Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Á venda as entradas do Galiza-Ecuador
A seleción galega coa bandeira nacional
A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, presentou no mediodía do xoves o partido que desputará a selección galega de fútbol ante Ecuador o vindeiro 28 de decembro. No acto de presentación, o Director Xeral para o Deporte, Santiago Domínguez adiantou que dende este venres os grupos xa poderán reservar os seus tíckets para o agardado choque. A venda de entradas xerais comezará o 18 de decembro a través do servizo de venda de localidades de Caixanova e nas billeteiras de Riazor.

O acto contou coa presenza de representantes das tres entidades patrocinadoras: Luis Vela Alarcó, director territorial de Caixanova, Antonio Viejo, director de márketing de Estrella Galicia, e Antonio Cortés, director de Comunicación de Gadisa. Tamén estiveron o vogal da xunta xestora da Federación Galega de Fútbol, o concelleiro de Deportes, Esteban Lareo, e o vicepresidente do Deportivo, Francisco Dopico.

A conselleira non ocultou a súa ledicia por ter elixido á Coruña como sede do encontro: "é a mellor fórmula para colaborar co Centenario do Dépor, xa que así rendemos homenaxe a un club que logrou os mellores éxitos deportivos"
.

Pola súa parte, Santiago Domínguez agradeceu a colaboración do concello da Coruña, do Deportivo e dos patrocinadores, que "están a facer un esforzo enorme non só a nivel de patrocinio: Caixanova venderá entradas, Gadisa fará unha promoción entre os seus clientes, e Estrella Galicia colaborará coas categorías base das seleccións galegas".

Ao mesmo tempo, o director xeral para o Deporte, anunciou que xa iniciaron os contactos co consulado de Ecuador en Galiza e algunha asociación do país americano para que os afeccionados ecuatorianos formen parte activa tamén desta "gran festa do deporte galego".

Entradas
As localidades divídense en tres categorías dependendo da situación da grada. A entrada aos Fondos e a Preferencia inferior custará 8 euros, Preferencia Superior 10 e Tribuna 15.

Dende hoxe os grupos (dez ou máis persoas) que desexen asistir ao partido xa poden reservá-las súas entradas para o encontro. A Fundación Deporte Galego habilitou o teléfono 902 905 051 (de 9 a 14h.) para este fin. As reservas tamén se poderán realizar por internet na web da Dirección Xeral para o Deporte. O prazo para a reserva de localidades a grupos remata o xoves 14 de decembro.

Dependendo da cantidade de entradas solicitadas os grupos recibirán un determinado número de invitacións. Un dez por cento se se solicitan entre 50 e 300 e un vinte por cento a partir das 300. Os máis cativos tamén están convidados a presenciar o encontro, por iso, a tódolos clubes que fagan reserva de entradas para grupos, daránselles, ademais, 10 invitacións para rapaces e rapazas de até 16 anos.

As localidades para o público en xeral poranse á venda o 18 de decembro a través do servizo electrónico de venda de localidades de Caixanova.
Comentários (0) - Secçom: Desportes - Publicado o 02-12-2006 16:34
# Ligaçom permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0