Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Viva a Selección Española!!
De todos é sabido que en moitos lugares do Estado a mal chamada "Selección Nacional" (de cal das nazóns do Estado??) non desperta precisamente paixóns.

Persoalemente apoio ó meu Deportiviño e á miña Selección Nacional,... tamén desperta en min algunha simpatía a Selección Portuguesa ou a Brasileira, mais prometo que no vindeiro mundial hei de ir a defender a morte as cores da "Selección Nacional":

"Rojo es el color del equipo español,
Roja será nuestra fiesta,
Todo al Rojo nuestra apuesta.
Rojo es el color que tiñe mi corazón"


Avante "Selección"!!
Comentários (0) - Secçom: Humor - Publicado o 25-02-2007 18:35
# Ligaçom permanente a este artigo
Trebellas ou traballas?
"No sé cómo toleran los obispos que curas que no son gallegos ni saben la lengua tengan empleo ad curam animarum y sobre todo la administración del santo sacramento de la Penitencia. ¿Qué es el coloquio de un penitente rústico y gallego con un confesor no gallego, si no un entremés de sordos?

El verbo trebellar (*) en gallego, de trupidare, siempre significa in malam partem y dista cien leguas del honesto verbo traballar. Confesor castellano ha habido que hasta después de muchos años estuvo en el error de que el mismo verbo era trebellar gallego que trabajar castellano. Y a los penitentes que confesaran que trebellaban tantas veces les decía que en días festivos sólo podían trebellar una hora, pero que en los días laborables podían trebellar ad laudes e per horas.

Si el tal confesor conociese la copla gallega común, "el clérigo y la criada jugaban a los trebelliños...", etc., entendería el significado.
"

Frei Martín Sarmiento


Este curiosísimo texto do Padre Sarmiento foi escrito no século XVII.

É por cousas coma estas polas que sería preciso que todos tivesemos un extenso Vocabulario Sexual Galego.
Comentários (0) - Secçom: Humor - Publicado o 20-02-2007 01:13
# Ligaçom permanente a este artigo
Superheroes Galegos
Galiza é un gran país, pero temos unha gravísima carencia que temos que subsanar se de verdade queremos chegar a ser unha potenzia a nivel mundial. Cómo é posíbel que non existan superheroes galegos? A nosa historia e mitoloxía está chea de personaxes célebres como Breogán, a Raíña Lupa, Martín Códax, o Rei Cintolo, María Pita,... mais, nembargantes, non temos ningún heroe de ficción de nós.

Os EUA, a meirande potencia do mundo, son coñecidos por heroes da talla do Capitán América, Batman ou Spiderman. Por qué os galegos habiamos de ser menos?

Tamaña carencia foi vista por Carlos Blanco, que se apresurou en crear aos heroes da Patrulla X e aos correspondentes malos contra os que loitar.

Superheroes Galegos
Comentários (0) - Secçom: Humor - Publicado o 19-02-2007 18:56
# Ligaçom permanente a este artigo
CQC no Parlamento
No Parlamento galego hai un debate sobre o estado no que se atopa o debate sobre o Estatuto. Está ben cousa!!

Gonzo, o reporteiro galego de CQC achegouse a Compostela para saber cómo está a cousa do Estatuto Galego.

O mellor de todo é a análise política do home enquisado: "Todos queren a poltrona".

Quintana emitindo para España:
Comentários (3) - Secçom: Humor - Publicado o 11-02-2007 21:56
# Ligaçom permanente a este artigo
O réxime de Franco
Vaia carallo!! Apenas pasou o Nadal e xa ven ahí o Entroido! A ver quén se pon logo a acarreirar por ahí pra baixá-los quilos das comelladas! :/

Eu sen doces poido pasar tranquilamente, que non me chaman moito (para comer sen máis... para "xogar" con eles poden ser moi útiles), pero polo entroido prima o cocido, cos seus bos chourizos, a cacheira, os freixós feitos á pedra na lareira... Iso sí que me perde! :)

Ante a espectativa de que logo de febreiro só quedan 3 meses para maio, que é cando se pode facer xa algunha escapadiña a algunha praia ateigada de universitarias, decidín procurar na rede por algunha dieta máxica que me deixase feito un figurín... e atopeina!! Atopei a que é, sen dúbida, a dieta infalíbel. O arquicoñecido e avalado por milleiros de persoas de España, Galiza, Euskal Herria e Catalunya Réxime de Franco.

O Réxime de Franco

Comentários (3) - Secçom: Humor - Publicado o 04-02-2007 16:49
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0