Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Jabon Blue
Jabon Blue é un grupo liderado por Javi, o fillo da Necha, ex-cantante dos Heredeiros da Crus.

Destaco a presenza do batería Marcos, un pontés que estivo tocando cos Heredeiros e que toca a batería no disco de All Right Chicago.

Velaquí un documental (en dúas partes) sobre os membros que o forman e cómo se fixo o grupo.

Jabon Blue, o comezo:


Comentários (2) - Secçom: Cultura - Publicado o 27-01-2007 16:46
# Ligaçom permanente a este artigo
O reflexo da lembranza
Conta a lenda que cando Deus mandou creá-los ríos mandou nacer a tres xuntos na Serra do Xistral. Malia que as fontes manan do mesmo lugar foron amocadas para distintas ladeiras e recibiron a promesa de que cada ano tería un home aquel que chegase primeiro ao mar.

Deulles categorías diviñas, e chamounos con resonancias gregas: Eume o da rampa do poñente, que debía fertilizá-las terras de As Pontes; Landro o da vertente norte, que habería de fecundar carballeiras e facerlles producir landras; e Masma, o da ladeira de raiante, que crearía coa súa chegada ao mar as masmas.

Recén nados acordaron descansar un pouco no camiño... pacto que só cumpríu o Eume. Ó se espertar e decatarse da traizón dos seus compañeiros de viaxe, enfurecido e rebotado, acelerou a súa marcha pola Capela e Caaveiro... deste xeito labrou os fermosos canóns das Fragas do Eume e conseguíu chegá-lo primeiro. Por iso din que tódolos anos se afoga unha persoa nas súas augas.


Esta é a lenda do río Eume que da nome á comarca. Unha lenda que por desgraza ten moito de realidade... ao seu paso por As Pontes xa ten levado consigo moitas vidas, algunhas en estranas circunstancias. E é esta lenda na que se basea o director pontés Roberto Rego para facé-la curtametraxe O reflexo da lembranza, rodada en As Pontes e San Sadurniño.

Sinopse
Laura é unha cativa obsesionada co río por mor dunha lenda que sempre lle contaba o seu avó, morto fai tempo en estranas circunstancias. Laura indagará no pasado e descubrirá un segredo que ninguen debeu acochar, os seus ollos mostraranos a cara oculta que se atopa nos nosos reflexos.

O reflexo da lembranza [Tráiler]
Comentários (2) - Secçom: Cultura - Publicado o 27-01-2007 01:26
# Ligaçom permanente a este artigo
Porco sen codificar
Aínda me lembro deses primeiros tempos do Xabarín Club. Neste vídeo aparecen a nova imaxe do Porco Bravo máis coñecido da Galiza e a imaxe coa que comezou, e persoalmente penso que era moito mellor a de antes.



Somos do Clube da Galega!!!
Por Fuciños, por Cacheiras!

OINK, OINK! :O)
Comentários (1) - Secçom: Cultura - Publicado o 07-12-2006 21:25
# Ligaçom permanente a este artigo
Castelao Vive!!
Aparece un feixe de cartas inéditas de Castelao

Unha carta inédita dirixida a Rodolfo Prada fixo posíbel escoitar de novo a Afonso Daniel Rodríguez Castelao 56 anos despois do seu pasamento. Que mellor ocasión pra lembrá-lo seu compromiso co nacionalismo que o 75 cabodano da fundación do Partido Galeguista na mesma cidade que, como lembrou Xusto Beramendi, viu nacer un partido que supuxo o segundo movemento decisivo no nacionalismo galego.

"Meu querido irmán: recibín a súa carta. Non lle nego que me causou unha gran preocupación. Ese irmán que se queixa dende Portugal non di verdade, nin está convencido da nosa misión histórica, quero dicir, da misión que nos cadrou realizar aos galeguistas nesta guerra e nesta revolución."

A misiva, que forma parte dun feixe de cartas aínda sen publicar de Castelao, -a meirande parte delas dirixidas ao seu irmán Rodolfo Prada, que pasará con el as súas derradeiras horas de vida- amosa a súa preocupación pola represión. A carta (que non ten data) podería terse escrito entre xullo do 36 e xullo do 37. "¿En qué puido perxudicar o meu discurso á sorte dos que aínda vivían?", pregúntase Castelao, a quen se lle recrimina por provocar cos seus discursos na radio. Castelao faise eco deste drama moral: "... Resulta inocente, por non dicir outra cousa, o crer que uns discursos meus poidan servir de explicación aos crimes que se cometen na nosa Terra [...] ¿Qué podemos facer? Traballar canto poidamos polo triunfo dos nosos ideaes [...] traballen craramente pol-o triunfo da República democrática". Lograr que o Estatuto do 36 fose ratificado polas Cortes era a súa batalla daquela.
Comentários (0) - Secçom: Cultura - Publicado o 07-12-2006 17:47
# Ligaçom permanente a este artigo
Can de Palleiro
Propóñovos unha pequena proba, a ver que tal andades no tema de descubrir significados de cantigas. Escribide os vosos comentarios dicindo qué credes que quere dicir ou a quén está adicada. ;)


CAN DE PALLEIRO

¡Ai!, rabioso e vello
Can de palleiro
¡Ai!, rabioso e vello
Can de palleiro

Daste conta de
Que vas morrer
E non poderás pegar
E non poderás morder

Os teus podridos dentes
Xa ves caer
Os teus podridos dentes
Xa ves caer

Caer un tras doutro
Xa ves caer

Está caendo toda
A túa dentadura
Está caendo toda
A túa dentadura

Túa forte dentadura
Virase abaixo
Abaixo a dentadura
Abaixo a dentadura

Vello can de palleiro
Xa vas morrer
E non poderás pegar
E non poderás morder

Os teus podridos dentes
Xa ves caer
Os teus podridos dentes
Xa ves caer

Caer un tras doutro
Xa ves caer

Está caendo toda
A túa dentadura
Está caendo toda
A túa dentadura

Túa forte dentadura
Virase abaixo
Abaixo a dentadura
Abaixo a dentadura

Bibiano Morón
Comentários (5) - Secçom: Cultura - Publicado o 07-12-2006 17:45
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0