Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

La canción del verano
O Guararey tivo presenza destacada no último mes na blogosfera, mais a medida que se achega o verán as candidatas a ?canción del verano? aumentan. Se ben na Galiza aínda é unha incógnita cal pode ser, no Estado as cousas comezan a tomar trazas...

Digo o da Galiza como caso especial porque o ano pasado, e grazas a unha lixeira menor presenza de auto-odio, creouse o concurso A Polo Ghit, que en realidade non tivo grande éxito, pois a cidadanía galega avogou polo reintegracionismo e A Cabritinha de Quim Barreiros foi a clara triunfadora do verán galego.

Esta semana púxenme un pouco ó día visualizando na TV Sé lo que hicisteis... e Buenafuente, e fixen acopio e difusión por medio da miña TuboPáxina de posíbeis grandes ?hits?. Sen dúbida o YouTube trocou o noso xeito de vé-lo mundo e abriunos as fronteiras, por exemplo, das bondades da música ecuatoriana... si, son cumbias de toda a vida, mais as letras non ten nengún desperdizo.

Qué precisa unha cantiga para sé-la máis escoitada do verán? En realidade nada... abonda con agardar a que a xente, acalorada polo sol, se embriague de licores varios e cando xa non lle rulen os miolos os pinchas inxéctanlles unha dose de música ?chispún chispún? chicle, desa que é mastigábel miles de veces, mais intragábel. Ten que ter unha base pegadiza, unha letra facilona e, imprescindíbel, teñen que saír no videoclip cachondas a mans cheas (chamádeme machista se queredes... mais prefiro iso a ter que ver unha manada de maromos refregándose entresdeles).

Velaquí algunhas das candidatas:

- Os Hermanos Carrión foron os creadores desta perla. Son uns ecuatorianos cumbieiros que nos presentan unha coidada posta en escea... non sei por que é que me lembra a esas orquestras de non hai moito que levaban unhas chaquetas de ?lentejuelas? de cores que eran o colmo do horterismo.

Hermanos Carrión - El Guararey


- Ao parecer as féminas víronse ofendidas por tan sublime creación (hai... a eterna guerra de sexos! Esa loita de contrarios que nunca remata...) e decidiron contraatacar. O Grupo Deseo (que consiste nunha chea de cachondas que menean os seus mazizos corpos mentres fan que cantan... Veñen sendo as Sex Bomb ecuatorianas. Respostáronlles aos irmáns Carrión creando a frase máis bruta que nunca escoitei en cantiga algunha: ?Algunos padres se creen que sus hijos son bien machos... cuántas veces habrán puesto boca abajo a los muchachos?.

Grupo Deseo - El Guararey


- Pero estas féminas non só saben contraatacá-lo dano feito contra o orgullo feminino (realmente alguén se pode ofender con estas... ?cousas??), tamén son quen de creá-las súas obras de seu... é así como nos amosan que son amantes da natureza e teñen adoptado un coelliño.

Grupo Deseo - Mi Conejito


- Teño eu feitas miles de brincadeiras sobre o ataque ó World Trade Center, a cada cal máis bruta (si, son un deses tipos que fan humor negro), mais teño que confesar que o señor Delfín Quishpe dáme mil voltas.

Delfín Quishpe - Torres Gemelas


- Tamén poderíamos meter entre as candidatas a esta perla... se o que pretendemos é traumatizar ós mozos que se sobrequentan nas discoteques coa calor, os corpos apenas tapados, os licores varios e o roce dos corpos, un gran xeito de evitar embarazos non desexados.

