Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

O Carallo 29
O carallo 29
?O carallo 29″ é unha expresión que forma parte da fala popular da lingua galega. O termo carallo fai referencia vulgarmente ó pene, ó membro viril. En galego, un dos idiomas máis ricos en matices que hai, esta palabra traspasou a fronteria idiomática até converterse nun vocablo universal que, sen perdé-la súa expresividade orixinal, pódese utilizar en diferentes ámbitos e con diferentes significados: admiración, asombro, desprezo, dúbida?

Precisamente, a expresión ?o carallo 29″ ten connotacións de dúbida, reparo, recelo, incertidume ou desconfianza. E ten unha orixe histórica que se remonta xa aos tempos da Restauración, intre no que o artigo 29 da Lei Electoral proclamaba automáticamente gañador das eleccións a un candidato cando era o único que se presentaba nun distrito electoral e sen necesidade de celebrá-las votacións. Motivo polo cal se facía todo o posíbel, legal ou ilegalmente, por lográ-lo candidato único e a consecuente aplicación do artigo en cuestión. Razón pola que os galegos, que viviron en primeira persona o caciquismo da época, bautizaron o artigo con tal expresión, coas conotacións ditas xa anteriormente.

Moitos son os que terán escoitado esta expresión algunha vez. Poucos os que coñecen a súa orixe. Pero case ninguén sabe da súa existencia real. Porque sí, existe. O carallo 29 está en Compostela, no número 29 da Rúa Travesa, como non podía ser doutro xeito, a 50 metros da Mexilonería Belgo. Realmente está no 9 da Rúa de San Bieito, rúa perpendicular á Rúa Travesa, que, malia que remata no número 27, se seguise atopariamonos no 29 cunha pedra con forma de carallo, de falo.

Pra chegar até alí, e a xeito de orientación, na Praza de Cervantes collémo-la rúa que está entre o Restaurante Casa Manolo e a Igrexa de San Bieito do Campo, ambos facendo esquina. Esa rúa é a Rúa de San Bieito, que baixa até o Colexio Maior San Agustín. Uns 25 metros antes do final da rúa atópase a pedra, no cruce ca Rúa Travesa.
Comentários (4) - Secçom: Cultura - Publicado o 11-03-2007 01:29
# Ligaçom permanente a este artigo
Queixumes dos Pinos
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso clan.
Non deas a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

Teus fillos vagorosos
en que honor soo late,
a intrépido combate
dispondo o peito van;
se, por ti mesma, libre
de indigna servidume
e de oprobioso alcume,
rexión de Breogán.

Á nobre Lusitania
os brazos tende amigos,
ós eidos ben antigos
con un punxente afán;
e cumpre as vaguedades
dos teus soantes pinos
duns máxicos destinos,
¡oh, grei de Breogán!

Amor da terra verde,
da verde terra nosa,
acende a raza briosa
de Ousinde e de Froxán;
que aló nos seus garridos
xustillos, mal constreitos,
os doces e albos peitos
das fillas de Breogán;

que á nobre prole insinen
fortísimos acentos,
non mólidos concentos
que ás virxes só ben están;
mais os robustos ecos que,
¡oh, patria!, ben recordas
das sonorosas cordas
das arpas de Breogán.

Estima non se alcanza
cun vil xemido brando;
calquer requer rogando
con voz que esquecerán;
mais cun rumor xigante,
subrime e parecido
ao intrépido sonido
das armas de Breogán.

Galegos, sede fortes,
prontos a grandes feitos;
aparellade os peitos
a glorioso afán;
fillos dos nobres celtas,
fortes e peregrinos,
luitade plos destinos
dos eidos de Breogán.

Queixumes dos Pinos - Eduardo Pondal


Queixumes dos pinos
Comentários (2) - Secçom: Cultura - Publicado o 25-02-2007 17:38
# Ligaçom permanente a este artigo
As 10 mellores cantigas galegas
Os internautas lectores da Voz de Galicia votaron as que consideran as 10 mellores cantigas galegas e o resultado foi este:

1.- Ahí ven o maio
Luis Emilio Batallán puxo música a un poema de Curros Enríquez no 1975.

2.- Negra sombra
A melodía de Xoán Montes acompaña a un poema de Rosalía.

3.- O son do ar
É un dos temas que fixo clásicos a Luar na lubre.

4.- O tren
Andrés do Barro triunfou en toda España con este tema no 1969.

5.- Mi tierra gallega
Os Tamara editaron "Mi tierra gallega" no 1968.

6.- Ferrol
Santi Santos lanzou este himno do pop galego no 1992.

7.- Alecrín
Ana Kiro converteu este tema nun clásico do seu repertorio.

8.- Xirarei
É a melodía máis coñecida de Xil Ríos. Juan Pardo compúxoa para el.

9.- Turnedo
Iván Ferreiro incluíu este tema no seu debut en solitario.

10.- Vida miña
O novo cantautor ourensán Emilio Rúa editou este tema o ano pasado
Comentários (2) - Secçom: Cultura - Publicado o 04-02-2007 13:04
# Ligaçom permanente a este artigo
Natureza galega, en galego
Os documentais de todo tipo son un dos xéneros que máis me gustan de cinema-TV. É curioso o feito de que non haxa (ou polo menos eu non teña visto) documentais de natureza en galego.

A oferta á hora de coñecer paisaxes na lingua do país é, polo menos, existente; pero coñecé-la fauna da Galiza semella unha tarefa imposíbel en galego.

Pero iso era até o de agora, por fortuna estamos a facer caso das recomendacións que Pondal nos dixo e as xentes da "Nazón de Breogán" comezan a espertar do seu sono.

Ao coñecidísimo e admirado por moitos (entre os que me inclúo) Félix Rodríguez de la Fuente saíulle un pupilo no que deixou pegada: Federico de la Peña. El é o único produtor galego de documentais de natureza que adestra animais para ser filmados tal como facía o burgalés en El hombre y la tierra.

Terra de Montes

Comentários (2) - Secçom: Cultura - Publicado o 03-02-2007 04:29
# Ligaçom permanente a este artigo
A espía que xurdiu do fillo
Levo unhas poucas horas a navegar polo ciberespazo e estou a levarme unha grata sorpresa coa cantidade de material audiovisual de calidade en galego que estou atopando.

Se me adicase hoxe a poñer todo nesta bitácora pasaría a ter un blog que máis que o que pretende ser sería unha sucursal do YouTube, de xeito que irei poñendo os vídeos segundo teña tempo e cunha mínima orde... non é cousa de poñelos todos de súpeto para logo pasar unha longa tempada sen nada que contar.

O que agora vos traio é unha curtametraxe de animación dunha gran calidade.

A espía que xurdiu do fillo
Comentários (0) - Secçom: Cultura - Publicado o 27-01-2007 23:25
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0