Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Benvido 2007!!
Hoxe é día de festa, de xeito que non vou poñer aquí nada máis que isto que hai que santificá-las festas! XD

Remata o 2006, e o balance que fago deste ano que fina é realmente bo, a puta hostia!!! De xeito que só agardo comezá-lo novo ano con bo pé e que sexa igual ou mellor ca este.

Hoxe, ás 00:00 GMT comeza un novo ano para Galiza. As badaladas da Porta do Sol terán soado unha hora antes en tódalas nosas televisións.

Brindo por tódalas xentes deste mundo, pola prosperidade das nazóns, polo fin das guerras inútis, pola cultura, pola liberdade, brindo porque non nos esquezamos de África, nin de Palestina, nin de Cuba... brindo por todos vós e, por suposto, brindo á miña saúde.

Que teñades un gran comezo do 2007, e que ó longo deste novo ano non falten ocasións para celebrar e facer festas e caralladas.

Feliz 2007!!
Comentários (2) - Secçom: Festas - Publicado o 31-12-2006 14:38
# Ligaçom permanente a este artigo
Morreu Pinochet!!!
O ex ditador chileno Augusto Pinochet morreu hoxe ás 14:15 horas (17:15 GMT), no Hospital Militar tras estar unha semana afectado dunha infarto ao miocardio e un edema pulmonar.

«O hospital Militar de Santiago comunica o sensíbel falecemento do ex presidente da República e ex comandante en xefe do Exército, xeral Augusto Pinochet Ugarte», sinalou un conciso comunicado do nosocomio castrense.

«ás 13:30 horas (16:30 GMT) o paciente sufriu unha inesperada e grave compensación que obrigou ao seu traslado en estado crítico á Unidade de Coidados Intensivos onde se aplicaron tódalas medidas médicas de resucitación non lográndose a resposta médica positiva falecendo ás 14:15 horas (17:15 GMT)», precisou o comunicado.

Decenas de simpatizantes de Pinochet choran desconsoladamente nos arredores do Hospital Militar.


Hai rabioso e vello can de palleiro, caeu a túa Dentadura!! Xa non poderás trabar!
VIVA!!!! VIVA!!!!!





Adícolle este artigo a Salvador Allende
Comentários (3) - Secçom: Festas - Publicado o 10-12-2006 19:16
# Ligaçom permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0