Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Mundo adiante con dignidade
Sendo un rapaciño un profesor obrigoume un día a repetir, en castelán, unha opinión exposta na clase. Incapaz aínda de facerlle fronte, traguei saliva e repetín o dito na lingua referida. Xa comezaba a tomar conciencia da importancia do uso do idioma. Mais aquel día quedoume claro.

Hai pouco puiden ler que uns rapaces do Bierzo tiveron certos problemas para matricularse en Lingua e Cultura Galegas. Hai acordos entre as dúas administracións, mais unha cousa é o boato oficial e outra ben distinta a realidade teimuda. Os pícaros do Eo-Navia poden aprender o galego-asturiano, mais ás veces teñen que escoitar algunhas posicións maximalistas que lles levan a renegar de todo o que soe a galego. Vellas pantasmas, axitadas por sectores reaccionarios, son avivadas interesadamente para sinalar de xeito negativo calquera avance das linguas minorizadas. E tamén para tentar marcar o territorio desde unha perspectiva comercial.

Límite político-administrativo non implica límite lingüístico. Que se fale francés en Xenebra non esnaquiza ningún estado. Que se fale galego, ou as variantes correspondentes das terras do Eo-Navia, ou do Bierzo, ou das Portelas (Zamora), tampouco. Simplemente realza a súa riqueza lingüística. E en canto que forma parte do noso legado, desde Galiza debemos velar pola súa defensa; desde o diálogo, por suposto, pero sen deixar ao pairo a aquelas persoas que falan coma nós.

Directamente relacionado con isto está a proxección do galego no exterior. Por que un fillo de galegos ten a posibilidade de estudar o seu idioma en Andorra e non en Uviéu, por exemplo? As Casas de Galiza espalladas polo mundo adiante poden servir (e de feito así é en moitos casos) de instrumento para a promoción da lingua e cultura galegas. Mais, por que non establecer unha colaboración directa con outras administracións para, alí onde haxa demanda, poder cursar galego nos institutos ou nas universidades?

Unha preocupación abstracta
Ninguén se atreve a poñer en dúbida a importancia da difusión da nosa cultura, co noso idioma como buque insignia. Mais temos moito que mellorar as canles de difusión polo mundo adiante. Os nosos lectorados non poden estar por un fío nin ser satélites dos departamentos de lingua española. Poderemos colaborar con outras institucións de difusión cultural para aforrar custos, mais en pé de igualdade, nunca supeditados a nada. Promover a marca Galiza de tal xeito que faga dita idea atractiva con só nomeala, implica dignificar todo o seu legado, nomeadamente o idioma. Non só se trata dunha preocupación ideal e abstracta, senón que se traduce tamén en cifras económicas. Que llo pregunten senón a aquelas empresas galegas que tiveron que facer fronte a identificacións un tanto ocorrentes, pero cunha intencionalidade perversa de seu: retiralas do mercado.

Mirar cara outro lado é suicida. Pensar que deixar pasar as cousas solucionará todo lévanos a un camiño sen saída. Se non somos quen de dignificar a nosa cultura, mal poderemos presentarnos ante o mundo querendo ofrecerlles os nosos produtos. Agora ben: tamén é certo que converter este tema nun casus beli como se del dependera o futuro do país é unha falacia. Se todos fomos quen de comprender que a normalización do galego requiriu despolitizar o tema da lingua, por que non facer o mesmo neste caso? Partindo dos logros acadados, por poucos que foran, debemos melloralos e continuar o labor de promoción do noso idioma. E contar sempre coa sociedade civil. Hai aspectos que unha institución non pode abordar na defensa cotián do seu uso que si son quen de facer as asociacións de base. Mais nunca chocando o movemento asociativo co traballo institucional; nin á inversa.

Por moito que puidera parecer que ninguén quere saber de nós fóra das nosas fronteiras, a realidade é ben diferente. Hai datos que así o constatan (estatísticas de migración cara Galiza, solicitude de cursos de galego, preocupación por cuestións da nosa comunidade, valoración dos nosos produtos, etc.). Ademais, se no conxunto da política española houbo a valentía suficiente para facerlle fronte ás teses máis reaccionarias, ¿por que no noso caso imos ter que amolarnos e aceptar resignadamente o fatalismo intransixente de quen alberga teimudamente un sentimento antigalego (e tamén agocha intereses claramente económicos e políticos)? Espertemos. Non pode ser, nin sequera nas Portelas, que no ano 2006 uns cativos teñan que copiar 100 ou 200 veces no encerado ?Está prohibido hablar gallego en clase?.

