Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

A tope sen drogas!!
Porque non só ó señor Tojeiro lle botaron drogha no Cola-Cao...

Este raparigo bailón fixo alardes das súas habilidades durante a proba de son dun concerto n'O Grove.

Cativo bailón
Comentários (2) - Secçom: Festas - Publicado o 24-03-2007 21:53
# Ligaçom permanente a este artigo
Celtas Cortos nas Pontes

Inda non hai moito que os Celtas Cortos foron a dar un concerto á vila de As Pontes polas Festas do Carme. Lémbrome perfectamente porque cando foron saín despois con eles de caralla dolo pobo. Estiven cos guitarristas (un deles tocaio meu: Suso) ós que atopara no Zona Zulú, onde os convidei a unhas Estrellas e eles asinaronme uns autógrafos (aínda que todos cantos autógrafos tiña de famosos funos perdendo...); logo leveinos ó Manía e tomamos outras (sempre cun limón no pescozo da botella, senón ao mexicano non lle gustaba), despois fumos xuntos ó Trazos, onde nos topamos co resto do grupo.

O tema no Trazos tivo a súa coña, pois estaba o resto do grupo coa miña irmá e as súas amigas, de xeito que nos xuntamos todos e veña a beber e parolar... asinoume o cantante (que por aquel entón foi cando se fora Cifuentes, co que non me tiña chiste tal sinatura) e a xente que por alí había comezou a pedirnos (si, si, pedirNOS, a min tamén! hahahaha) autógrafos. Resulta que pensaban que eu era o "mánager" do grupo!

Logo fomos ó Medulio... e cando me deu de saír a tomá-lo aire xa había boa que era de día, e decidín que era mellor irse pra a casa.


Celtas Cortos na Fraga

A historia esta saíume a conto de que navegando pola páxina de Amigus (asociación de informática pontesa) saíu a nova de que van voltar este ano, desta volta con Cifuentes ó micro! :)

Será o día 24 de Xullo (como podedes ver na fotografía superior) e suponse que será a actuación estrela do día do Festival Folk da Fraga. O día 23 é o Nabiza Rock e o 25 a Romaría da Fraga, así que xa sabedes onde tendes que ir eses días! ;)

Por certo... sabiades que o nome do grupo ven da marca de tabaco? Os Celtas eran feitos na Coruña, e os Cortos eran unha das súas variedades.


P.D.- É preciso que faga algún comentario sobre unha letriña que aparece por ahí? Premio pra quen adiviñe de cal falo... poñámoslle... unha cervexiña na Fraga! :)
Comentários (4) - Secçom: Festas - Publicado o 20-03-2007 19:13
# Ligaçom permanente a este artigo
O Entroido de Laza
Galiza é o berce mundial do Entroido e o seu máximo exponente está na provincia de Ourense. Falar do entroido é inevitábelmente falar dos Peliqueiros, a figura tradizonal destas datas en Laza.

Velaquí un pequeno documental dunhas das celebracións máis auténticas do entroido.

Entroido de Laza
Comentários (1) - Secçom: Festas - Publicado o 18-02-2007 22:29
# Ligaçom permanente a este artigo
XXVII Feira do Grelo
Feira do Grelo 2007
O domingo 18 de febreiro celebramos nas Pontes a XXVII edición desta feira, a primeira feira adicada ao grelo que se celebrou na Galiza.

A primeira hora da mañá os participantes nos concursos de cestas con grelos (con premios para a calidade, traballo máis enxebre e cesta maior adornada) iranse achegando á Rúa Ramón Cabanillas para presentar as súas cestas a concurso. Logo de que o xurado faga unha valoración e presenten os premiados, os grelos poderán poñerse á venda. Entre tódalas categorías premiadas repartiranse 2.100 euros .Cada participante percibirá 20 euros en gastos de desprazamento. A concurso se presentan produtores non só das Pontes, senón tamén doutra comarcas limítrofes: Guitiriz, O Freixo, Cedeira, Narón, Vilalba, Cabanas, Xermade, en total no anterior edición se presentaron 60 cestas.

