Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

O Carallo 29
O carallo 29
?O carallo 29″ é unha expresión que forma parte da fala popular da lingua galega. O termo carallo fai referencia vulgarmente ó pene, ó membro viril. En galego, un dos idiomas máis ricos en matices que hai, esta palabra traspasou a fronteria idiomática até converterse nun vocablo universal que, sen perdé-la súa expresividade orixinal, pódese utilizar en diferentes ámbitos e con diferentes significados: admiración, asombro, desprezo, dúbida?

Precisamente, a expresión ?o carallo 29″ ten connotacións de dúbida, reparo, recelo, incertidume ou desconfianza. E ten unha orixe histórica que se remonta xa aos tempos da Restauración, intre no que o artigo 29 da Lei Electoral proclamaba automáticamente gañador das eleccións a un candidato cando era o único que se presentaba nun distrito electoral e sen necesidade de celebrá-las votacións. Motivo polo cal se facía todo o posíbel, legal ou ilegalmente, por lográ-lo candidato único e a consecuente aplicación do artigo en cuestión. Razón pola que os galegos, que viviron en primeira persona o caciquismo da época, bautizaron o artigo con tal expresión, coas conotacións ditas xa anteriormente.

Moitos son os que terán escoitado esta expresión algunha vez. Poucos os que coñecen a súa orixe. Pero case ninguén sabe da súa existencia real. Porque sí, existe. O carallo 29 está en Compostela, no número 29 da Rúa Travesa, como non podía ser doutro xeito, a 50 metros da Mexilonería Belgo. Realmente está no 9 da Rúa de San Bieito, rúa perpendicular á Rúa Travesa, que, malia que remata no número 27, se seguise atopariamonos no 29 cunha pedra con forma de carallo, de falo.

Pra chegar até alí, e a xeito de orientación, na Praza de Cervantes collémo-la rúa que está entre o Restaurante Casa Manolo e a Igrexa de San Bieito do Campo, ambos facendo esquina. Esa rúa é a Rúa de San Bieito, que baixa até o Colexio Maior San Agustín. Uns 25 metros antes do final da rúa atópase a pedra, no cruce ca Rúa Travesa.
Comentários (4) - Secçom: Cultura - Publicado o 11-03-2007 01:29
# Ligaçom permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comenta-se que...
1 Manda carallo...
Ke se paso por alí,
de seguro chímpareille unha foto..
~~
#blgtk08#> E canto máis o vexo...
Máis ¡Manda MoiTo CaRaLLo!
a imaxinación urbanística LocaL.
Dito por Tsuname~T (11-03-2007 15:02)
2 #blgtk08#
Dito por (12-03-2007 22:20)
3 manda narices!!tres años en santiago pasando todos los días por su#blgtk08# lado y me entero ahora de donde está el carallo 29, jajajaja!!!!
Dito por elena (12-03-2007 22:21)
4 Carallo, pois si. O que me estaba temendo é que mesmo tivese un comentario meu. Agora xa ten. Xa sabes qu#blgtk08#e me parece un tema interesante, agora... a foto friki que puxen eu dalle un certo toque de distinsión :P
Dito por turonio (08-06-2007 01:24)
E ti que pensas disto?
Venho a ser:
Correio-e: (Nom aparecerá publicado)
URL: (Debe começar por http://)
E digo eu:

(Introduza o código da imagem)
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0