Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Quen pode salvar Galiza?
Xa voltei do mitin e xa sei que os socialistas teñen preocupación de resolver os problemas desta terra de latifundios, rexida por un bárbaro sistema feudal. Os oradores falaron ao corazón dos ?castúos? e déronlle a espranza dunha vida mellor. Tamén falaron ao meu corazón de home. Pero saín do mitin a cavilar na desventura dos labregos de Galiza, que non son obreiros nin patróns, que non poden avencellar os seu problemas vitaes á preocupación dos grandes partidos de clase, e que, polo tanto, verán as súas reivindicacións ao marxe do balbordo revolucionario que inza esta Hespaña anacrónica, detida no réxime patrimonial que tivo por orixe a usurpación e conquista. ¿Pode acaso o Estado centralista, fillo destes páramos calcinados, preocuparse doutra cousa que non sexa o de transformar a estrutura dos seus latifundios, sacándolle a terra a quen non a traballa, para construír, por fin, a clase agrícola que necesita? Non; o Estado actual non ten lecer para ocuparse do problema minifundista de Galiza, anque este apareza tinguido de terribles inxustizas e o seu desarranxo teña doada solución con sóio aceptar a necesidade dunha reforma múltiple. Pero como Galiza non é unha estepa e os seus problemas son minoritarios, quedará sempre excluída do ?intrés nacional? en canto a Lei sexa única.

¿Quen pode pois salvar a Galiza? Galiza mesma. ¿Como? Cun gran partido político nidiamente galego. ¿E para que? Para que a nosa Terra conquira o dereito a lexislar para si mesma. ¿E cando contaremos con ese gran partido? Cando os nosos labregos abran os ollos e deixen de votar a quen non comprende a nosa diferenciación.


Castelao. Sempre en Galiza. Adro, IV (páxs. 19-20)
Comentários (0) - Secçom: Sempre en Galiza - Publicado o 09-06-2007 02:14
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0