Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Proceso de paz no Ulster
Fai pouco que se fixeron unhas eleccións democráticas no Ulster. Persoalmente preferiría que tivese gañado o Sinn Féin, mais semella que na República do Éire, ó igual que en España, a cantidade de conservadores-fachas é tamén elevada... e tamén son os invasores do territorio os que non queren deixar que os indíxenas sexan quen de decidí-lo seu destino; en fin, que terán que pactar e o proceso é longo, mais polo de agora vai por bo camiño.

CQC fíxose eco da nova e realizou unha reportaxe realmente boa do tema. É curioso, tanto neste vídeo coma noutro de CQC que tiña comentado o mellor ó meu parecer voltan a sé-las declaracións dun paisano que paran na rúa:
- Quén és?
- Mariano Rajoy.
- De ónde es?
- España.
- Basco?
- Non...
- Fan de Franco?

O paisano ben sabe o que se coce pola España "Grande y Libre"...

Agardo tamén que os gobernantes españois tomasen nota da folla de ruta feita por Maskey. Se non se legaliza Batasuna non hai nada que facer pola paz en Euskal Herria, e o rexeitamento da violencia ten que ser por ambas partes, o Estado ten que deixar de empregá-la violencia tamén. Precísase dunha amnistía pros presos políticos bascos e non un afastamento destes do seu país.

Free Éire!! Euskal Herria Askatatuta!!


Eleccións no Ulster
Comentários (3) - Secçom: Éire - Publicado o 17-03-2007 03:37
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comenta-se que...
1 cando o vin deixoume flipando ... ou es basco ou franquista? ... canto hai que#blgtk08# traballar para que se coñezan outras realidades nacionais polo mundo adiante.
Dito por a randeeira (17-03-2007 08:13)
2 Os "gallegos" por exemplo só se coñecen na diáspora polos chistes denigrantes e puco máis...
#blgtk08#
"hai que traballar para que se coñezan outras realidades nacionais polo mundo adiante" CERTO
Dito por xan (17-03-2007 16:01)
3 Tendo en conta que estan no Ulster o que mellor coñecen de "España" é Euskal Herria polos seus contactos, cando eu estiven alí preguntáronme se por onde eu vivía actuaba a ETA... díxenlles que era galego, porque na chamada España estaban inseridas Galiza, Euskal Herria e Catalunya e faleilles un pouco da cousa toda. Fliparon cando lles dixen que se falaban catro linüas no Estado.

Lémbrome que o primeiro día me miraron de arriba abaixo e me dixeron:
- Non pareces español... e os teus amigos menos aínda.
- É que somos galegos... sabes que tamén temos antergos celtas coma os irlandeses?
- Non pareces celta...#blgtk08# /> - É que somos unha mistura moi rara...
- Entón se és celta debes de adorá-lo alcol...
- Por suposto!!

Cando me viron bebendo dixeron:
- Efectivamente, és máis celta que calquera de nós!

En fin... que o de basco ou franquista ven porque saben que os que se opoñen á liberdade dos bascos son franquistas... e creo que ninguén pode negá-lo chiste que ten que lle chame fan de franco a un tipo cunha carauta de Rajoy. ;)

Ademáis eu prefiro que chame a Rajoy franquista que galego, non si? Imaxinade o que pode pensá-lo tipo de nós se lle din de súpeto que Rajoy e Franco son galegos...
Dito por Suso (17-03-2007 18:00)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0