Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Desocupazón dun territorio indíxena no Brasil
Estado de RoraimaO Supremo Tribunal Federal, STF, do Brasil ditou este luns unha sentenza que despexa a vía para a creazón dunha das maiores reservas indíxenas do Estado. O territorio conta con numerosas plantazóns arroceiras nas que viven uns 7.000 colonos no indios.

Os maxistrados do principal tribunal brasileiro rexeitaron un recurso que cuestionaba o decreto do presidente Luiz Inácio Lula da Silva que homologaba en 2005 a creación da reserva Raposa Serra do Sol, un territorio indíxena na Amazonia con 1,7 millóns de hectáreas.

A decisión resolve que os arroceiros que permanecen na reserva amparados por decisións xudiciais teñen que abandonar o territorio situado no estado de Roraima, no norte do Brasil e fronteirizo coa Venezuela.

Ameazas dos arroceiros
De negárense eses cultivadores de arroz a obedecer a orde de desaloxo, a Fundação Nacional do Índio, FUNAI, pode autorizar o uso da forza para expulsalos.

"Durante 30 años loitamos para que esas áreas fosen transferidas ás comunidades indíxenas. Foi unha loita moi difícil na que moitos dos nosos sufriron a morte e as ameazas dos arroceiros", sinalou Terencio Salamao, líder da etnia Wapixana.

A Raposa Serra do Sol posúe unha poboazón de 18.751 indíxenas que viven de acordo coa súa organizazón social, usos, costumes e tradizóns en 194 comunidades dos pobos Macuxi, Taurepang, Patamona, Capon e Uapixana, e é a segunda maior de Brasil, despois da que teñen os Yanomami (9,6 millóns de hectáreas), tamén en Roraima.
Comentários (0) - Secçom: América Latina - Publicado o 09-06-2007 01:48
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0