Las Hijas de la Tigresa del Oriente - Que viva el amor


- E si... eu tamén me preguntei de onde sacarían ese nome para o seu grupo... velaquí a resposta:

La Tigresa del Oriente


- Pero xa abonda de importar á Europa cantigas latinoamericanas... aquí tamén temos xenio creador dabondo para crear grandes obras. Da mesmísima España sae unha cantiga baseada nunha personaxe clásica dos chistes españois: Jaimito. Que digo eu... se queren rematar co absentismo e o fracaso escolar abondaría con poñer mestras como a de Jaimito, non? Asegúrovos que non había haber alumno que estivese na clase mirando ás musarañas... todo o mundo atendendo á mestra!
Lémbrome agora de dúas mestras que tiven eu, un pouco do xeito da de Jaimito... e asegúrovos que nunca tanto interése puxen nas clases de lingua española (o meu amigo Anxo, que sentaba ó meu lado, ría toda a clase porque eu estaba todo o tempo mirando ó cu daquela impoñente pelirroja [cómo carallo se di ?pelirroja? en galego?? xa tiven esta dúbida hai un par de meses cando andaba unha ídem tras de min]) e nunca tantas ansias tivemos eu e os meus amigos en ir á escola de idiomas a aturar unha hora de inglés coma cando viñera a sustituí-la nosa mestra aquela loira... que andabamos todos pendentes do reloxo a ver cando era hora de ir ás clases...

Jaimito is in da house


- E para rematar... a menos repetitiva de todas. É incríbel, mais a tipa canta durante catro minutos sen repetir nin unha soa verba. Vina a primeira vez vía Yonkis e logo repetírona taitantas veces en Buenafuente; logo foi a protagonista do videoclip ó programa e confirmeino... esa muller está ?de toma pan e molla?!! Ademais é italiana... bufff como me poñen as italianas!!! Cando din iso de ?alora?... Deixo o tema que me emociono. Un saúdo a María Antonia!! :) e tamén a Estella!! :D

Tata Golosa - Micromanía
Comentários (6) - Secçom: Música - Publicado o 15-06-2007 18:50
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comenta-se que...
1 Creo que "peliroxo" en galgo se di roxo. Moi bo artículo, non #blgtk08#sabía iso do concurso de vieiros, está moi ben a idea, saúdos.
Dito por Nesinho (16-06-2007 00:15)
2 Vostede vai a acabar comigo... ¿de onde saca esas cousas? ¿porque tanta crueldade con nós os seus fieis lecto#blgtk08#res? porque todo isto? PORQUEEEE, PORQUEEEE...? (aqui poña unha fervenza de bágoas de desesperación)
Dito por Doutora Seymour (16-06-2007 00:15)
3 Dende logo, atopas cada cousa pola internet... Non te chamarei machista, #blgtk08#porque coas perliñas que saen nos vídeos, desprestíxanse elas sousiñas...
Dito por A do outro lado (16-06-2007 19:17)
4 Ás veces poido chegar a ser moi cruel Doutora...
<#blgtk08#br /> Nesinho, xa andiven a investigar... dise roiba :)
Dito por Suso (16-06-2007 19:31)
5 Acabo de meter os dedos no enchufe, a ver se cun electroshock consigo que as miñas neuronas acorden. Por qué non lle darán a medalla do congreso ao Delfín ese? coa súa sentida homenaxe, xuro que chorei, e non de risa.
"Pelirrojo" dá pe a un deses "#blgtk08#falsos amigos" que teñen ás veces as linguas. Na miña terra dise "rubio" a quen ten o pelo encarnado, e "roxo" a quen o ten loiro, cando en castelán ben podería ser ao revés. Peor foi unha vez que escribín algo sobre o fío dunha meada, e chamáronme porco.
Dito por O'Padín (16-06-2007 22:58)
6 Dende logo Delfín sabe facer unha "homenaxe" sen ferir sensibilidades...
A conto disto lembreime dun conto sobre os grandes superheroes dos USA:
- Super-man, que sobrevoa as Torres Xemelgas.
- Spider-man, que trepa polas Torres Xemelg#blgtk08#as.
- Musul-man, que atravesa as Torres Xemelgas.
hehehe

E as "rubias galegas"... non tiran máis a castaño?? haha. Eu tamén o teño escoitado coma ti dis, deume por mirar no dicionario RAG que teño na casa e poñía Roibo=Rubio.
Dito por Suso (17-06-2007 19:54)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0