Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Unha polo pai
Estaba eu navegando polo Youtube cando me topei con esta curtametraxe.

Nunca está de máis espallá-la cultura patria.

Unha polo pai
Comentários (0) - Secçom: Cultura - Publicado o 30-03-2007 21:00
# Ligaçom permanente a este artigo
Cómo apostatar
No ano 361, o emperador romano Flavio Claudio Xuliano, coñecido como Xuliano o Apóstata, converteuse na primeira personaxe célebre que renegou do bautismo. Morreu dous anos despois, nunha batalla contra os sarracenos, e contase que antes de finar cuspiu ó ceo mentres berraba: ?Venciches, Galileo, ó fin venciches?.

A día de hoxe tódolos gobernos democráticos recoñecen o dereito a apostatar. A Lei de Liberdade Relixiosa de 1980 deixa ben claro que: ?A liberdade de culto garantida pola Constitución comprende o dereito de toda persoa a profesá-las crenzas relixiosas que desexe ou a non profesar ningunha, cambiar de confesión ou abandoá-la que tiña?.

Dúas cartas abondan para crebá-los nosos lazos burocráticos coa Igrexa:
- Escribir dúas epístolas: unha á parroquia onde se celebrou o bautizo, e outra ó Arcebispado.
- Hai que deixar ben claro nas cartas que o desexo de apostatar é froito dunha decisión ceibe e moi meditada.
- Se ó cabo dun mes non se recibiu resposta á solicitude, hai que pedir cita no Arcebispado, para reclamar que se acelere o tema.
Non poden esixirnos que presentemos a solicitude por medio dun notario. Non é legal. O Arcebispado está obrigado a aceptá-la carta de renuncia. A efectos teóricos, xa se logrou apostatar. A efectos prácticos, iso plasmarase nunha anotación ó lado do noso nome no libro bautismal, que indicará que renunciamos ó sacramento.
- Mais se o que desexas é que tamén se borren os datos do libro bautismal, hai que presentar unha denuncia ante a Axencia Estatal de Protección de Datos.
- Malia iso, é probábel que a Igrexa se negue a eliminar ditos datos alegando que o libro bautismal non é un arquivo de datos. Se se quere seguir até o final, hai que ir aos tribunais. Mais ningunha das partes ten garantido o fallo ó seu favor. Só fica depositar na Xustiza a confianza que non temos en Deus.
Comentários (3) - Secçom: Cultura - Publicado o 29-03-2007 18:28
# Ligaçom permanente a este artigo
Exame ás dez
No 1999 un grupo de alumnos dun instituto de secundaria de Santiago de Compostela decide realizar unha curtametraxe sobre a manipulación dos medios de comunicación. Recrean unha historia que, 11 días despois da súa estrea, dous rapaces de Coloumbine (Denver) convertiron nunha realidade.

Exame ás 10
Comentários (1) - Secçom: Cultura - Publicado o 24-03-2007 03:34
# Ligaçom permanente a este artigo
Nire aitaren etxea
Nire aitaren etxea
(Gabriel Aresti Segurola)

Nire aitaren etxea
defendituko dut.
Otsoen kontra,
sikatearen kontra,
lukurreriaren kontra,
justiziaren kontra,
defenditu
eginen dut
nire aitaren etxea.
Galduko ditut
aziendak,
soloak,
pinudiak;
galduko ditut
korrituak,
errentak,
interesak,
baina nire aitaren etxea defendituko dut.
Harmak kenduko dizkidate,
eta eskuarekin defendituko dut
nire aitaren etxea;
eskuak ebakiko dizkidate,
eta besoarekin defendituko dut
nire aitaren etxea;
besorik gabe,
sorbaldik gabe,
bularrik gabe
utziko naute,
eta arimarekin defendituko dut
nire aitaren etxea.
Ni hilen naiz,
nire arima galduko da,
nire askazia galduko da,
baina nire aitaren etxeak
iraunen du
zutik.


A casa do meu pai

Defenderei a casa do meu pai.
Contra os lobos,
contra a sequía,
contra a usura,
contra a xustiza,
defenderei a casa do meu pai.
Perderei os gandos,
as hortas,
os piñeirais;
perderei os intereses,
as rendas,
os dividendos,
pero defenderei a casa do meu pai.
Quitaranme as armas
e cas mans defenderei
a casa do meu pai;
cortaranme as mans
e cos brazos defenderei
a casa do meu pai;
deixaranme sen brazos,
sen ombros e sen peito,
e ca ialma defenderei
a casa do meu pai.
Morrerei,
perderase a miña ialma,
perderase a miña prole,
mais a casa do meu pai
seguirá en pé.
Comentários (1) - Secçom: Cultura - Publicado o 24-03-2007 02:03
# Ligaçom permanente a este artigo
Celtismo ou anticeltismo?

A ciencia apoia o mito do celtismo

Un grupo de historiadores e arqueólogos da Universidade de Santiago irrompen no debate sobre a orixe dos galegos cun traballo que foxe da mitoloxía e abunda nos datos historiográficos.

A terceira vía. O termo non lles gusta porque lembra a Tony Blair, pero é a proposta que fan un grupo de arqueólogos e historiadores da Universidade de Santiago pra interpretar, en clave céltica, a cultura castrexa galaica do último milenio antes de Cristo. A proposta intenta superá-lo enfrontamento entre partidarios da presenza dos celtas en Galiza e os que negan dita pegada; son estas unhas discrepancias que viñeron consolidándose nos últimos anos, sobre todo baseándose nos resultados das escavacións arqueolóxicas.