Un artigo de Xosé Farruco Graña.
Comentários (1) - Secçom: Língua - Publicado o 22-05-2007 19:00
# Ligaçom permanente a este artigo
Guía Sexual da Sociolingüística
Normalmente a primeira vez que outra persoa entra no noso corpo, ou a primeira que nós entramos dentro doutra persoa, é coa lingua. Si, pode ser que antes lle chuchemos o dedo a alguén ou que lle mordamos o lóbulo da orella, mais son as nosas linguas as primeiras que nos exploran por dentro en serio, de verdade. A nosa lingua é unha das principais vías para o coñecemento humano.

Por iso é difícil esquecer a primeira vez que lle metes a lingua a alguén, a primeira vez que unha lingua entra na túa boca. Porque non deixa de ser a primeira vez que lle permitimos a outra persoa entrar dentro nosa. Ao descubrirmos a nosa intimidade, coa lingua expresamos a nosa identidade.

A que non sabías que durante un beixo se moven 29 músculos? E que os batimentos cardíacos aumentan de 70 para 150 e melloran a oxixenación do sangue? Si, o beixo beneficia o corazón. E ademais adelgaza. Nun bo morreo gastamos preto de 12 calorías!

Tamén é importante saber que o morreo é cousa de dous. Un morreo é un diálogo entre papilas gustativas, entre a lingua e o ceo do padal, entre o cuspe e os dentes. E nun diálogo entre dúas persoas hai que dar e recibir, ofrecer e aceptar, avanzar e retroceder, facer ruído e gardar silencio, entrar e saír. Morrear é unha das máximas expresións da comunicación humana.

O proceso de normalización da lingua galega é un proceso comunicativo conflitivo. Os axentes sociais máis críticos denunciamos a ineficaz política lingüística da administración, o desprezo dos media ou a eficacia da escola para desgaleguizar as novas xeracións. É un proceso no que o enfrontamento e a queixa son continuos. A perda da lingua é un drama, abofé. Mais que pasaría se ligásemos o discurso da normalización da lingua ao pracer? Se falásemos desde o discurso da satisfacción e a analoxía do bico? Un pouco de humor tamén é necesario e podemos falar de cousas serias cun sorriso nos labios. Estabamos falando de beixos con lingua?Eis a Guía Sexual da Sociolingüística.

1. Exixamos para a nosa lingua o mesmo pracer do que goza calquera lingua.

2. Se aínda nunca o fixeches busca alguén con quen te sintas cómoda ou cómodo e adiante! Aínda que ás veces facelo con persoas descoñecidas, así de súpeto, resulta mellor.

3. O proceso de normalización é un proceso social que parte de cada persoa e que se basea no intercambio de comunicacións. Podemos facer moitas cousas en solitario?, mais non nos podemos morrear a nós mesmas.

4. Se teu pai e túa nai non che aprenderon nin che dixeron como se fai, non pasa nada? Aínda estás a tempo de aprender pola túa conta.

5. Sobre este tema sempre houbo ?e hai? tabús, falsos mitos, pouca información e moita ignorancia? Pasa dos prexuízos doutros tempos e adiante.

6. Hai xente á que lle gustaría probar porque intúen que lles vai gustar mais..., dálles corte! Non te acovardes, desinhíbete e goza coa lingua.

7. Aínda hai xente que pensa que darlle á lingua non é fino e xente que pensa que é un pouco vulgar?. He, non teñen nin idea!

8. A lingua é un instrumento imprescindíbel para relacionármonos, integrarnos, darnos a coñecer e coñecer xente. Sen non usas a lingua fechas portas. Non sexas pechado ou pechada.

9. Pode ser un rollo dunha noite. Ou unha relación para toda a vida.

10. A eficacia da lingua depende da práctica. A lingua mellora co uso. Ninguén nace aprendido!

11. Hai persoas que teñen problemas psicolóxicos que lles impiden darlle á lingua con normalidade. Eses problemas ?identificados pola Sociolingüística como diglosia, autoodio?? teñen solución.

12. Hai persoas que teñen problemas ideolóxicos que dificultan ou impiden o uso natural da lingua. Esas problemas teñen máis difícil solución?

13. Isto tamén é un feito cultural. Respecta a cultura da túa sociedade. Se vivísemos no polo norte entre esquimós sería normal dármonos os beixos chocando o nariz.

14. Hai persoas que consideran que a súa lingua é máis útil, máis áxil, máis atractiva e mellor. A ignorancia non ocupa lugar.

15. O morreo, como a lingua, non diferencia ás persoas, é democrático: non debe discriminar por idade, raza, sexo, clase social ou lugar de nacemento.

