Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Kepa Junkera no Mundo Celta
Este ano volta á Galiza o mestre da trikitixa!! :)

Kepa Junkera actuará o día 7 de Xullo no Mundo Celta. O máis internazonal dos trikitilaris bascos pisará de novo este ano as táboas da Alameda de Ortigueira para presentá-los temas do seu último álbum, Hiri, nunha cita na que non faltarán imprescindíbeis como a "Danza Ortigueira".

Con 14 álbumes, 8 singles, e numerosas colaborazóns con artistas de todo o mundo, Kepa é un dos cabezas de cartel do Festival Ortigueira'07. O autor de Bilbo 00:00, Maren ou K volve precedido do recoñecemento de crítica e público do seu traballo máis recente. Así, recibiu este ano o Premio da Música á mellor canción en euskara e ocupou durante meses os primeiros postos na lista World Music Charts Europe.

En Hiri, Kepa Junkera recrea coa trikitixa o seu paso por cidades de todo o planeta, dende a que da nome ao disco até Bos Aires, Nápoles, Agadir ou Reno, entre outras. Fusiona as sonoridades musicais de distintos continentes co son tradizonal de Euskal Herria, que se enriquece con elementos da música africana ou o tango... amosando así o carácter universal da música.

E para facer boca... un vídeo do seu último traballo:

Kepa Junkera - Hiri
Comentários (2) - Secçom: Festas - Publicado o 02-06-2007 22:30
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comenta-se que...
1 Pois que ledicia me das, non o puiden ir ver á Coruña o día 25 por mor do fúbol e así non pasará o ano sen#blgtk08# volver a oílo en directo. Bueno curmán, haberá que liala parda coma sempre que nos xuntamos. Saúdos suso.
Dito por pita (04-06-2007 18:59)
2 Mecá... se nos xuntamos está liada!! XD

A ver se quedamos alí... unha vez alí non se sabe, que un pérdese no primeiro b#blgtk08#ar ou trá-lo primeiro escote que apareza, pero nun principio haberá que quedar... XD

Ah, déboche dez euros!! hahaha ;)
Dito por Suso (08-06-2007 01:06)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0