Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Castelao e eu
Dixen hai uns días que comezara a ler Sempre en Galiza... pois ben, canto máis adiante vou máis alucino... e de novo digo que non porque considere esta obra unha xenialidade superior, senón unha sinxelísima xenialidade, froito dos pensamentos máis lóxicos e máis sinxelos que se poidan ter; pensamentos sinxelos ós que non se chega por medio dunha idea fugaz, senón dun meticuloso proceso de aprendizaxe que se prolonga até o infinito, pois tal e como pretendían os filósofos gregos, pra chegar ó SER, á esencia mesma de algo, hai que partir da Apariencia para, quitando capas por medio das ideas, chegar á Esencia.

Estou alucinando porque os argumentos expostos no libro téñoos utilizado eu centos de veces para rebatir ideas. Aínda a semana pasada estiven a discutir con alguén que me dicía que había que impoñer unha língua internacional para mellorá-las relacións socioeconómicas, e para máis inri dicía que debía de sé-lo inglés (o de ?para máis inri? dígoo porque eu sei inglés e esta persoa non); pois ben... tras unha longa discusión logrei facer entrar en razón ó individuo, non o convencín, pois eu cando discuto algún tema nunca trato de convencer, senón que lle amosei a realidade e a lóxica aplastante que esta traía consigo. Pois ben... hai dos dias, á noite, ó deitarme, collín o libro e iniciei e lectura... e... sorpresa! Ese tal Castelao facía unha esposición case idéntica á que eu lle fixera a esta persoa, empregando mesmo os mesmos exemplos.

Tras esta grata sorpresa decidín que vou facer unha nova sección na bitácora, de nome obvio, na que irei escribindo en orde cronolóxica segundo atope tempo e ganas os fragmentos desta obra que considero máis importantes de xeito íntegro. Non só estarei expoñendo a visión de Castelao, senón tamén a miña :)
Comentários (0) - Secçom: Sempre en Galiza - Publicado o 09-06-2007 02:14
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0