16. É bo para a saúde e para a túa calidade de vida persoal e social. Unha habilidade necesaria no mundo de hoxe.

17. Hai quen pensa que son as linguas as que lles dan prestixio ás persoas cando realmente somos as persoas as que prestixiamos ou desprestixiamos a nosa lingua. E se nós non valoramos a nosa lingua, quen o vai facer?

A lingua é a mellor forma de descubrirnos e descubrir outras persoas. O mellor é ter como obxectivo vivir a nosa lingua como a nosa sexualidade: de forma libre, satisfactoria, consciente, responsábel e saudábel. Con normalidade!

Da relación da Sociolingüística co sexo oral falaremos noutro momento.

Un artigo de Séchu Sende.
Comentários (3) - Secçom: Língua - Publicado o 20-05-2007 20:11
# Ligaçom permanente a este artigo
Represión lingüística no Eo-Navia
Carlos Varela, académico da RAGExisten situazóns lingüísticas difícis de definir, ás que o sinxelo xesto de pór nome leva a un tabú. É isto o que ocorre coas falas estremeiras do Eo-Navia que levan anos nun estado de indefinición xa que os organismos públicos non queren recoñecer a súa condición lingüística e algunhas institucións privadas apoian a postura oficialista.

Para atallar esta crise, a Asociación Abertal do Eo-Navia -que preside Carlos Varela, académico da Real Academia Galega (RAG) que traballa como axente de desenvolvemento local- vén de sacar á luz un informe lingüístico que reivindica que o galego é a lingua que se fala neste zona lindeira entre Galiza e Asturies. "A situación é pésima", explica Carlos Varela que sentiu dende neno a presión de non poder dar un nome ao que falan nesta fronteira. "Defender a nosa posición en Asturias -engade- é moi complicado porque te atopas con atrancos de tipo persoal: moita xente ten pánico a dicir que fala galego porque te consideran un traidor", engade o xeógrafo e etnógrafo que foi nomeado membro da RAG en 2004.

O estudo que vén de editar Abertal destaca a opinión de diferentes personalidades que defenden que as falas do Eo-Navia son galegas. "Faise unha comparanza co galego e o asturiano e vese que as falas eonaviegas teñen un 86% de proximidade co galego", sinala o acádemico.

Esta situazón, que vén de lonxe, na súa opinión, "acentuouse coa cuestión do estado das autonomías: vese como Galiza vai conseguindo cada vez máis dereitos en cuestións culturais e, en cambio, o asturiano segue sen ser legal". O non recoñecemento nin do galego nin do asturiano provoca a sensazón de que "Galiza quere conquerir máis competencias", fronte ó Principado.

Reforza esta situazón deficitaria a Academia de la Llingua Asturiana (ALLA) que "identifica identidade con lingua" e asegura que as falas eonaviegas son o asturiano. "O asturianismo actúa como un boicot: esnaquiza calquera cousa referida á cultura galega como a gaita ou a mitoloxía: todo o que ula a galego estase eliminando", denuncia.

Esta crise vese alimentada tamén por medios como La Nueva España que alimenta unha "polémica ficticia nas elites culturais mentres que o pobo non ten estes problemas", indica Varela.

"O peor é que agora o castelán está avanzando e o galego retrocede no Eo-Navia", advirte. A solución, ó ver do académico, é "oficializar o galego e o asturiano" ao mesmo tempo que "facer desaparecer a ALLA".

Varela denuncia que "non vemos un apoio institucional por parte de Galiza" ao galego exterior. "A RAG anímanos pero en presuposto non tanto e a Xunta dános un apoio mínimo, case nulo", di. O académico pediu que se creara en Galiza unha oficina dedicada a temas do galego no Eo-Navia. "Igual que o fixo a RAG, tiña que facelo a Xunta", conclúe.
Comentários (4) - Secçom: Língua - Publicado o 14-04-2007 21:23
# Ligaçom permanente a este artigo
Luso(galego)fonía unida!!
Tódolos galegos somos conscientes das grandes semellanzas entre o galego e o português, uns máis e outros menos, mais todos somos coñecedores da unidade lingüística da que proveñen, a lingua nai de ámbalas dúas: o galego-portugués.

O galego-portugués era a lingua culta nos tempos de Afonso X, o idioma no que foron escritas ilustres obras como as Cantigas de Santa María ou o Cancioneiro da Ajuda. Co paso do tempo galego e português foron afastándose... o galego foise ?contaminando? co castelán por mor das imposicións dos Reis Católicos e xa en tempos modernos polo Nacionalcatolicismo Franquista, mais o português que se reivindica dende unha parte dos sectores reintegracionistas ten unha normativa imposta dende o sul, a normativa lisboeta.

