Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Os parvos
Os persoaxes parvos son idénticos no falar. Posúen a memoria dos papagaios ou dos gramófonos, e a intelixencia dos monos. Levan a alma uniformada con adobíos baratos. Viven espiritualmente ?de gorra?. Débenlle as ideias a calquera libro de testo e débenlle o señorío a calquera xastre. Gostan do Casino de caballeros, das ?terrazas do café?, dos ?paseos de moda?. Militan en partidos de ?dereita? e soñan coa volta do pasado. Estarían mellor en Madrid que no mesmo Ceo. Son monecos parlantes de fabricación nacional. Están feitos en serie, por Real Orden publicada na Gaceta.

Estes personaxes obedecen á súa condición de parvos, e odian o galeguismo, sen teren capacidad para comprendelo. Adoran o Estatuto unitario e centralista, ou sexa, a ?sagra unidade da patria? (verbas máxicas, capaces de faceren parvear a calquera, incluso a un intelectual). Creen que as autonomías sempre rompen a unidade da súa patria, que é unha boliña que lle meteron na cabeza cando eran nenos. Creen que falar castelán é falar ben e falar galego é falar mal. Creen que os monárquicos son máis hespañoes que os republicanos. En resume: creen todo canto creían os seus difuntos fabricantes.

A mentalidade dos señoritos parvos concorda coa mentalidade das señoritas cursis. Ambos os dous disimulan o acento nativo e fían o seu señorío na standarización dos modos e maneiras. Ambos os dous afincan o seu orgullo no traxe que levan posto. Viven en mundos tan arredados do noso que non debemos concederlles a categoría de adversarios.

Irmáns: Fuxide sempre dos parvos. Non vos arrimedes a eles, porque poden roubarvos algo da vosa razón e transmitirvos a súa parvada. Deixádeos pasear, falar, danzar e medrar no seu mundo. E se algún parvo chega a ser autoridade non mostredes asombro, porque son cousas do sistema que combatimos e dos tempos en que nos cadrou vivir.


Castelao. Sempre en Galiza. Adro, IX (páxs. 28-29)
Comentários (0) - Secçom: Sempre en Galiza - Publicado o 22-06-2007 16:15
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0