Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

A evolución do Home(r)
Velaquí a mellor de tódalas introducións dos Simpsons de todas cantas levo visto.

Evolución


Por certo... qué pensaran nos EUA disto? Sería censurada esta introdución nun país no que aínda se segue a ensiná-lo creacionismo nas escolas?
Comentários (1) - Secçom: Humor - Publicado o 02-04-2007 15:59
# Ligaçom permanente a este artigo
Quén queimou o Windsor?
Agora que a VA-CA (Vía Anti-Colonial Activa) finou a súa actividade, e tendo en conta que a CA-CA (Conspiradora Anti-Colonial Armada) non ten actividade coñecida, coido que xa é hora de aclarar quén provocou o lume que arrasou con este emblemático edificio da capital de España.

Os membros da VA-CA emitiron hai tempo un comunicado no que reivindicaban o traslado dos restos de Andrés do Barro ó Panteón de Galegos Ilustres, posto que na actualidade repousan no cemiterio de La Almudena, na metrópole Pequeno-Imperial.

Mentres "honraban" á bandeira do Pequeno-Império nun lugar segredo escapáronselles unhas faíscas... ou estaba todo preparado? Iso, nunca o saberemos.

Comunicado da VA-CA
Comentários (1) - Secçom: Humor - Publicado o 25-03-2007 18:53
# Ligaçom permanente a este artigo
Secuestros en Iraq
As cousas en Iraq cada día están peor... mirade senón o último intento de secuestro por parte da insurxencia Iraquiana...

Terroristas Islamistas
Comentários (0) - Secçom: Humor - Publicado o 24-03-2007 16:18
# Ligaçom permanente a este artigo
Air Galiza
Air Galicia é o novo programa de humor da Galega que ten un estilo do xeito de Polònia da TV catalá ou Vaya Semanita da basca.

Comezou fai dúas semanas e polo que levo visto pinta ben. Fai unha crítica moi boa da idiosincrasia galega e coido que tamén invita a reflexionar dende o humor.

Eu escachaba coa risa onte vendo no programa unha conversa na que dicía un:
- Adosados nas praias... parques nas carballeiras... eólicos nos montes... e nos descampados, aí si! aí árbores! eucaliptos!!

Entre outras cousas é o único programa que vin na Galega na que digan "Galiza" sen poñerlle nengunha etiqueta política ó nome do noso país... parabéns!

Aquí vos poño uns vídeos do programa de onte que alguén entubou... boísima a crítica do Paquito Vázquez! hehe

Air Galiza

Comentários (1) - Secçom: Humor - Publicado o 24-03-2007 00:23
# Ligaçom permanente a este artigo
Os Batasunis
En Euskal Herria teñen a súa propia versión dos Lunnies... Persoalmente gústanme bastante máis que eses bechos amerengados que saen na TVE.

Para cando unha versión galaica?

Os Batasunis: Boas noites Euskal Herria
Comentários (0) - Secçom: Humor - Publicado o 23-03-2007 21:00
# Ligaçom permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [11]
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0