Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Sangría humana
Emigración1.130.000. Ese é o número de habitantes que perdeu Galiza por mor da emigración a América entre 1835 e 1970, segundo os cálculos que fixo públicos onte o mestre da Universidade de Vigo Alexandre Vázquez González no congreso internacional Galiza: éxodos e retornos, que organiza o Consello de Cultura Galega.

Segundo este experto, entre as dúas datas citadas rexistráronse dous millóns de saídas e houbo 870.000 entradas. A cifra resultante determina unha perda demográfica de 1.130.000 persoas, unha sangría que, nembargantes, non inclúe a marea de emigrantes a Europa que se producíu a partires dos anos sesenta do pasado século.

Na opinión do tamén mestre Francisco Durán Villa, esta emigración foi moito menos estudada que a dirixida a América. Durán Villa asegurou que unha das súas características foi a "irregularidade", inda tratándose dunha "emigración oficialmente asistida". Afirmóu que, lonxe de teren desaparecido có paso do tempo, o fenómeno prosegue na actualidade.

Só que agora é "xente nova, cualificada e titulada" a que ten que facé-las maletas e irse.
Comentários (3) - Secçom: Sociedade - Publicado o 28-08-2006 17:46
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comenta-se que...
1 Por desgraza é xente nova en xeral, non só os titulados. Eu coñezo bastantes casos de rapaces que tiveron que emigrar, sobre todo a Can#blgtk08#arias, para traballar na hostelería e na construcción porque ás diferenzas en canto a soldos e condicións de traballo son moi elevadas.
Dito por (28-08-2006 18:01)
2 se lle pos acentos ou eñes ao nome das #blgtk08#fotos non se ven,

sorte
Dito por ana (29-08-2006 10:14)
3 Hei, moitísmas gracias Ana! :)
Creo que era por mo#blgtk08#r diso polo que non me deixaba, tiña todas con algún til.
Dito por Suso (29-08-2006 11:20)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0