Ademais do concurso na feira poderá visitarse unha mostra de productos agroalimentarios e artesanais, nesta mostra acoden expositores de diversas partes de Galiza, pero sobre todo da comarca do Eume: teremos mel, queixo e requeixo do Eume; a agrupación agroalimentaria do Eume exporá os seus productos naturais; os típicos mantecados e polvoróns das Pontes tamén estarán representados, e unha variedade de productos: artesanía en tela, en coiro, instrumentos musicais, etc.
Dende as 12.30 h poderase degustar o cocido e requeixo con mel. Este ano encargáronse 700 racións, que se poñerán á venda a un prezo de 6 euros. A degustación será no patio do Colexio Sta. María, baixo unha carpa e mesas e sillas con capacidade para 500 persoas.

Dende primeiras horas da mañá o que máis chama a atención dos visitantes é o olor a freixós que inunda toda a vila; e que dende as 6 da mañá comeza a funcionar a freixoeira instalada nos baixos do mercado municipal. Esta freixoeira mide 8 m de longo, facendo un total de 56 freixós en cada pasada (os de ponteses facémolo todo ao grande!). A freixoeira funciona tamén o o venres día 16, xa que ese día se fan para todos os escolares das Pontes. Os freixós e poñense á venda a un prezo de 1 euro por catro unidades.

Ademais os visitantes que se acheguen ás Pontes, poderán visitar a Casa do Mel en Goente, o museo etnográfico Monte Caxado e unha exposición de torneado en madeira na sala de expsocións Mercado Vello.

Xa pola tarde, celébrase o IV Festival de comparsas vila das Pontes; entre tódalas comparsas participantes repartiránse 2.100 euros.
O presentador do festival é o actor e humorista Carlos Blanco.
Comentários (0) - Secçom: Festas - Publicado o 16-02-2007 23:22
# Ligaçom permanente a este artigo
Ei ven o Entroido!!
Pantalla de Xinzo de LimiaAs celebracións máis tradizonais do entroido na Galiza concentraranse na provincia de Ourense durante as vindeiras semanas e iniciaranse mañá, día 28, en Xinzo de Limia co Domingo Fareleiro no que os veciños se enfrontan nunha batalla de case unha tonelada de fariña.

O Entroido continuará en Xinzo de Limia con diferentes celebracións cada domingo até chegar ao día 18 de febreiro no que se festexa o Domingo de Entroido coa primeira saída das personaxes que protagonizan esta época do ano na localidade, as Pantallas.

Así, entre o Domingo fareleiro e o Domingo de Entroido, os veciños de Xinzo participarán o domingo día 4 de febreiro do Domingo Oleiro, un xogo de lanzamento de olas de barro e o domingo día 11 de febreiro será o Domingo Corredoiro, coas primeiras saídas de música e disfraces pero os días grandes serán o domingo día 18 e o martes día 20 de febreiro, protagonizados polas Pantallas.

O martes de Entroido en Xinzo, como en case toda a provincia, centrarase nun desfile no que se mesturan cada ano disfraces individuais e coletivos, comparsas, carrozas multicolores e as personaxes tradizonais propios de cada zona.

A celebración do Entroido seguirá en Xinzo coa celebración do Enterro da Sardiña o día 21 de febreiro e rematará o domingo día 25 coa Piñata, pechando así o ciclo de entroido máis longo da Galiza.

Até que chegue o intre de sacar á rúa as Pantallas -o Domingo de Entroido- unha decea de veciños elaboura a súa máscara nun taller impartido polo panadeiro de Xinzo, Celso Lorenzo que nas súas horas libres confeciona Pantallas e ensina a outros a facelas "tal como me ensinou un familiar cando eu tiña 18 e dende entón fago 30 cada ano e agora teño 52 anos".

Cada veciño que se viste de Pantalla, segundo explicou o monitor de máscaras, non só vai disfrazado coa roupa tradizonal da personaxe "senón que asume o seu comportamento que debe ser totalmente respectuoso co papel que lle corresponde de impor autoridade axudado do son das campanillas que leva na faixa e das vejigas cheas de aire que bate coas mans».

No resto da provincia prepáranse tamén os traxes e máscaras correspondentes a outros personaxes do Entroido ourensán, os Peliqueiros de Laza, os Cigarróns de Verín, os Felos de Maceda, Maside, Boborás e outros, en Viana do Bolo e Vilariño de Conso Boteiros e Folións e en Bande os Troteiros.

O primeiro día para ver a estas personaxes varía segundo as zonas, e tamén é diferente o día grande do Entroido, segundo o municipio, malia que varios centran esta celebración en senllos desfiles o domingo de Entroido día 18 de febreiro e o martes día 20.
Comentários (8) - Secçom: Festas - Publicado o 27-01-2007 13:59
# Ligaçom permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0