Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Os vellos galegos
Lémbrome dos galegos vellos que andan aboiados polas rúas cibdadáns. Parecen superviventes dunha gran catástrofe. Asáñanse coa ledicia dos rapaces, e refúngalle esta vil sentencia: "¡Xa chegaredes a vellos!" E os rapaces non dan creto.

Eles foron os supersticiosos do progreso. Adoraban o misterio da electricidade no miragre do arco voltaico, creían que a cultura viña polos aramios, ollaban nas máquinas a salvación do mundo, e para eles a letra de molde non podía mentir. Andan vestidos á moda que acaba de pasar, fuxen da raxeira do sol tapándose con sombrillas, falan castelán por señoritismo, desprezan a cencia dos labregos e mariñeiros, pintan de aluminio os balcóns da súa casa e síntense moi orgullosos de que nas alamedas da súa cibdade medren as palmeiras de África.

Eses vellos endexamáis ouviron falar a Antolín Faraldo i esqueceron o nome de Alfredo Brañas. E cando nos escoitan a nós, perguntan alporizados: "¿Que andan a decir eses tolos?"

Os nosos vellos son galegos e non o saben, porque sempre viviron nun mundo de mentiras e artificios, fóra das realidades íntimas, como arañas pantasmaes que tecen o esquecimento da súa propria eisistencia. Non; non é posible que estes vellos nos comprendan.

Eu teño mágoa de non velos ao redor da nosa obra, regalándose co noso traballo, axudándonos co seu ollar ledicioso, Eu quixera que amostrasen o orgurllo da súa vellez e que poideran decirnos: "Somos vellos porque fomos novos". Pero eles non tiveron mocedade.

Eu quixera ver detrás dos galegos vellos unha rolda de parados, a rillaren as angurias de non poder axudarnos, ou envexosos da nosa ventura biolóxica. E que os incapaces ou perguiceiros arelasen chegar a vellos para poder asistir con dinidade ao traballo dos mozos.

Endebén, podemos felicitarnos de que os vellos que andan agora polas rúas galegas son os derradeiros sobreviventes dunha época que non volverá.

Cando nós sexamos vellos iremos ver o traballo dos mozos e animarémolos coa nosa ledicia. E cando rematen unha obra tomaremos parte no albaroque do ramo.


Castelao. Sempre en Galiza. Adro, VII (páxs. 23-24)
Comentários (4) - Secçom: Sempre en Galiza - Publicado o 10-06-2007 15:41
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comenta-se que...
1 "Cando nós sexamos vellos iremos ver o traballo dos mozos e animarémolos coa nosa ledicia."

Ogallá ... pero sinto unha especie de voz interior bastante impertinente que me di que os que hoxe son eses vellos foron algunha vez mozos... e pensaron cousas parecidas para a súa vellez.

Supoño que se vai avanzando co tempo, e algúns comportamentos van-se desterrando. Pero de todolos xeitos a madurez leva consigo unha incomprensión (maior ou menor) dos costumes dos que nos seguen.

Eu fun ben mozo nos 80-90 ... agora non é que sexa un carcamal, teño 40 anos, e recordo que unha vez pensei o que hoxe leo neste blog. Agora, co paso dos anos, ainda penso parecido... pero desenrolei unha pequena intolerancia ás... niñerías, non sei se hai verba galega para iso pero a palabra castelá defíneo perfectamente. Hai un in#blgtk08#tre lín niñerías semellantes perpetradas por un imbécil nesta bitácora, que cre que falar en galego significa impedirlle a él que fale castelán. E síntoo ... con esas cousas non podo. Co pensamento facilón e sinxelo non podo. Coas cousas ben masticadiñas para consumo rápido non podo. Coas mensaxes en SMS particularmente non podo.

(E de paso que inserto este comentario, por favor deixádeme promocionar a estrea da serie Heroes na TVG... creo que o propietario do blog enlazou un video que puxen en YouTube das promos que estamos a facer na canle autonómica, e ben feito por certo... pero xa que estou poño, co voso permiso, a páxina onde atoparedes cada certo tempo material actualizado. Fin do off topic, e grazas por deixarme inserta-lo ... se dalgún xeito é problemático, borrádeo sen problemas, non penso acusar de censura :) )
Dito por Yabba (10-06-2007 21:29)
2 Esquecín mencionar que o enlace á páxina da que falaba o atoparedes pulsando no meu nick, ou copian#blgtk08#do esta dirección :

http://www.youtube.com/HeroesTVG

Grazas de novo.
Dito por Yabba (10-06-2007 21:31)
3 pareceme que todos merecemos un respeto eu non cheguei ainda a vella pero cando chegue gostariame que o meu fillo m#blgtk08#e entendera,non creo que haxa nengunha persoa igual a outra,agardo que o entendas porque de verdade que me doeu
Dito por maria (11-06-2007 15:05)
4 Quen lese o texto profundizando no seu fondo decataríase de que a idea principal é que o esprito que se precisa é o de "Somos vellos porque fomos novos" no canto do de "Xa chegaredes a vellos". O optimismo fronte ó pesimismo.

P#blgtk08#or certo, quen escribíu isto non foi servidor aos seus 21 anos, senón o señor Afonso Daniel Rodríguez Castelao ben entrada a súa madurez... mágoa que non haxa máis xente que identifique madurez con optimismo no canto de pesimismo existencial.
Dito por Suso (11-06-2007 17:59)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0