Os portugueses do sul chámanlle aos do norte galegos, cousa que fai referencia ó histórico territorio que abranguía a Galiza dende o Douro, máis ou menos o que ocupaba o Reino Suevo, e din deles que falan mal o português. Iso de ?falar mal? unha língua pode lembrar ó que sucede nos Païssos Catalans, onde hai lixeiras variacións entre as provincias de Catalunya, València, Illes Balears, norte de Aragón e Val de Arán; ou nos territorios de fala Bable, onde hai variacións entre Asturies e Lliön; ou na actual Galiza, onde hai diferenzas entre o bloque oriental, o central e o occidental, entre a costa e o interior, entre o norte e o sul, entre unhas vilas e outras, entre a comunidade autónoma Galega e a de Asturias ou Castela e León; sucede co Español, no que hai diferenzas entre os canarios, os murcianos, os casteláns e os andaluces... ou mesmo entre arxentinos, venezolanos e mexicanos. Todos falan unha mesma lingua con variacións normais que xorden en distintas zonas, e sempre hai pamparóns que dín dos outros que non saben falá-la súa lingua.

Cando alguén lle dí a outro que non sabe falá-la súa lingua de seu lémbrame a Isabel de Castela cando quería impoñer nos territorios que reinaba o castelán de Valladolid ou a Luis XIV quixo impoñer (este si que case o logrou) o francés de París. Nas páxinas adicadas ós idiomas podo chegar a entendelo en parte, mais cando navego polo YouTube na procura de vídeos non fago senón atoparme comentarios do xeito: ?fala um galego cum sotaque muito espanhol? ou ?los gallegos no saben hablar español, es mucho mejor la versión mexicana? (neste caso ?gallegos? quere dicir españois, e din que non saben falá-la súa lingua.... ????).

A qué ven todo isto? Pois ben, o tema ven a conto de que eu considero que tódalas variacións dunha lingua non son senón riqueza cultural e aqueles que din que alguén fala mal a súa lingua de seu non son senón Isabeis de Castela ou Luises XIV que están a impor a súa porque lles sae dos collóns dicir que iso é mellor porque é o que eles empregan, sen maior argumento (cousa normal ante algo inargumentábel).

O do ?sotaque? do galego é algo que aprendín nos comentarios do YouTube, e ven sendo algo así coma o acento (corrixídeme se erro), e sempre lin que o galego da Galiza semella moito máis ó português falado no Brasil que no Portugal. Isto non se explica senón tendo en conta que a normativa do português de Portugal é imposta dende o sul, é curioso coma un galego se pode entender doadamente cun nativo de Valença do Minho, o Porto ou Braga e lle custe máis facelo cun de Lisboa.

Despois de toda esta parrafada o que pretendo dicir é que sería positivo que nos unísemos, mais as variedades de sotaques ou acentos non son senón riqueza lingüística. Estiven hai uns días falando cunha brasileira, pra facelo sinxelamente tiven que poñer ?sotaque? ó meu galego e empregar algunha das normas do reintegrado, mais en ningún intre cheguei a falar ?português lisboeta?, xa que cada vez que soltaba unha verba en português das poucas que coñezo ela ría de min e dicía: ?isso é muito português!!?. Por certo, que os meus amigos ficaron flipados coa miña ?riqueza lingüística?... e logo preguntáronme:
- E tí cando hostias aprendiches portugués?
- Non era portugués, era galego con acento brasileiro.
- Pois eu non entendía nada!
- Só hai que poñer un pouco de atención e falar un pouco máis lento, e se non entendes algunha palabra sácala polo contexto da frase.

VIVA A GALEGOFONÍA!!
Comentários (4) - Secçom: Língua - Publicado o 12-04-2007 17:49
# Ligaçom permanente a este artigo
A encrucillada do idioma
Está o galego en perigo? Malia sé-la lingua maioritaria en Galiza, os sinais percibidos polos estudos sociolingüísticos non dan boas novas sobre a situación do idioma e a competencia do castelán seica é máis forte que nunca.

As últimas novas sobre o galego, obxecto da máis recente edición do mapa sociolingüístico de Galiza, que se publicará nunhas semanas, non son demasiado alentadores. Nesta ocasión, o mapa está adicado á lingua inicial e a competencia lingüística e, como primeira conclusión, hai noticias mellores e peores.

