Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

O galego na escaleira
De todos é coñecido ese dito sobre os galegos, que nunca se sabe por onde habemos tirar e por iso din que se estamos nunha escada non se sabe se subimos ou baixamos... velaquí unha mostra gráfica deste fenómeno:

Subes ou baixas?
Comentários (0) - Secçom: Humor - Publicado o 20-03-2007 18:52
# Ligaçom permanente a este artigo
A quén votar?

Punto de partida: Vostede ten dúas vacas.

SOCIALISMO: Vostede ten dúas vacas, o goberno nazonalízaas e págalle o prezo do tenreiro que teña a primeira.

COMUNISMO: O goberno requísalle as vacas e dalle un pouco de leite.

FASCISMO: O goberno aprópiase das vacas véndelle un pouco de leite.

NAZISMO: Requisadas ámbalas vacas, fusílase ó propietario pra que non proteste.

VERDES: Vostede non pode ter dúas vacas, terían que estar pacendo ceibes pola pradella con touros de verdade, non con xeringas.

DEMOCRACIA: O goberno déixalle as dúas vacas, vostede espabílase pra mantelas. Vende o leite ou as vacas e os cartos son pra o goberno.

CAPITALISMO: Vostede vende unha vaca e merca un touro. Reproduce e ten moitas vacas. Entón, ou lle sobra leite ou lle falta herba. Se lle falta herba morren as vacas e arruínase. Se lle sobra leite, baixa o prezo no mercado e tamén se arruina.

NAZONALISMO: Ocorre cualquera dos casos especificados, mais as vacas píntanse primeiro coas cores da rexión.

Conclusión práctica: Nas vindeiras eleccións mellor votar ó P.G.I. (Partido Gay Independente), xa que se temos en conta que gañe quen gañe vannos dar polo cú, polo menos que sexan profesionais.
Comentários (3) - Secçom: Humor - Publicado o 19-03-2007 18:11
# Ligaçom permanente a este artigo
Xoan Carlos I: bilingüista harmónico
É que vos é tan "campechano" o monarca español que até fala galego coma se fose de Muxía mesmo...

En fin, que estaba eu navegando polo TeuTubo vento en popa a toda vela cando me topei cun vídeo de Xoan Carlos I... falando en galego dicía o título do vídeo, mais a metade do descurso troca ó castelán e así pasa a ser un perfecto bilingüe harmónico, que era o que Manoliño Fraga Iribarne patrocinaba nos meus tempos de ir á escola. E así saímos a meirande parte dos da miña xeración, alomenos no meu pobo, actuando coma Fraga: falamos galego diante das cámaras da Galega, en clase de galego (que boa falla lle facía a Don Manuel) e no Tarasca (onde nunca vin a Fraga... mais nunca se sabe, hahaha). En fin, eu estou a facer en min mesmo unha corrección estatutaria e vexo que vai dando resultados na miña contorna, cousa que me satisface.

Bilingüismo harmónico



Ó vé-lo vídeo lembreime dunha anécdota que lle pasou ó paisano este. Restulta que trá-la morte do Paquito o Xoanciño adicouse a percorrer España (Una, Grande y Libre) pra darse a coñecer. Nun descurso que tiña que dar en Compostela foille censurado un fragmento polas aínda vixentes (hoxendía tamén) autoridades franquistas. Nun principio tiña pensado dalo en galego, pero non se lle permitiu emporcallá-la súa real lingua con tan zafia fala. O que el tiña escrito quedou tal que así:

[...]Quisiera dirigirme a todos y cada uno de los españoles en su lengua[...]

Que "campechano" é... eu tamén o sería se o meu "traballo" fose viaxar e inaugurar cousas...
Comentários (1) - Secçom: Humor - Publicado o 17-03-2007 01:40
# Ligaçom permanente a este artigo
Sobre dietas e sexo
Mira que llo teño dito veces e veces ás rapazas e non rematan por "tragar"...

A quén carallo lle importan catro calorías de merda en certos intres?? Con tódalas calorías que queimaches na... poñámoslle media hora anterior... vaste preocupar agora por 14 calorías de merda??

Déixate levar, muller! A ver se dicíndollo unha sexóloga logro que algunha me faga caso...

O seme NON engorda
Comentários (3) - Secçom: Humor - Publicado o 09-03-2007 23:40
# Ligaçom permanente a este artigo
Galiza ou Galicia?
Todos sabemos que tanto "Galiza" coma "Galicia" son ambos nomes aceptados oficialmente pra nomeá-lo noso país, mais... cal dos dous é o seu verdadeiro nome?

Unha vez máis andressolo sácanos de dúbidas. O correcto é Galiza, non "Galicia". Velaquí a súa explicación:

GaliZa
Comentários (6) - Secçom: Humor - Publicado o 09-03-2007 19:31
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0