Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Día da Clase Obreira Galega

Onte unha manife fascista acaparou tódolos medios de comunicación, mais tamén houbo unha manife rebosante de dignidade que lembraba a dúas víctimas do franquismo.

A Confederación Intersindical Galega (CIG) celebrou este sábado unha serie de actividades co gallo da celebración do "Día da Clase Obreira Galega". Os actos comezaron en Ferrol ás 12:30 horas na praza "10 de marzo" cunha ofrenda floral ante a estatua dos dous empregados asasinados pola policía franquista durante unha manifestación operaria celebrada no 1972, Amador Rei e Daniel Niebla.

As actividades continuaron co desenvolvemento dunha manifestación que percorreu as rúas ferroláns até chegar ao Cantón, onde se celebrou un xantar popular. Alí mesmo, ás 16:30 h proxectouse o documental ?Metal en loita?, sobre o conflito protagonizado por este sector na provincia de Pontevedra en maio do 2006.

Precisamente a Federación do metal da CIG en Pontevedra foi homenaxeada este venres nun xantar que organizou o sindicato no Pazo de Congresos de Santiago co gallo da celebración.

Na conferencia de prensa de presentación de actos do Día da Clase Obreira Galega, o secretario comarcal da CIG-Ferrol, Xesús Anxo López Pintos, lembrou que están a traballar ?pola consecución do marco galego de relacións laborais que permita a negociación dos convenios en Galiza?. Pintos subliñou ademais a necesidade de que neste día os traballadores e traballadoras do país reivindiquen os seus dereitos como clase.

Comunicado de Comisións Obreiras

A organización sindical Comisións Obreiras tampouco esquece a sinalada data e a través dun comunicado conmemora o trixésimo quinto aniversario ?daqueles acontecementos tráxicos que en 1972 convulsionaron Ferrol, Galiza e todo o Estado?.

Dende Comisións lémbrase a data ?sen concesións á nostalxia nin á propia compracencia? senón ?con vontade de análise crítica de reflexión para extraermos o mellor daqueles feitos e empregalo en construír o futuro, detectar as carencias e superalas en diante?.

O sindicato considera que é necesario manter viva a ?mobilización do conxunto do conxunto de traballadores e traballadoras, analizando a cotío os problemas, reflexionando sobre eles e elaborando propostas con rigor e intelixencia que inclúan o diálogo social para buscar saídas acordadas.
Comentários (0) - Secçom: Notícias - Publicado o 11-03-2007 02:28
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0