establécense dúas categorías:
A - Rapaces/as de idades comprendidas entre 6 e 12 anos.
B - Rapaces/as de idades comprendidas entre 13 e 18 anos.

- Temas:
* Categoría A: POR QUE NON FALAMOS GALEGO? CAL É O PROBLEMA? COMO SOLUCIONALO?
* Categoría B: POR QUE AS NOVAS XERACIÓNS NON FALAN GALEGO COMO OS SEUS PAIS E OS SEUS AVÓS? PROPOSTAS PARA RECUPERALO.

- O xurado estará composto por equipas de normalización lingüística das escolas das Pontes, un representante do Concello e un da Mesa. Correspóndelle ao xurado a interpretación destas bases. O seu fallo será inapelable. O premio poderá quedar deserto.

- O xurado emitirá o seu fallo o día 16 de maio no curso dun acto que se celebrará no Cine Alovi.

- A participación nesta convocatoria supón a total aceptación das presentes bases.
I Certame Letras Galegas As Boliqueiras
Comentários (0) - Secçom: Língua - Publicado o 19-04-2008 13:39
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0