O castelán é a lingua na que aprenden a falar a maioría dos galegos (36,2% só en castelán e o 25,9% máis en castelán). Canto máis novo é o enquisado, máis probabilidade de que comezara a falar en castelán. As boas novas residen no feito de que este último estudo confirma unha tendencia xa apreciada en anteriores investigacións: a sangría detense e no tramo dos máis novos é un feito a recuperación de galegofalantes iniciais.

Hai un ano, o Consello da Cultura Galega emitía un informe sobre a evolución sociolingüística de Galiza entre o 1992 e o 2003 no que constataba a evolución negativa "de moitas situacións consideradas ameazantes para o galego" pero deixaba ao final un anaco de esperanza: "Hai moitos feitos que parecen indicar que algo está a cambiar. Vimos como a mocidade parece freá-lo descenso do galego e atopamos datos espallados ao longo dás análises que resultaron sorprendentes por positivos, poñéndose de manifesto por primeira vez en investigacións feitas en Galiza".

Na xuventude están postas as esperanzas do galego e, se ben é certo que as competencias dos mozos son moi altas nesa lingua a todos vos niveis, a realidade dí que os rapaces cambian de rexistro ao saír dá escola pasándose ao castelán, especialmente nas cidades. É máis, un estudo da Real Academia subliñaba que o uso do galego ten aínda unha tintura pexorativa para moitos mozos. "Eu penso ?explica a directora xeral de Política Lingüística, Marisol López? que ese estigma é cada vez menor, aínda que a campaña presentada en febreiro está adicada precisamente a combater esas ideas, a demostrar que ou galego é útil, que serve para todo e que é unha riqueza".

PRESIÓN IDIOMÁTICA

Nembargantes, tal e como sinala Francisco Rei, da Mesa pola Normalización Lingüística, hoxe é máis sinxelo ver unha película en versión orixinal que en versión galega e, por poñer outro exemplo, a produción de deuvedés en Galiza que inclúan sequera os subtítulos en galego é irrelevante: "A presión do castelán nas cidades é demoledora ?expón Rei?, así que hai que crear espazos onde o galego se fale con normalidade, sobre todo no eido do lecer". De feito, o movemento de poboación dende ou interior, onde os galegofalantes forman unha ampla maioría, cara ás cidades costeiras non acadou o efecto de galeguizá-los núcleos urbanos, senón máis ben ao contrario, contribuíu á perda de falantes que constatan tódolos estudos feitos para comprobar o estado dá lingua galega. Lugo e Ourense seguen a ser con diferenza as cidades con maior proporción de galegofalantes.

BILINGÜISMO IMPERFECTO

Unha das tendencias que subliñou o Consello da Cultura é a perda de bilingües. No tempo obxecto do estudo (1992-2003) os monolingües en galego medraron case seis puntos (do 38,7% ao 44,4%). No castelán, o incremento foi superior en termos absolutos e porcentuais (do 10,6 ao 18,5%). Estes incrementos foron en contra dos bilingües, pero especialmente daqueles que tiñan o galego como idioma preferente aínda que se expresaban nas dúas linguas. O dato vese pola Mesa como unha mostra da subsistencia da tendencia desgaleguizadora: "Se ben é certo que se aprecia a fidelidade cara ao idioma por unha parte dá poboación ?comenta Francisco Rei? tamén queda claro que hai unha proporción moi alta de xente que nunca fala en galego".

O novo estudo da RAG ocúpase tamén das competencias lingüísticas e confirma o alto nivel nos catro aspectos: entender, falar, ler e escribir. A destreza é maior sempre en castelán aínda que, nunha escala do cero a catro, a enquisa reflexa un 3,14 na escritura en galego, o parámetro máis baixo. Seica a escolarización en galego acadou altos niveis de competencia lingüística na xuventude. O decreto que obrigará a impartir ao menos o 50% dás clases en galego a partires do curso 2007-08 supón un novo paso adiante na tarefa de fortalecé-la lingua: "E temos o compromiso de que se cumprirá", apunta Marisol López. A directora xeral lembra que o problema non está tanto na escola como fóra dás aulas, onde os rapaces cambian de lingua e onde hai que aplicá-los esforzos políticos máis importantes para frear esa tendencia.

Na esfera da esperanza están tamén as novas tecnoloxías. A pesares de que nas zonas con maior número de galegofalantes teñen un peor acceso, nelas exprésase un sector moi dinámico e comprometido coa lingua. Boa proba diso é o fenómeno dos blogs, que en Galiza ten unha relevancia maior en galego que en castelán.
Comentários (4) - Secçom: Língua - Publicado o 31-03-2007 17:23
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0