A situación de partida é que despois de máis de 150 anos de influencia do mito acuñado por Murguía e os seus contemporáneos, arqueólogos e historiadores pasáronse alén, para negar toda presenza dos celtas en Galiza. Francisco Javier González García, doutor en Xeografía e Historia pola Universidade compostelá, é o coordinador do libro Os pobos da Galicia céltica (Akal) un traballo de máis de 600 páxinas elaborado por nove especialistas e que se presenta como un intento de interpretación histórica do último milenio antes de Cristo no sector noroeste da Península en clave céltica, interpretación que intenta desvincularse das visións celtistas tradicionais.

Sostén este especialista xa na segunda páxina deste libro que con respecto aos celtas e ao celta, "a Galicia actual sofre un desdobramento de personalidade" de tal modo que "a investigación sobre a protohistoria galega vive sumida nesa dualidade, nesta oposición entre celtistas e anticeltistas". Como exemplo desa situación cita a reportaxe publicada nos Domingos de La Voz o 25 de novembro do 2001 baixo o título de ¿Somos celtas os galegos?, un traballo que, segundo recoñece, impulsou a estes nove especialistas, vinculados co Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe da Universidade compostelá e ao Instituto de Estudos Galegos Pai Sarmiento, a elaborar esta documentadísima publicación.

RESTOS ARQUEOLÓXICOS

As opinións de entón seguen vixentes, segundo din, e van dende a de Antonio da Peña Santos negando calquera peso e importancia ao compoñente céltico, tanto no pasado como no presente galego á de Blanca García Fernández -Albalat para a que en Galiza todo é celta, dende a cultura castrexa até o folclore actual.

Desta última opinión discrepa Dolores Bastos, unha das museólogas do castro e museo de Viladonga, un dos máis importantes do noroeste peninsular, ao apuntar que neste lugar apenas hai restos celtas e estes reduciríanse a torques achados tanto no castro como nunha leira do municipio de Sarria; estas últimas foron achadas durante unhas obras nunha leira particular e trátase de dúas pezas de ouro de 414 e 242 gramos que se exhiben en devandito museo e están datadas entre os séculos IV e II antes de Cristo. Carolina Pérez e Marta Cancio, outras dúas especialistas deste castro, amosan dous novos muros descubertos nas últimas escavacións.

En As Pontes tamén se está escavando un circo lítico ?a piques de ser destruído por unha nova estrada? que, segundo os arqueólogos, podería ser usado polos celtas para os seus ritos, pero é moi anterior a eles. O mesmo ocorre nesta zona coas chamadas Medoñas de Cheiván, no alto de Espiñaredo: "Están aí diante, no medio dos toxos; o monte aínda é noso", explica un veciño do lugar, que amosa unha planicie no alto, cuberta de monte baixo, con moita auga e uns peculiares bloques rochosos espallados no que podería ser un enterramento megalítico pero non é celta, apunta González García. Neste senso apunta que en Galiza "non hai enterramentos celtas e por iso non atopamos armas, que son habituais neles, como pode verse noutros lugares de España".

TOPONIMIA

Tamén matiza as crenzas acerca dos torques de ouro, "que moitos se empeñan en que era algo así como a cartilla de aforros da tribo, onde ían gardando o seu ouro, pero estes torques existen en moitas outras culturas e normalmente levábanos as divindades".

Para este especialista, os topónimos son unha das pegadas máis claras da presenza celta en Galiza, algo que Antón Tovar xa expuxera nun traballo que titulou Etenia e lingua na Galicia antiga: o problema do celtismo, presentado nun congreso que tivo lugar en Santiago. Dicía Tovar que xunto con celtas de orixe celtibérico, en Galiza é seguro que houbo outros celtas e cita como proba diso datos de Plinio segundo os cales habería "166.000 almas libres do convento lucense", divididos en 16 tribos "todas de nome descoñecido e bárbaro, é dicir, difícil de pronunciar, excepto os célticos e lemavos". Tovar anota o topónimo aínda vivo de Céltigos, en Frades, Ortigueira e Sarria, ademais dun arciprestazgo terra de Celtegos documentado en 1125.

O Céltigos de Ortigueira é unha pequena poboación á que Murguía estaría encantado de visitar porque tras formular na súa Historia de Galicia que os celtas eran unha raza superior, a aria, proviniente do centro de Europa, atoparíase neste enclave a uns cantos arios, concretamente alemáns. Claro que estes ao que viñeron, e veñen sobre todo no verán, é a gozar das casas que se fixeron na praia, segundo explica Carmen Lema, unha veciña do lugar dende fai 35 anos. "Aínda que eu son de Corcubión", di. De Céltigos é Hugo Héctor Pajón, aínda que o seu acento parece negalo: "Regresé acá hace cuatro años", explica, tras pasar a meirande parte da súa vida en Paraguai, un país ao que emigrou de neno. Ambos non atopan ningunha vinculación cos celtas, a única, o nome da barbería: Trisquel.

A Fundación Ortegalia, que conserva na súa sede un monumento megalítico, pero non celta, iniciou un estudo da toponimia desta parroquia que podería achegar novos datos á controversia entre celtistas e non celtistas, na que median os autores deste libro entre os que, ademais do citado González García, están os arqueólogos Álvaro Arizaga Castro, Xurxo M. Ayán Vila, Pastor Fábrega Álvarez, Alfredo González Ruibal, César Parcero Oubiña e Andrés Teira Brión, e os historiadores Rosa Brañas Abade, Marco V. García Quintela. Cada un deles divulga diversos aspectos da historiografía celta.


Que cadaquén saque as conclusións que queira e opine o que queira... mais eu confirmo que se pode ser Deportivista e Celtista ó mesmo tempo! hehe ;)
Comentários (2) - Secçom: Cultura - Publicado o 11-03-2007 03:29
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0