Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Wallmapu Ceibe!!
Bandeira MapucheCeleste Carilao é representante do partido político mapuche Wallmapuwen, que representa un pobo cunha lingua, cultura e territorio de seu pero non recoñecidos oficialmente, e dividido entre dous Estados: Chile e Arxentina. Carilao estivo viaxando por Europa durante estes últimos días para coñecé-la situazón que viven outras linguas e culturas minorizadas e poder aplicá-las experienzas no seu país.

A súa viaxe comezou na Bretaña, logo en Euskal Herria e finalmente na Galiza, onde remata o seu percorrido. Convidada pola Mesa pola Normalización Lingüística, Celeste Carilao participa nunha conferenza o sábado á mañá, co gallo de difundí-la situazón que vive a súa nazón e para tentar crear en Wallmapu unha asociazón semellante á Mesa.


Enquisa a Celeste Carilao:

Cal é a situazón da lingua mapuche no seu país?
A situazón é bastante complicada. Cada vez hai menos falantes. Dunha poboación de 600.000 habitantes só a falan 100.000 persoas, aproximadamente. A maioría son persoas adultas, de a partir dos 30 anos. As novas xeracións xa case non a falan. Non estamos recoñecidos como pobo polo estado chileno, e moito menos como idioma. Agora está a retomarse a reivindicación como pobo. Até agora o idioma era algo instrumental e o máis importante era recuperar a terra. Pero cada vez vai acadando máis prestixio.

Agora que está de visita no noso país, como ve o status do galego?
Creo que hai máis avance en Galiza, porque a lingua ten un instrumento xurídico. Nós non. Estamos aínda comezando, porque a historia do pobo mapuche foi moi triste, dende a ocupación do territorio por Chile e Arxentina. Os movementos están tendo cada vez máis forza. É algo recente.

Cando comezou ese rexurdimento do mapuche?
Despois da ocupazón, denominada ?pacificación? en Chile, comezaron a aparecer organizazóns, que existiron até o goberno de Salvador Allende. Logo chegou a ditadura, que provocou a súa desaparición. Coa volta da democracia, a comezos dos 90, o movemento mapuche volveu cobrar forza. Antes era un movemento puramente indíxena, pero agora é máis nazonalista. Somos un pobo, unha nazón. Temos un territorio, un idioma, e resistimos aos Estados de Chile e Arxentina.

Hai algún paralelismo entre o galego e o mapuche?
Aquí hai moitos avances na normalizazón, porque hai unha norma. Aló hai sete ou oito normativas diferentes, o que dificulta e entorpece o proceso. Aquí xa se deu ese paso. Tamén hai un movemento social e iso é o que temos que facer aló.

Das experiencias que viu na súa viaxe, cales poderá aplicar no seu país?
Comecei na Bretaña, logo en Euskal Herria e agora aquí. O domingo regreso a Wallmapu, o territorio mapuche. Eu falei da situación en Chile. En Arxentina é diferente: hai menos mapuches e o movemento nazonalista é máis recente. A idea é coñecer experiencias, e creo que no caso de Euskal Herría hai moitas organizazóns que traballan a un nivel moi avanzado. Descubrín un bo panorama de por onde poderiamos comezar. Agora sei que o que queremos facer pódese facer.
Comentários (4) - Secçom: América Latina - Publicado o 03-06-2007 14:08
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comenta-se que...
1 os mapuches son un exemplo da procura de dignidade dun povo.
por certo, hai un documental catalán que se chama "apaga y vámonos" que fala sobre o conflicto entre os mapuches e Ende#blgtk08#sa.
xa tiña ganas eu de pasar por aqui e escribir. vexo que, afortunadamente, todo segue igual de ben. Un saúdo, vou a ver si busco un tempa para actualizar o meu desatendido blog.
Dito por Zuco (03-06-2007 22:16)
2 Evidentemente hai moitas concordanzas (sociolóxicas, políticas...) entre as situacións que se viven nos paises con linguas minoritarias..., pensar que dende aquí, malia todas as eivas que ten a normalización do galego e a todo o que q#blgtk08#ueda por facer, se nos poida ver como un foco de esperanza, é algo que acouga despois de escoitar por tódolos lados mensaxes apocalípticas.

(Suso, canta vitalidade!, despois de pórme ao día neste blog estou abraiada.)
Dito por Doutora Seymour (04-06-2007 00:24)
3 Evidentemente, a naçom mapuche terá maiores dificuldades do que Euskal Herria ou Galiza, porque o processo globalizador nom estava tam avançado quando os primeiros nacionalismos ibéricos começaram a desenvolver-se. Ademais, nem Chile nem a Argentina têm atingido um sistem#blgtk08#a autonomista. Acho que, na altura, é mais doado que os reconheçam como povo se realizam campanhas contundentes. Mas, infelizmente, também acho que esse reconhecimento será unicamente sobre o papel. Em qualquer caso, adiante. Em ficando parados também nom resolverám nada.
Dito por Oscar de Lis (04-06-2007 10:14)
4 good, I've bee#blgtk08#n looking for
Dito por 192.168.1.1 (24-07-2016 10:41)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0