Avante Galiza!
'Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latim, irmao do Castellano e pai do Portugués. Idioma apto e axeitado para ser veículo dunha cultura moderna, e co que ainda podemos comunicar-nos com mais de sesenta millóns de almas (...) O Galego é un idioma extenso e útil porque -con pequenas variantes- fala-se no Brasil, en Portugal e nas colónias portuguesas'.

(Castelão - Sempre em Galiza)



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet





 SECÇONS
 FOTOGRAFÍAS
 Também ando por:
 PESQUISAR NO BLOGUE
 PESQUISAR EM BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 Artigos destacados

Desculpas
Ola xente! Tendes que me desculpá-la ausencia das miñas... penso que xa van tres semanas ou algo así que fai que non escribo.

O caso é que este ano non teño internet no meu piso en Santiago porque os meus compañeiros non o quixeron e tampouco son fillo de ministro como pra pagalo eu só, de xeito que só poderei publicar artigos, novas e reflexións as fins de semana que veña pola casa.

Agardo que me desculpedes por teren isto un pouco abandoado. E veña... agora voume estrugá-los miolos e a ver se poño por aquí algo interesante ;)
Comentários (0) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 29-10-2006 13:04
# Ligaçom permanente a este artigo
¡¡Me cagho no blog!!
¡¡Mecagho no mundo!! ¡A blogoteca esta non me deixa poñer a imaxes! Levo todo o día pelexando có chisme este pra poñer tres fotos cós seus respectivos artigos e só levo posto un dos artigos... ¡pois agora enfádome e non respiro! :O)
Comentários (2) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 28-08-2006 21:14
# Ligaçom permanente a este artigo
Inaugurazón
A primeira pedraAgora que xa estiven fozando unhas horiñas en todo iso de modificá-las cores, o tipo de letra, tamaño, e todas esas cousas confirmo unha cousa: non me acabo de entender con este blog! hahaha :O)

Mais farei o que poida porque isto tire cara adiante, de xeito que xusto cando remate de escribir isto colocarei o primeiro artigo.

Non vos preocupedes, non vou ser sempre así de pesado contando a miña vida... só que mentres lle vou pillando o truco á blogoteca estou tratando de usar tódalas funcións que ten, pra saber usalo. Por exemplo non teño nin puta idea de cómo se poñen fotos, nin vídeos. O dos vídeos é algo que sempre me gustou, poñer algún vídeo interesante deses do YouTube... teño algúns en mente moi bós, inda que seguro que xa os vistes todos.

Agora, sen máis dilación, paso a inaugurar oficialmente o meu blog (que aínda sufrirá miles de cambios até que quede máis ou menos ó meu gusto). Comezarei por poñé-lo primeiro artigo, a primeira pedra... literalmente.
Comentários (1) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 28-08-2006 00:43
# Ligaçom permanente a este artigo
Comeza a aventura
Boas xente!

Sinto a decepción que de seguro vos veu ó chegar aquí, é que aínda estou comezando coa cousa e me teño que familiarizar có seu manexo.

Por se queredes ir abrindo boca, teño un blog no Windows Live Spaces ese: http://galegoman.spaces.live.com/

Nese xa levo tempo traballando e ten algo máis que ver que este. Agardo que dentro de non moito comece a poñer bós artigos aquí.

Graciñas pola visita.
Comentários (4) - Secçom: Cousas Minhas - Publicado o 27-08-2006 18:35
# Ligaçom permanente a este artigo
© by Abertal
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma"
(Castelao)


Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués


Creative Commons License
Esta obra está licenciada sob uma Licença Creative Commons.



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0