Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Entrevista a Mario Maceiras
Tan gallego como el gallego é unha páxina web creada recentemente contra o galego no ensino. Mario Maceiras fai unha parodia dela no sitio Tan gallego como el gazpacho. Nesa páxina e nesta entrevista asume con retranca a defensa do español e a erradicación do galego.

Que pretende a súa páxina?
Demostrar que os galegos somos tan españois coma os que máis e que hai que poñerlle fin á irracionalidade de resucitar unha lingua morta.

Teño un amigo que di que o galego non é unha lingua morta, senón unha lingua zombi.
Seu amigo leva moita razón, se ben polo menos os zombis disque camiñan por aí. O galego é un elemento residual da evolución, como pode ser o óso palomo ou as mamilas nos homes. Trátase dunha lingua en estado vexetativo á que só resta darlle o golpe de graza. Temos que rematar definitivamente co galego, todo o demais só supón alongar innecesariamente a súa agonía.

A páxina non será unha parodia?
Iso é o que queren facer pensar os amigos da ETA. Non trato de ridiculizar a ninguén, só pretendo lembrarlles aos galegos quen segue a ser o auténtico inimigo. Hai lectores que si se decataron das boas e xenerosas intencións da páxina.

O medidor de audiencias Alexa indica que a súa páxina ten o triplo de visitas que ?Tan gallego como el gallego?.
Iso sucedeu porque a nosa páxina amiga ?Tan gallego como el gallego? centrouse unicamente na recollida de sinaturas contra o decreto de normalización do galego. Eu traballo cun obxectivo máis amplo: a imposición do español na rexión galega.

A todo isto, esta entrevista publicarase en galego. Non terá inconveniente?
Con vostedes vou facer unha excepción. O importante é darlle difusión a esta iniciativa, aínda que para iso haxa que empregar unha lingua morta, ou zombi. Por min como se a publica en quechua. Ademais pode que así algún galegofalante a entenda e entre en razón, quen sabe.

Esta páxina perpetrouna vostede só ou con axuda de alguén?
Os traballos de deseño e contidos son meus, mais concibinos despois de ver varias páxinas. Eu só canalizo moitas ideas que hai aboiando por aí. Iso si, nalgúns casos deille a volta á tortilla (española).

Quer cambiar o himno galego e a bandeira.
É lóxico que o himno dunha rexión española estea en español, e eu teño unha proposta. Con respecto á bandeira, hai que mudar esa bandeira argallada hai cen anos polos equivalentes aos amigos da ETA de hoxe por unha de consenso que amose a integración da rexión galega na nación española. Que mellor que unha rojigualda cun escudo galego no centro, por aquilo de contentar os separatistas!

De todas formas, a súa páxina xa recibiu ataques informáticos, supoño que por parte dos nacionalistas.
Efectivamente estou no punto de mira dos separatistas, pero o que máis me doe son os ataques que recibín da páxina amiga ?Tan gallego como el gallego? acusándome deliberadamente de ser unha parodia da súa web. O que lles amola é que eu chego até onde eles nunca se atreverían a facelo en público. Porén, o éxito de cada quen está aí.

Que me di do PP? Acúsao de ser amigo da ETA por defender o galego.
Durante moito tempo exerceron como tal, negociando programas ?normalizadores? cos inimigos de España, polo que podemos consideralos tranquilamente amigos da ETA, aínda que estando no goberno tentaban disimiular incumprindo sistematicamente os seus propios proxectos. Agora desmarcáronse por fin do consenso e xa non andan con ambigüidades, participan abertamente da cruzada contra o galego, como ten que ser. Carautas fóra.

Pensa que falar galego é pecado?
Tanto como pecado... non sei, mais cada quen asumirá as consecuencias dos seus actos no alén. O que si sei é que resulta pernicioso para as xeracións vindeiras. A moitos cústalles asumir idioma e cultura española, as mortes de touros, o faralaes, o gazpacho... pero con contribucións como "Tan gallego como el gallego" ou a miña poderemos ir substituíndo o galego por unha lingua máis viva, culta, melodiosa e apta para os negocios. Refírome ao español, faltaría máis.
Comentários (7) - Secçom: Humor - Publicado o 11-07-2007 19:50
# Ligaçom permanente a este artigo
As galician as english
Comentários (2) - Secçom: Humor - Publicado o 04-07-2007 17:41
# Ligaçom permanente a este artigo
Qué imos cantar este verán?
Xa estamos a día 1 de xullo e aínda non sabemos o tema que vai soar en tódolos chiringuitos... o tempo diráo. Eu polo de agora só ansío que non sexa o do Carro...

O que é seguro é que vai ter todas estas características:

El tema del verano
Comentários (1) - Secçom: Humor - Publicado o 01-07-2007 02:01
# Ligaçom permanente a este artigo
Pra bom entendedor um emoticon já basta
Unha pequena reflexión humorística sobre os novos xeitos de ligar da nosa sociedade, hehe. A quén non lle pasou nunca cousa algunha semellante? E o máis importante... por qué os tipos se enfadan con quen quere ligar coa súa moza no canto de facelo coa súa moza por estar a flirtear??

Mensagem Instantânea
Comentários (1) - Secçom: Humor - Publicado o 30-06-2007 17:25
# Ligaçom permanente a este artigo
Heil Hitler??
Non puiden evitar pendurar este vídeo no blog... Decátome de que estiven todo un verán escoitando unha cantiga dun grupo neonazi xermano... e mesmo me chegou a gustar e todo!!

Dicídeme agora se non houbo ninguén máis que a estivese a escoitar unha e outra vez na radio, chiringuitos, bares, pubs, discotecas e demáis locais durante todo o verán pasado:

Vorwärts über Leichen / Volverá


Vía Menéame.
Comentários (4) - Secçom: Humor - Publicado o 30-06-2007 16:24
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0